Péptido natriurético cerebral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O péptido natriurético cerebral (BNP), tamén chamado péptido natriurético de tipo B, é un polipéptido con función hormonal de 32 aminoácidos secretado polos ventrículos do corazón en resposta a un excesivo estiramento das células musculares do corazón. O BNP recibe o nome de "cerebral" porque foi inicialmente identificado en extractos de cerebro porcino, aínda que nos humanos se produce principalmente nos ventrículos do corazón.

O BNP segrégase conxuntamente cun fragmento peptídico N-terminal de 76 aminoácidos chanmado NT-proBNP, que é bioloxicamente inactivo. O BNP únese e actriva os receptores A do péptido natriurético auricular (NPRA), e en menor medida aos receptores B do péptido natriurético auricular (NPRB), dun modo similar a como o fai o péptido natriurético auricular (ANP), pero cunha afinidade 10 veces menor. Porén, a vida media do BNP é dúas veces máis longa ca a do ANP, e a do NT-proBNP é aínda máis longa, o que fai destes péptidos unhas dianas mellores para o diagnóstico por medio de análises de sangue ca o ANP. A vida media do NT-proBNP é de 1 a 2 horas e a do BNP é de 20 minutos.

As accións fisiolóxicas do BNP son similares ás do ANP e consisten en facer diminuír a resistencia vascular sistémica e a presión venosa central, e en incementar a natriurese (sodio na urina). Deste modo, o efecto neto do BNP e ANP é a diminución do volume sanguíneo e do gasto cardíaco.

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

Os niveis sanguíneos de BNP e NT-proBNP utilízanse para a detección e diagnóstico da insuficiencia cardíaca conxestiva e poden ser útiles para establecer o prognóstico do curso da enfermidade; ambos os marcadores están marcadamente elevados nos pacientes con peor prognóstico.[1] As concentracións plasmáticas de BNP e NT-proBNP están tamén elevados en pacientes con fallo ventricular esquerdo sintomático ou asintomático.[2][3]

BNP > 100 pg por mililitro

  • sensibilidade = 90%
  • especificidade = 76%

BNP > 50 pg por mililitro

  • sensibilidade = 97%
  • especificidade = 62%
  • Para pacientes con insuficiencia cardíaca conxestiva os valores de BNP están normalmente por riba de 100 pg/ml.
  • Unha interpretación máis conservadora dos niveis de BNP é que os valores normais están por debaixo de 50 pg/ml, para atinguir unha sensibilidade adecuada.
  • Hai un rango de valores, xeralmente definido entre 100 e 500 pg/ml, no cal as probas non se consideran concluíntes, pero os niveis por riba de 500 pg/ml son xeralmente considerados como positivos.[4][5]
  • Bhalla et al. indicaron que o BNP é moi importante no prognóstico de pacientes diabéticos.[6]
  • Ademais, o BNP é importante no prognóstico de pacientes de cirurxía cardíaca [7] e en urxencias hospitalarias.[8] Bhalla et al. mostraron que a combinación do BNP con outras ferramentas como a cardiografía de impedancia (ICG) pode mellorar o diagnóstico temperán da insuficiencia cardíaca e adiantar as medidas de prevención.[9][10] A utilidade do BNP tamén foi explorada en casos de preeclampsia , cuidados intensivos e enfermidade renal crónica (ESRD).[11][12][13].

O efecto da raza ou o xénero sobre o valor do BNP foi tamén moi estudado.[14][15]

Niveis de NT-proBNP (en pg/mL) por clase funcional da clasificación da New York Heart association (NYHA) [16]
NYHA I NYHA II NYHA III NYHA IV
5º percentil 33 103 126 148
Media 1015 1666 3029 3465
95º percentil 3410 6567 10,449 12,188

O BNP é eliminado ao unirse aos receptores NPR e á endopeptidadse neutra (NEP). Menos do 5% do BNP elimínase nos riles. O NTproBNP é a molécula inactiva resultante do corte da prohormona pro-BNP e só se excreta nos riles.[17][18]

Rangos de referencia para análises de sangue para o BNP
Tipo de paciente Límite inferior Límite superior Unidade
Machos 45-54 anos 4[19] 40[19] pg/mL
55-64 anos 5[19] 52[19]
65-74 anos 7[19] 67[19]
75-83 anos 9[19] 86[19]
Femias 45-54 anos 8[19] 73[19]
55-64 anos 10[19] 93[19]
65-74 anos 13[19] 120[19]
75-83 anos 16[19] 155[19]

Cando se interpretan os niveis elevados de BNP, hai que ter presente que os valores poden estar elevados debido a outros factores distintos da insuficiencia cardíaca. En pacientes obesos vense con frecuencia niveis máis baixos.[20] En pacientes con enfermidades renais vense niveis máis altos en ausencia de insuficiencia cardíaca.

O BNP é tamén unha das razóns polas que a xente sente a necesidade de ouriñar despois de meterse nunha piscina. O incremento da presión sobre o corpo exercida pola auga leva máis fluídos á circulación sistémica. O ventrículo esquerdo, e en menor medida a aurícula esquerda, secretan o BNP como resposta. O efecto natriurético do BNP leva a incrementar a produción de urina.[21]

Medida e estandarización[editar | editar a fonte]

O BNP e o NT-proBNP mídense por inmunoensaio. O BNP está estandarizado pero o NT-proBNP aínda non o está.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bhalla V, Willis S, Maisel AS (2004). "B-type natriuretic peptide: the level and the drug--partners in the diagnosis of congestive heart failure". Congest Heart Fail 10 (1 Suppl 1): 3–27. PMID 14872150. doi:10.1111/j.1527-5299.2004.03310.x. 
  2. Atisha D, Bhalla MA, Morrison LK, Felicio L, Clopton P, Gardetto N, Kazanegra R, Chiu A, Maisel AS (2004). "A prospective study in search of an optimal B-natriuretic peptide level to screen patients for cardiac dysfunction". Am. Heart J. 148 (3): 518–23. PMID 15389242. doi:10.1016/j.ahj.2004.03.014. 
  3. Maisel A, Krishnaswamy P, Nowak R, McCord J, Hollander J, Duc P, Omland T, Storrow A, Abraham W, Wu A, Clopton P, Steg P, Westheim A, Knudsen C, Perez A, Kazanegra R, Herrmann H, McCullough P (2002). "Rapid measurement of B-type natriuretic peptide in the emergency diagnosis of heart failure". N Engl J Med 347 (3): 161–7. PMID 12124404. doi:10.1056/NEJMoa020233. 
  4. Strunk A, Bhalla V, Clopton P, Nowak RM, McCord J, Hollander JE, Duc P, Storrow AB, Abraham WT, Wu AH, Steg G, Perez A, Kazanegra R, Herrmann HC, Aumont MC, McCullough PA, Maisel A (2006). "Impact of the history of congestive heart failure on the utility of B-type natriuretic peptide in the emergency diagnosis of heart failure: results from the Breathing Not Properly Multinational Study". Am. J. Med. 119 (1): 69.e1–11. PMID 16431187. doi:10.1016/j.amjmed.2005.04.029. 
  5. Brenden CK, Hollander JE, Guss D, McCullough PA, Nowak R, Green G, Saltzberg M, Ellison SR, Bhalla MA, Bhalla V, Clopton P, Jesse R, Maisel AS (2006). "Gray zone BNP levels in heart failure patients in the emergency department: results from the Rapid Emergency Department Heart Failure Outpatient Trial (REDHOT) multicenter study". Am. Heart J. 151 (5): 1006–11. PMID 16644322. doi:10.1016/j.ahj.2005.10.017. 
  6. Bhalla MA, Chiang A, Epshteyn VA, Kazanegra R, Bhalla V, Clopton P, Krishnaswamy P, Morrison LK, Chiu A, Gardetto N, Mudaliar S, Edelman SV, Henry RR, Maisel AS (2004). "Prognostic role of B-type natriuretic peptide levels in patients with type 2 diabetes mellitus". J. Am. Coll. Cardiol. 44 (5): 1047–52. PMID 15337217. doi:10.1016/j.jacc.2004.05.071. 
  7. Hutfless R, Kazanegra R, Madani M, Bhalla MA, Tulua-Tata A, Chen A, Clopton P, James C, Chiu A, Maisel AS (2004). "Utility of B-type natriuretic peptide in predicting postoperative complications and outcomes in patients undergoing heart surgery". J. Am. Coll. Cardiol. 43 (10): 1873–9. PMID 15145114. doi:10.1016/j.jacc.2003.12.048. 
  8. Maisel A, Hollander JE, Guss D, McCullough P, Nowak R, Green G, Saltzberg M, Ellison SR, Bhalla MA, Bhalla V, Clopton P, Jesse R (2004). "Primary results of the Rapid Emergency Department Heart Failure Outpatient Trial (REDHOT). A multicenter study of B-type natriuretic peptide levels, emergency department decision making, and outcomes in patients presenting with shortness of breath". J. Am. Coll. Cardiol. 44 (6): 1328–33. PMID 15364340. doi:10.1016/j.jacc.2004.06.015. 
  9. Bhalla V, Isakson S, Bhalla MA, Lin JP, Clopton P, Gardetto N, Maisel AS (2005). "Diagnostic ability of B-type natriuretic peptide and impedance cardiography: testing to identify left ventricular dysfunction in hypertensive patients". Am. J. Hypertens. 18 (2 Pt 2): 73S–81S. PMID 15752936. doi:10.1016/j.amjhyper.2004.11.044. 
  10. Castellanos LR, Bhalla V, Isakson S, Daniels LB, Bhalla MA, Lin JP, Clopton P, Gardetto N, Hoshino M, Chiu A, Fitzgerald R, Maisel AS (2009). "B-type natriuretic peptide and impedance cardiography at the time of routine echocardiography predict subsequent heart failure events". J. Card. Fail. 15 (1): 41–7. PMID 19181293. doi:10.1016/j.cardfail.2008.09.003. 
  11. Resnik JL, Hong C, Resnik R, Kazanegra R, Beede J, Bhalla V, Maisel A (2005). "Evaluation of B-type natriuretic peptide (BNP) levels in normal and preeclamptic women". Am. J. Obstet. Gynecol. 193 (2): 450–4. PMID 16098869. doi:10.1016/j.ajog.2004.12.006. 
  12. Bhalla V, Bhalla MA, Maisel AS (2004). "Evolution of B-type natriuretic peptide in evaluation of intensive care unit shock". Crit. Care Med. 32 (8): 1787–9. PMID 15286561. doi:10.1097/01.CCM.0000135748.75590.54. 
  13. Sheen V, Bhalla V, Tulua-Tata A, Bhalla MA, Weiss D, Chiu A, Abdeen O, Mullaney S, Maisel A (2007). "The use of B-type natriuretic peptide to assess volume status in patients with end-stage renal disease". Am. Heart J. 153 (2): 244.e1–5. PMID 17239684. doi:10.1016/j.ahj.2006.10.041. 
  14. Maisel AS, Clopton P, Krishnaswamy P, Nowak RM, McCord J, Hollander JE, Duc P, Omland T, Storrow AB, Abraham WT, Wu AH, Steg G, Westheim A, Knudsen CW, Perez A, Kazanegra R, Bhalla V, Herrmann HC, Aumont MC, McCullough PA (2004). "Impact of age, race, and sex on the ability of B-type natriuretic peptide to aid in the emergency diagnosis of heart failure: results from the Breathing Not Properly (BNP) multinational study". Am. Heart J. 147 (6): 1078–84. PMID 15199359. doi:10.1016/j.ahj.2004.01.013. 
  15. Daniels LB, Bhalla V, Clopton P, Hollander JE, Guss D, McCullough PA, Nowak R, Green G, Saltzberg M, Ellison SR, Bhalla MA, Jesse R, Maisel A (2006). "B-type natriuretic peptide (BNP) levels and ethnic disparities in perceived severity of heart failure: results from the Rapid Emergency Department Heart Failure Outpatient Trial (REDHOT) multicenter study of BNP levels and emergency department decision making in patients presenting with shortness of breath". J. Card. Fail. 12 (4): 281–5. PMID 16679261. doi:10.1016/j.cardfail.2006.01.008. 
  16. "N-terminal pro-BNP". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 07 de febreiro de 2012. 
  17. Austin WJ, Bhalla V, Hernandez-Arce I, Isakson SR, Beede J, Clopton P, Maisel AS, Fitzgerald RL (2006). "Correlation and prognostic utility of B-type natriuretic peptide and its amino-terminal fragment in patients with chronic kidney disease". Am. J. Clin. Pathol. 126 (4): 506–12. PMID 16938661. doi:10.1309/M7AAXA0J1THMNCDF. 
  18. Daniels, LB; Clopton, P; Bhalla, V; Krishnaswamy, P; Nowak, RM; McCord, J; Hollander, JE; Duc, P; Omland, T (2006). "Results from the Breathing Not Properly Multinational Study". Am. Heart J. 151 (5): 999–1005. PMID 16644321. doi:10.1016/j.ahj.2005.10.011. 
  19. 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 19,10 19,11 19,12 19,13 19,14 19,15 Saint Francis Hospital Laboratory > BNP reference range change Arquivado 22 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Jay Hupp & Dr. Michel S. Medawar. Effective November, 2002
  20. Wang TJ, Larson MG, Levy D; et al. (2004). "Impact of obesity on plasma natriuretic peptide levels". Circulation. 109 (5): 594–600. PMID 14769680. doi:10.1161/01.CIR.0000112582.16683.EA. 
  21. Diagnostic Pearls in Cardiorespiratory Disease. CVMA Yosemite Conference 2010. Bruce Keene, DVM, MSc, DACVIM (Cardiology)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cosson S (2004). "Usefulness of B-type natriuretic peptide (BNP) as a screen for left ventricular abnormalities in diabetes mellitus". Diabetes Metab. 30 (4): 381–6. PMID 15525883. doi:10.1016/S1262-3636(07)70132-5. 
  • Cauliez B, Berthe MC, Lavoinne A (2005). "[Brain natriuretic peptide: physiological, biological and clinical aspects]". Ann. Biol. Clin. (Paris) 63 (1): 15–25. PMID 15689309. 
  • Buchner S, Riegger G, Luchner A (2005). "[Clinical utility of the cardiac markers BNP and NT-proBNP]". Acta Med. Austriaca 31 (4): 144–51. PMID 15732251. 
  • LaPointe MC (2005). "Molecular regulation of the brain natriuretic peptide gene". Peptides 26 (6): 944–56. PMID 15911064. doi:10.1016/j.peptides.2004.08.028. 
  • Hoffmann U, Borggrefe M, Brueckmann M (2006). "New horizons: NT-proBNP for risk stratification of patients with shock in the intensive care unit". Critical care (London, England) 10 (2): 134. PMC 1550883. PMID 16594987. doi:10.1186/cc4883. 
  • Suga S, Nakao K, Hosoda K; et al. (1992). "Receptor selectivity of natriuretic peptide family, atrial natriuretic peptide, brain natriuretic peptide, and C-type natriuretic peptide". Endocrinology 130 (1): 229–39. PMID 1309330. doi:10.1210/en.130.1.229. 
  • Kambayashi Y, Nakao K, Mukoyama M; et al. (1990). "Isolation and sequence determination of human brain natriuretic peptide in human atrium". FEBS Lett. 259 (2): 341–5. PMID 2136732. doi:10.1016/0014-5793(90)80043-I. 
  • Hino J, Tateyama H, Minamino N; et al. (1990). "Isolation and identification of human brain natriuretic peptides in cardiac atrium". Biochem. Biophys. Res. Commun. 167 (2): 693–700. PMID 2138890. doi:10.1016/0006-291X(90)92081-A. 
  • Sudoh T, Maekawa K, Kojima M; et al. (1989). "Cloning and sequence analysis of cDNA encoding a precursor for human brain natriuretic peptide". Biochem. Biophys. Res. Commun. 159 (3): 1427–34. PMID 2522777. doi:10.1016/0006-291X(89)92269-9. 
  • Seilhamer JJ, Arfsten A, Miller JA; et al. (1990). "Human and canine gene homologs of porcine brain natriuretic peptide". Biochem. Biophys. Res. Commun. 165 (2): 650–8. PMID 2597152. doi:10.1016/S0006-291X(89)80015-4. 
  • Arden KC, Viars CS, Weiss S; et al. (1995). "Localization of the human B-type natriuretic peptide precursor (NPPB) gene to chromosome 1p36". Genomics 26 (2): 385–9. PMID 7601467. doi:10.1016/0888-7543(95)80225-B. 
  • Weir ML, Pang SC, Flynn TG (1993). "Characterization of binding sites in rat for A, B and C-type natriuretic peptides". Regul. Pept. 47 (3): 291–305. PMID 7901875. doi:10.1016/0167-0115(93)90396-P. 
  • Totsune K, Takahashi K, Satoh F; et al. (1996). "Urinary immunoreactive brain natriuretic peptide in patients with renal disease". Regul. Pept. 63 (2–3): 141–7. PMID 8837222. doi:10.1016/0167-0115(96)00035-3. 
  • Totsune K, Takahashi K, Murakami O; et al. (1996). "Immunoreactive brain natriuretic peptide in human adrenal glands and adrenal tumors". Eur. J. Endocrinol. 135 (3): 352–6. PMID 8890728. doi:10.1530/eje.0.1350352. 
  • Matsuo K, Nishikimi T, Yutani C; et al. (1999). "Diagnostic value of plasma levels of brain natriuretic peptide in arrhythmogenic right ventricular dysplasia". Circulation 98 (22): 2433–40. PMID 9832489. 
  • Wiese S, Breyer T, Dragu A; et al. (2001). "Gene expression of brain natriuretic peptide in isolated atrial and ventricular human myocardium: influence of angiotensin II and diastolic fiber length". Circulation 102 (25): 3074–9. PMID 11120697. 
  • Shimizu H, Masuta K, Aono K; et al. (2002). "Molecular forms of human brain natriuretic peptide in plasma". Clin. Chim. Acta 316 (1–2): 129–35. PMID 11750283. doi:10.1016/S0009-8981(01)00745-8. 
  • Ogawa K, Oida A, Sugimura H; et al. (2002). "Clinical significance of blood brain natriuretic peptide level measurement in the detection of heart disease in untreated outpatients: comparison of electrocardiography, chest radiography and echocardiography". Circ. J. 66 (2): 122–6. PMID 11999635. doi:10.1253/circj.66.122. 
  • Asakawa H, Fukui T, Tokunaga K, Kawakami F (2002). "Plasma brain natriuretic peptide levels in normotensive Type 2 diabetic patients without cardiac disease and macroalbuminuria". J. Diabetes Complicat. 16 (3): 209–13. PMID 12015190. doi:10.1016/S1056-8727(01)00173-8. 
  • Bordenave L, Georges A, Bareille R; et al. (2003). "Human bone marrow endothelial cells: a new identified source of B-type natriuretic peptide". Peptides 23 (5): 935–40. PMID 12084525. doi:10.1016/S0196-9781(02)00004-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • MeshName - Brain+Natriuretic+Peptide [1]