Concilio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Concilio (do latín concilium) é unha reunión ou asemblea de autoridades relixiosas (bispos e outros eclesiásticos) xeralmente efectuada pola Igrexa católica ou Ortodoxa, para deliberar ou decidir sobre as materias doutrinais e de disciplina.

Distínguense tres clases de concilios:

Desde 1054 este tipo de concilios só se celebraron en Occidente, onde sumaron outros doce concilios, sendo convocados en todos os casos polo Papa e participando todo o episcopado católico (Concilios Latinos).
O último Concilio Ecuménico foi o chamado "Vaticano II" xa que a súa sede foi na cidade do Vaticano (Roma, Italia) e foi o segundo nese lugar. A convocatoria realizouna Xoán XXIII en 1959 e foi clausurado polo Papa Paulo VI no ano 1965
  • Os Concilios nacionais ou plenarios. Son convocados con autorización papal e neles só participa o episcopado dun continente, Estado ou rexión.
  • Os concilios provinciais. Son convocados polo bispo metropolitano da diocese provincial correspondente, celébranse periodicamente cada vinte anos, e neles participan os titulares de oficios eclesiásticos da diocese.
Así temos os Concilios de Toledo, que foron Xuntas de Prelados e Magnates durante a dominación visigoda, que se celebraron en devandita cidade para tratar asuntos eclesiásticos e militares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]