Citoquina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Citocina")
Non se debe confundir con citoquinina ou citocinina.

A citoquina ou citocina é un termo xenérico empregado para designar a un extenso grupo de moléculas implicadas na emisión de sinais intercelulares durante o desencadeamento das respostas inmunes. Constitúen un grupo de factores extracelulares que poden ser producidos por diversas células, coma monócitos, macrófagos, linfócitos e outras células non linfocíticas. Todas as citoquinas son pequenas proteínas ou péptidos, algunhas delas contendo moléculas de azucre ligadas (glicoproteínas). As diferentes citoquinas poden ser encadradas en diversas categorías: interferóns (IFN), interleucinas (IL), factor estimulador de colonias (CSF), factor de necrose tumoral (TNFa e TNFb), e factor de transformación de crecemento (TGF b).

Clasificación das citoquinas[editar | editar a fonte]

A nivel estrutural[editar | editar a fonte]

Segundo a súa estrutura molecular, podemos subdividir as citoquinas en dous tipos:

A nivel funcional[editar | editar a fonte]

Mediadores e reguladores da inmunidade innata[editar | editar a fonte]

Son producidos polos macrófagos e estimulados polos microorganismos alleos ao noso corpo. Son os encargados de preparar o organismo para defendelo de axentes patóxenos ou estraños. Ademais, estimulan ou inhiben as reaccións de tipo inflamatorio. Neste grupo atópanse as IL-1, IL-6, IL-12, IL-16, TNF-alfa, IFN-alfa e o INF-ß.

Quimiocinas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Quimiocinas.

Son citoquinas quimiotáticas que atraen leucócitos ás zonas de infección.

Mediadores de regulación da inmunidade específica[editar | editar a fonte]

Prodúcense como resposta á activación dos linfócitos T. Potencian ademais as reaccións inmunitarias. Son a IL-2, IL-4, TGF-ß, INF-y.

Estimuladores da proliferación e diferenciación dos percursores hematopiéticos[editar | editar a fonte]

Deste subgrupo forman parte o SCF, IL-3, IL-7, G-CSF, GM-CSF, M-CSF.

Efectos[editar | editar a fonte]

Cada citocina únese a un receptor de superficie celular específico xerando cascadas de sinalización celular que alteran a función celular. Isto inclúe a regulación positiva ou negativa de diversos xenes e os seus factores de transcrición que resultan na produción doutras citocinas, ou un aumento no número de receptores de superficie para outras moléculas, ou a supresión do seu propio efecto mediante retroregulación.

A sobreestimulación das citoquinas pode disparar unha síndrome perigosa chamada tormenta de citoquinas.

As citocinas caracterízanse pola súa redundancia: moitas citocinas distintas comparten funcións similares. Ademais, as citocinas son pleiotropicas: actúan sobre moitos tipos celulares diferentes e unha célula pode expresar receptores para máis dunha citoquina.

Facer unha xeneralización dos seus efectos é prácticamente imposíbel. De acordo coas súas funcións clasifícanse en:

  • Autócrinas, se a citocina actúa sobre a célula que a secreta.
  • Parácrinas, se a acción restrínxese ao espazo próximo e inmediato do lugar de secreción
  • Endócrinas, se a citocina chega a rexións distantes do organismo (mediante sangue ou plasma) para actuar sobre diferentes tecidos