Homeostase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Hemostase.

A homeostase ou homeóstase (do latín científico homeostasis; do grego ὅμοιος hómoios "similar", "semellante" [1] e στάσις stásis "posición", "estabilidade" [2] [3] é a característica dun sistema aberto ou dun sistema pechado, especialmente nun organismo vivo, que regulariza o seu ambiente interno para manter unha condición estable e constante. Os múltiples axustes dinámicos do equilibrio e os mecanismos de autorregulación fan a homeostase posíbel.

Características[editar | editar a fonte]

A homeostase é a regulación do medio interno constitúe un dos preceptos fundamentais da fisioloxía, posto que un fallo na homeostase deriva nun mal fundamentado dos diferentes órganos. Toda a organización estrutural e funcional dos seres que tende cara a un equilibrio dinámico. Na homeostase orgánica, o primeiro paso de autorregulación, é a detección do afastamento da normalidade. A normalidade nun sistema deste tipo, defínese polos valores enerxéticos nominais, os resortes de regulación dispáranse nos momentos en que os potenciais non son satisfactoriamente equilibrados, activando os mecanismos necesarios para compensalo. Hai que ter en conta que as diferenzas de potencial non son electromagnéticas, podendo existir diferenzas de presión, de densidades, de grao de humidade, etc. Por exemplo, a glicemia, cando hai un exceso (hiperglicemia) ou un déficit (hipoglicemia), sendo a solución no primeiro caso, a secreción de insulina, e no segundo, a secreción de glicagón todo iso a través do páncreas, e conseguindo nivelar a glicemia.

Historia[editar | editar a fonte]

A homeostase foi descuberta por Claude Bernard a mediados do século XIX, cando observou que as variacións corporais como temperatura, presión arterial e frecuencia cardíaca tiñan como obxectivo devolve-la estabilidade ao corpo. Sen embargo, o termo homeostase foi acuñado en 1928 polo biólogo Walter Cannon (1871-1945), que recibiu o Premio Nobel por definir en 1932, no libro The Wisdom of the Body, as características que rexen a homeostase e que son:

  • Importancia do sistema nervioso como do endócrino no mantemento dos mecanismos de regulación.
  • Nivel tónico de actividade: Os axentes tanto do medio interno como do medio externo manteñen unha moderada actividade que varía lixeiramente cara arriba ou cara abaixo.
  • Controis antagónicos: Cando un factor ou axente cambia un estado homeostático nunha dirección, existe outro factor ou factores que tende a contrarrestar ao primeiro con efecto oposto. É o que se chama retroalimentación negativa ou “feed-back”.
  • A homeostase é un proceso continuo que implica o rexistro e regulación de múltiples parámetros.
  • Un fallo dos mecanismos homeostáticos produce enfermidades ou a morte. As situacións nas que o corpo non pode manter os parámetros biolóxicos dentro do seu rango de normalidade, xorde un estado de enfermidade que pode ocasionar a morte.

Factores que inflúen na homeostase[editar | editar a fonte]

A homeostase responde a cambios efectuados::

  • No medio interno: O metabolismo produce múltiples sustancias, algunhas delas de desfeito que deben ser eliminadas. Para realizar esta función os organismos posúen sistemas de excreción. Por exemplo, no home o aparato urinario.
  • No medio externo: Na homeostase máis que un estado determinado é un proceso resultante de afrontar as interaccións dos organismos vivos co medio ambiente cambiante cuxa tendencia é cara ó desorde da entropía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ὅμοιος, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus.
  2. στάσις, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus.
  3. Sobre a correcta acentuación, véxase, p. ex., homeópata, no Dicionario da RAG on line, que dá a entender que o primeiro α de πατία é breve, o que talvez ocorra tamén no primeito de στάσις (Cf. diástase, no DRAG on line, e o catalán homeòstasi).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]