Diabetes mellitus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Círculo azul, símbolo internacional da diabetes.

A diabetes mellitus é un grupo de enfermidades metabólicas caracterizadas por hiperglicemia (aumento dos niveis de glicosa no sangue), causada por deficiencias na secreción de insulina ou na súa acción ou por ambas as cousas. Trátase dunha complexa doenza na cal coexiste un trastorno global do metabolismo dos carbohidratos, dos lípidos e das proteínas. É multifactorial pola existencia de múltiplos factores implicado na súa patoxénese. Estímase que a padece un 7,4% da poboación adulta (1995), cun valor esperado ao redor do 9% para 2025.

Introdución[editar | editar a fonte]

O páncreas é o órgano responsábel da produción do hormona denominado insulina. Este hormona é responsábel da regulación da glicemia (nivel de glicosa no sangue). Para que as células das diversas partes do corpo humano poidan realizar o proceso de respiración aeróbica (utilizar glicosa como fonte de enerxía), é necesario que a glicosa estea presente na célula. Polo tanto, as células posúen receptores de insulina, que cando se accionan "abren" a membrana celular para a entrada da glicosa presente na circulación sanguínea. Unha falla na produción de insulina resulta en altos niveis de glicosa no sangue, xa que a mesma non é dirixida debidamente ao interior das células.

Para manter a glicemia constante, o páncreas tamén produce outra hormona antagónica á insulina, denominado glicagón. Ou sexa, cando o nivel de glicemia cae, secrétase máis glicagón para restabelecer o nivel de glicosa na circulación.

Os pacientes diabéticos teñen maior propensión a desenvolver hipertensión, arteriosclerose, doenzas oculares, doenzas renais, e deben estar atentos ás feridas non cicatrizantes en extremidades do corpo (pés, pernas, e mans) que poden levar á amputación do membro.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Clasifícase (segundo o Comité de Especialistas da Asociación Americana de DiabetesADA 1997) en 4 tipos:

a) Diabetes mellitus, Tipo 1
b) Diabetes mellitus, Tipo 2
c) Outros tipos de Diabetes mellitus
d) Diabetes xestacional

A Diabetes mellitus, Tipo 1 (xa non se debe usar o termo Diabetes Insulino-dependente), normalmente comeza na infancia ou adolescencia, e caracterízase por un déficit de insulina, debido á destrución das células beta do páncreas por procesos autoinmunes ou idiopáticos. Só preto de 1 de cada 20 persoas diabéticas ten diabetes tipo 1, que se presenta máis frecuentemente entre en rapaces e nenos. Este tipo de diabetes coñecíase como diabetes mellitus insulino-dependente ou diabetes infantil. Nela, o corpo produce pouca ou ningunha insulina. As persoas que a padecen deben recibir inxeccións diarias de insulina. A cantidade de inxeccións diarias varía en función do tratamento escollido polo endocrinólogo e tamén en función da cantidade de insulina producida polo páncreas. A insulina sintética pode ser de acción lenta ou rápida: a de acción lenta subminístrase ao espertar e ao durmir; a de acción rápida indícase logo despois das principais comidas. O control rigoroso da dieta é importantísimo para o diabético tipo 1, debendo evitar carbohidratos simples (refrixerantes, doces,...) e tamén evitar grandes variacións de inxestión calórica. O diabético con dieta descontrolada pode ter episodios de hipoglicemia ou hiperglicemia, que se non tratado a tempo pode levar a secuelas ou ata mesmo á morte. A diabetes tipo 1 ten maior probabilidade de conducir á insuficiencia renal antes dos 50 anos. Algunhas presentan insuficiencia renal antes dos 30.

Diabetes mellitus, Tipo 2 (xa non se debe usar o termo Diabetes non Insulino-dependente), ten un mecanismo fisiopatolóxico complexo e non completamente coñecido. Parece haber unha diminución na resposta dos receptores de glicosa presentes no tecido periférico á insulina, levando ao fenómeno de resistencia á insulina. As células beta do páncreas aumentan a produción de insulina e, ao longo dos anos, a resistencia á insulina acaba por levar as células beta ao esgotamento. Desenvólvese frecuentemente en etapas adultas da vida e está asociada con frecuencia con obesidade. Varios fármacos e outras causas poden, tamén, causar este tipo de diabetes, así é moi frecuente a diabetes tipo 2 asociada ao uso prolongado de corticoides, frecuentemente asociada á hematocromatose non tratada.

Diabetes mellitus, Tipo 3 outros tipos de diabetes <5% de todos os casos diagnosticados:

Tipo 3A: defecto xenético nas células beta.
Tipo 3B: resistencia á insulina determinada xeneticamente.
Tipo 3C: doenzas no páncreas.
Tipo 3D: causada por defectos hormonais.
Tipo 3E: causada por compostos químicos ou fármacos.

Diabetes xestacional: Ao redor do 2-5% de todos as xestacións. Entre o 20 e 50% destas mulleres desenvolven Diabetes Tipo 2 despois do fin do embarazo.

Historia da diabetes mellitus[editar | editar a fonte]

A diabetes mellitus xa se coñecía na antigüidade. No papiro de Ebers descuberto no Exipto, correspondente ao século XV antes de Cristo, xa se describen síntomas que parecen corresponder á diabetes. Foi Areteo da Capadocia quen, no século II da era cristiá, deu a esta afección o nome de diabetes, que en grego significa sifón, referíndose ao seu síntoma máis chamativo que é a eliminación esaxerada de auga polo ril, expresando que a auga entraba e saía do organismo do diabético sen quedarse nel.

No século II Galeno tamén se referiu á diabetes. Nos séculos posteriores non se atopan nos escritos médicos referencias a esta enfermidade ata que, no século XI, Avicena fala con clara precisión desta afección no seu famoso Canon da Medicina. Despois dun longo intervalo foi Thomas Willis quen, en 1679, fixo unha descrición maxistral da diabetes, quedando desde entón recoñecida pola súa sintomatoloxía como entidade clínica. Foi el quen, referíndose ao sabor doce da urina, lle deu o nome de diabetes mellitus (sabor de mel). En 1775 Dopson identificou a presenza de glicosa na urina. A primeira observación feita a través dunha necropsia nun diabético realizouse por Cawley e foi publicada no London Medical Journal en 1788. Case na mesma época o inglés Rollo conseguiu mellorías notábeis cun réxime rico en proteínas e graxas e limitado en hidratos de carbono. Os primeiros traballos experimentais relacionados co metabolismo dos glícidos realizáronse por Claude Bernard, o cal descubriu, en 1848, o glicóxeno hepático e provocou a aparición de glicosa na urina excitando os centros bulbares. Na metade do século XIX, o grande clínico francés Bouchardat sinalou a importancia da obesidade e da vida sedentaria na orixe da diabetes e trazou as normas para o tratamento dietético, baseándoa na restrición dos glícidos e no baixo valor calórico da dieta. Os traballos clínicos e anatómico-patolóxicos adquiriron grande importancia a fins do século XIX, nas mans de Frerichs, Cantani, Naunyn, Lanceraux, etc, culminando en experiencias de pancreatectomía en cans, realizadas por Mering y Mikowski en 1889.

A Diabetes, unha doenza planetaria

A busca da suposta hormona producida polos illotes de Langerhans, células do páncreas descritas en 1869 por Langerhans, iniciouse de inmediato. Hedon, Gley, Laguesee Sabolev estiveran moi próximos do triunfo, o cal foi conseguido polos canadenses Banting e Best, que conseguiran, en 1921, illar a insulina e demostrar o seu efecto hipoglicémico. Esta descuberta significou unha das maiores conquistas médicas do século XX, porque transformou as expectativas e a vida dos diabéticos e ampliou horizontes no campo experimental e biolóxico para o estudo da diabetes e do metabolismo dos glícidos.

Posteriormente, o transplante de páncreas pasou a considerarse unha alternativa viábel á insulina para o tratamento da Diabetes mellitus do tipo 1. O primeiro transplante de páncreas con esa finalidade realizouse en 1966, na universidade de Manitoba.

Unha liña máis recente de investigación na Medicina busca facer o transplante de só os illotes de Langerhans. O procedemento é simple, ten poucas complicacións e esixe unha hospitalización de curta duración. O grande problema é a obtención das células, que son orixinarias de cadáveres. Son necesarios como media tres doadores para conseguir un número razoábel de células.

O primeiro transplante de illotes de Langerhans para curar diabetes do tipo 1 ocorreu en 2004, feito polo equipo do Dr. F. G. Eliaschewitz no Hospital Albert Einstein de São Paulo. Brasil considérase líder nas investigacións desta liña de tratamento. Outro centro de excelencia de investigacións nesa área é a Universidade de Alberta, en Canadá.

Causas[editar | editar a fonte]

No inicio pensábase que o factor que predispuña á enfermidade era un consumo alto de carbohidratos de absorción rápida. Despois viuse que non había un aumento da probabilidade de contraer diabetes mellitus co consumo de carbohidratos de asimilación lenta.

Actualmente pénsase que os factores máis importantes son o exceso de peso e mais a falta de exercicio (para o diabetes tipo 2).

A actividade física mellora a administración das reservas de azucres do corpo. As reservas de glicóxeno aumentan e dosifícanse mellor cando o corpo está en forma, xa que os lípidos se queiman con máis facilidade, reservando máis os carbohidratos para esforzos intensos ou en caso de que a actividade sexa moi longa, para que as reservas aguanten máis tempo.

As causas concretas dependen do tipo de diabetes. A de tipo 1 é en parte herdada e pode ser desencadeada por certas infeccións víricas (por exemplo, polo virus coxackie B4). Certos xenotipos humanos teñen máis susceptibilidade, pero requírese tamén a influencia dun factor ambiental.

A de tipo 2 débese principalmente a factores ligados co estilo de vida e xenéticos. [1]

Enuméranse unha lista doutras causas da diabetes: [2]

Unha doenza planetaria[editar | editar a fonte]

Son máis de 200 millóns de diabéticos no mundo, e preto do dobre de aquí a 2030, coa epidemia da obesidade que xa toca actualmente 1,1 mil millóns de persoas das que 150 millóns son nenos.

Descodificar mellor a diabetes[editar | editar a fonte]

Unha nova apertura ao mellor coñecemento desta enfermidade, despois do descubrimento dos xenes-chave é a que acaba de descubrir o equipo de investigadores franco-anglo-­canadense para identificar os máis importantes xenes que predispoñen ao risco de desenvolver a forma máis estendida da diabetes, cuxo aumento no mundo favorécese pola epidemia da obesidade.

Estes descubrimentos, acaban de ser publicados no estudo científico británico Nature, abren novas perspectivas terapéuticas e de prevención coa posta a punto dunha nova proba. «A disección do xene dos diabéticos permite elucidar arredor dun 70% da predisposición a unha diabetes de Tipo 2 (DT2), que é a forma máis estendida na atualidade», destaca o Pr. Philippe Froguel, co­-autor.

Algúns dos xenes identificados, especialmente o transportador de zinc, indispensable para a secreción da insulina polo páncreas, constitúen un obxectivo terapéutico ideal para combater a enfermidade, e indica o Pr. Froguel:

« Dentro dun ou dous anos, unha proba xenética permitirá dicir o factor de risco de forma exacta a un adolescente que teña un pouco exceso de peso, que ten un pai ou unha nai diabética. Iso poderá xustificarlle para adaptar a súa alimentación, practicar un deporte e, ir perdendo peso, reducir o risco de diabetes, causa de enfermidades cardíacas, renais, de cegueira, impotencia sexual e amputacións »

.

A implantación de células no páncreas, unha solución de futuro[editar | editar a fonte]

Dende 1992, axudados por unha rede de oito hospitais franceses, os HUG (Hospitais Universitarios de Xenebra) realizaron importantes progresos na implantación de células. Vivir sen administrarse insulina, xa é posible para un diabético.

En Xenebra, unha paciente leva xa desde 1997 sen administrarse insulina, grazas a unha implantación dun gran número de células distribuídas no seu páncreas. Unha duración « excepcional » que non ten equivalente no mundo, admiten os Hospitais Universitarios de Xenebra, que ven na terapia xénica unha « inmensa esperanza para os enfermos ». Aínda que unha maioría de pacientes que sofren esta terapia deben renovar a administración de insulina ao cabo dalgúns anos.

A implantación de grupos de células, chamados illotes de Langerhans faise por medio dunha simple inxección con anestesia local. Esta intervención é claramente máis simple que un transplante de páncreas, que permite curar a maioría dos casos, pero pode producirse rexeitamento.

As implantacións destes grupos celulares van permitir que preto do 80% dos pacientes poidan suprimir as inxeccións de insulina. Ata a data de hoxe, efectuáronse xa 74 implantacións, 42 das cales en Francia e 32 en Suíza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Risérus U, Willett WC, Hu FB (January 2009). "Dietary fats and prevention of type 2 diabetes". Progress in Lipid Research 48 (1): 44–51. DOI:10.1016/j.plipres.2008.10.002. PMC 2654180. PMID 19032965. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=2654180.
  2. A menos que se especifique o contrario, a referencia é: Táboa 20-5 do Mitchell, Richard Sheppard; Kumar, Vinay; Abbas, Abul K.; Fausto, Nelson. Robbins Basic Pathology (8th ed.). Saunders - Philadelphia. ISBN 1-4160-2973-7..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]