Axila
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Axila (homónimos).
| Axila | |
|---|---|
| Músculos do peito e do brazo, cos límites da axila | |
| Latín | axilla |
| Gray's | asunto #149 585 |
| Arteria | Arteria axilar |
| Vea | Vea axilar |
| Nervio(s) | Nervio axilar, fascículo medial, fascículo posterior, fascículo lateral |
| Linfa | Ganglios linfáticos axilares |
| MeSH | Axilla |
A axila, sobaco ou sobrazo é a parte do corpo imediatamente oposta á parte exterior do ombro, ou dito doutra maneira, a parte inferior da unión do brazo co tronco, exactamente na articulación [1][2] .
É un espazo cheo de graxa, con forma de cono truncado, e está situada entre a parede torácica e lateral do brazo. No seu ápice é delimitada polo bordo superior da escápula, o bordo externo da primeira costela e o terzo medio da clavícula. A base da axila está formada pola pel e tecido subcutáneo. A través da axila as estruturas pasan a partir do triángulo posterior do pescozo ao membro superior.
Índice |
[editar] Arteria axilar
A arteria axilar comeza a continuación da arteria subclavia no exterior das fronteiras da primeira costela, debaixo da media da clavícula.
[editar] Vea axilar
Artigo principal: vea axilar
A vea axilar é un vaso sanguíneo que conduce o sangue da parte lateral do tórax, axila e membro superior en dirección ao corazón. Este vaso é bilateral e iniciase na marxe inferior do músculo redondo maior ao unirse as veas basílica e braquial, e termina na marxe lateral da primeira costela, sitio onde se converte na vea subclavia.[3] Ao longo do seu traxecto é acompañada pola arteria axilar.
A obstrución da vea axilar por un trombo, aínda que non é tan frecuente como nas veas da perna, ocasionalmente ocorre despois de infusión prolongada hiperosmótica de fluídos e/ou alimentación intravenosa. A consecuencia é un edema agudo do membro superior e, posibelmente, embolia pulmonar.
[editar] Sistema linfático
Os vasos linfáticos na axila son superficiais ou profundos. Medialmente os vasos linfáticos acompañan á vea subclavia e terminan nos ganglios axilares.
[editar] Nervio axilar
O nervio axilar xorde do fascículo posterior do plexo braquial á altura da axila.
[editar] Pelos axilares
Os pelos axilares comezan a aparecer na puberdade, e acaban ao final da adolescencia[4]. A liberación de hormonas na axila nesta fase do desenvolvemento humano suxire unha asociación dos pelos no sobaco coa sexualidade [5].
[editar] Galería
[editar] Notas
- ↑ As axilas
- ↑ Documentário mitos e verdades sobre axila
- ↑ Diccionario Enciclopédico Ilustrado de Medicina Dorland. 1996. McGraw-Hill - Interamericana de España. Vol. 6. ISBN 84-7615-988-9.
- ↑ Curso de Crescimento e Desenvolvimento proferido pelo professor Crivaldo Júnior, da Escola de Educação Física e Esporte da Universidade de São Paulo, no CURSO BÁSICO I da RBPT.
- ↑ Pel e pelos axilares
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||