Ponte de Bermaña
Coordenadas: 42°36′21″N 08°38′42″O / 42.60583, -8.64500
Ponte de Bermaña | |
---|---|
Localización | |
Río | Bermaña |
Concello | Caldas de Reis |
Características | |
Construción | 62 a. C. - 409 d. C. |
Tipo | Romana |
Material | Pedra |
A ponte de Bermaña, no centro de Caldas, é unha ponte de orixe romana (62 a. C. - 409 d. C.) sobre a que se fixeron reformas en época de medieval (século XVI). Cruza o río Bermaña.
Está formada por tres arcos de medio punto, con dobre pendente, e posúe catro apartadoiros no peitoril: tres rectangulares e un cuarto triangular sobre o que se levantou posteriormente un cruceiro.
Forma parte do Camiño portugués da Ruta Xacobea.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Detalle dun dos apartadoiros
-
Cruceiro na ponte de Bermaña
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Camiño.Xacobeo.es
- Ponte romana do río Bermaña na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.