Órgano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Órgano (homónimos).
En bioloxía, principalmente na anatomía, un órgano é un conxunto de tecidos que evoluíron para executar unha determinada función vital.
Algúns órganos comúns aos vertebrados son o corazón, o cerebro, o estómago, etc.
Nas plantas "superiores", os órganos principais son a raíz, o caule, as follas, as flores e os froitos.
Un conxunto de órganos con funcións relacionadas chámase un sistema, conformando unha función máis complexa. Por exemplo, o sistema respiratorio dos animais ou o sistema radicular das plantas vasculares.
|
|
|---|
| Ecosistema > Organismo > Sistema orgánico > Órgano > Tecido > Célula > Orgánulo > Molécula > Átomo > Partícula subatómica (Partícula composta · Partícula elemental) |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |