Páncreas
O páncreas é un órgano do sistema dixestivo de función glandular mixta: endócrina e exócrina.
O páncreas produce enzimas que axudan á dixestión de alimentos. Por todo o páncreas atópanse lugares denominados illotes de Langerhans, formados por células que teñen un fin determinado: as células alfa producen glicagón, que eleva o nivel de glicosa no sangue; as células beta producen insulina; as células delta producen somatostatina; e tamén hai células PP, que producen o polipéptido pancreático, e as Dl, das que pouco se sabe.
Índice |
Anatomía [editar]
En humanos, o páncreas é unha glándula longa de 15-25 cm que se localiza no abdome. Sendo unha das glándulas retroperitoneais, o páncreas está situado posteriormente ao estómago e está en asociación próxima ao duodeno. Xeralmente descríbes con tres rexións: a cabeza, corpo e o rabo.
O conduto pancreático (tamén chamado de ducto de Wirsung) percorre o comprimento do páâncreas e termina na segunda porción do duodeno, na ampola de Vater (hepatopancreática). O conduto biliar común xeralmente se une ao conduto pancreático neste punto ou moi cerca del. Moitas persoas tamén posuen un pequeno conduto accesorio, o conduto de Sartorini.
Arterias e veas [editar]
O páncreas é suprido arterialmente polas arterias pancreaticoduodenais:
- A arteria mesentérica superior que orixina as arterias pancreaticoduodenais inferiores
- A arteria gastroduodenal que orixina as arterias pancreaticoduodenais superiores
- A arteria esplénica que orixina as arterias pancreáticas
A drenaxe venosa é feita a través das veas pancreáticas que son tributarias das veas esplénica e mesentérica superior, no entanto a maioria delas terminan na vea esplénica. A vea porta hepática está formada pola unión da vea mesentérica superior e vea esplênica posteriormente ao colo do páncreas. Xeralmente a vea mesentérica inferior únese á vea esplénica atrás do páncreas (noutras persoas ela simplemente se une á vea mesentérica superior).
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||