Renina
-
- Non confundir coa quimosina, ás veces chamada rennina ou renina gástrica (EC 3.4.23.4).
| Estrutura molecular da renina | |
|
Renina
|
|
| Identificadores | |
| Símbolo | REN |
| Entrez | 5972 |
| HUGO | 9958 |
| OMIM | 179820 |
| RefSeq | NM_000537 |
| UniProt | P00797 |
| Outros datos | |
| Locus | Cr. 1 q32 |
A renina (EC 3.4.23.15) é un enzima de 340 aminoácidos que pesa 37 quilodaltons. É producida polo ril (polas células xustaglomerulares) en resposta a determinados estímulos:
- A caída da tensión arterial (cando baixa a presión produto dunha hemorraxia tanto interna como externa.
- A disminución do sodio corporal (hiponatremia).
Mecanismo de acción [editar]
A renina forma parte do sistema Renina-Anxiotensina ao fragmentar a molécula de anxiotensinóxeno (producida polo fígado), producindo anxiotensina I. Esta última é convertida en anxiotensina II pola enzima convertidora de anxiotensina (ECA), producida en certos capilares pulmonares; a cal finalmente contrae os capilares sanguíneos (mediante a estimulación dos receptores beta adrenérxicos) e incrementa a concentración de aldosterona (producida polas glándulas suprarrenais). O aumento na concentración de aldosterona dispara a reabsorción de sodio desde os túbulos distais no ril e debido a que o sodio é un dos ións máis osmoticamente activos arrastra co auga. Esta indirecta reabsorción de auga, incrementará a volemia (cantidade de líquido).