Sodio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sodio
NeonSodioMagnesio
Li
  Lattice body centered cubic.svg
 
11
Na
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Na
K
Táboa periódica dos elementos
Información xeral
Nome, símbolo, número Sodio, Na, 11
Serie química Metales alcalinos
Grupo, período, bloque 1, 3, s
Densidade 968 kg/m3
Aparencia Branco plateado
N° CAS {{{CAS}}}
N° EINECS {{{EINECS}}}
Propiedades atómicas
Masa atómica 22.98976928(2) u
Radio medio 180 pm
Radio atómico (calc) 190 pm
Radio covalente 154 pm
Radio de van der Waals 227 pm
Configuración electrónica [Ne]3s1
Electróns por nivel de enerxía 2,8,1
Estado(s) de oxidación 1 (base forte)
Óxido
Estrutura cristalina cúbica centrada no corpo
Propiedades físicas
Estado ordinario sólido (non magnético)
Punto de fusión 370,87 K
Punto de ebulición 1156 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 96,42 kJ/mol
Entalpía de fusión 2,598 kJ/mol
Presión de vapor 1,43 × 10-5 Pa a 1234 K
Temperatura crítica {{{T_crítica}}} K
Presión crítica {{{P_crítica}}} Pa
Volume molar {{{volume_molar}}} m3/mol
Velocidade do son 3200 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 0,93
Calor específica 1230 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 21 × 106/m S/m
Condutividade térmica 141 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 495,8 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 4562 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 6910,3 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 9543 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización 13354 kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
22Na Sintético 2,602 a ε 22Ne
23Na 100% estable con 12 Neutróns
Nota: unidades segundo o SI e en CNPT, salvo indicación contraria.

O sodio é un elemento químico de símbolo Na e número atómico 11, pertencente ao grupo dos metais alcalinos.

Características principais[editar | editar a fonte]

O sodio é un metal alcalino brando, lixeiro e de cor prateada que non se atopa libre na natureza. O sodio flota na auga descompoñéndoa, desprendendo hidróxeno e formando un hidróxido. É moi reactivo, arde con chama amarela, oxídase no aire e reacciona violentamente ca auga. Normalmente non arde en contacto co aire por baixo dos 40 °C.

Historia[editar | editar a fonte]

O sodio (do italiano soda, "eslamiada") coñecido en diversos compostos, foi illado en 1807 por Humphry Davy por medio da electrólise da sosa cáustica. Na Europa medieval empregábase como remedio para as xaquecas un composto de sodio denominado sodanum. O símbolo do sodio (Na), provén de natrón (ou natrium, do grego nítron) nome que recibía antigamente o carbonato sódico.

Papel biolóxico[editar | editar a fonte]

O catión sodio (Na+) ten un papel fundamental no metabolismo celular, por exemplo, na transmisión do impulso nervioso (mediante o mecanismo de bomba de sodio-potasio). Participa tamén na contracción muscular, o equilibrio ácido-base e a absorción de nutrientes polas membranas.

A concentración plasmática de sodio é en condicións normais de 137-145 mmol/L. O aumento de sodio no sangue coñécese coma hipernatremia, e a súa diminución coma hiponatremia.

Abundancia e obtención[editar | editar a fonte]

O sodio é relativamente abundante nas estrelas, detectándose a súa presenza a través da liña D do espectro solar, situada aproximadamente no amarelo. A codia terrestre contén aproximadamente un 2,6% de sodio, o que o converte no cuarto elemento máis abundante, e o máis abundante dos metais alcalinos.

Actualmente obtense por electrólise de cloruro sódico fundido, procedemento máis económico que o anteriormente usado, a electrólise do hidróxido de sodio. Economicamente é o metal alcalino máis barato de obter.

O composto natuarl máis abundante de sodio é o cloruro sódico ou sal común, aínda que tamén se atopa presente en diversos minerais coma por exemplo a halita ou a zeolita.

Compostos[editar | editar a fonte]

Os compostos de sodio de maior importancia industrial son:

Isótopos[editar | editar a fonte]

Coñécense trece isótopos de sodio. O único estable é o 23Na. Ademais existen dous isótopos radioactivos cosmoxénicos, 22Na e 24Na, con períodos de semidesintegración de 2,605 anos e aproximadamente 15 horas respectivamente.

Precaucións[editar | editar a fonte]

En forma metálica o sodio é explosivo ao entrar en contacto coa auga e moitos outros elementos. Debe manipularse sempre coidadosamente e almacenarse nunha atmosfera inerte, xeralmente de argon, evitando o contacto coa auga e outras sustancias coma o oxíseno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sodio

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]