Arciprestado
O arciprestado (de arki ("maior") + preste ("crego", cf. francés prêtre) + ado (para formar adxectivos: "relativo a", en referencia ó territorio do que está encargado) é a unha agrupación de parroquias e asemade unha subdivisión das dioceses (ou bispados).
Véxase tamén: Lista de arciprestados de Galicia.
Os arciprestados correspondentes ás distintas dioceses da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela son (datos de 1994):
| Santiago de Compostela (48) |
Ourense (45 en 1994, 28-31 en 2006) |
Lugo (43 en 1994, 28 en 2006) |
Vigo-Tui (16 en 1994, 20 en 2006) |
Mondoñedo-Ferrol (16 en 1994) |
|---|---|---|---|---|
|
marcadas en negriña as denominacións oficiais actuais, onde faltarían Cualedro, Rabeda, Terra de Aguiar e Toén |
marcadas en negriña as denominacións oficiais actuais |
|
Hai ademais na Galiza territorial de administración política dous fragmentos de dúas dioceses que non están completamente en Galiza, que recollen os seguintes arciprestados:
- Astorga: Fontei, O Barco de Valdeorras, Trives-Manzaneda, A Veiga do Bolo, Viana do Bolo e unhas parroquias do de Vilafranca do Bierzo;
- Oviedo: unhas parroquias dun arciprestado asturiano;
Algúns destes teñen un uso alén do relixioso: por exemplo, Miranda en Mondoñedo-Ferrol aparece nas obras de Álvaro Cunqueiro así coma da serie televisiva Terra de Miranda, mentres que o Livro de notas de Álvaro Pérez, notario de Posmarcos é un dos textos medievais en galego que se conservan na actualidade.
NOTA: A fonte de onde recollen os datos (Torres Luna & Pazo Labrador) castelaniza só algúns dos topónimos, co cal se reformularon en galego dentro do espírito da denominacion eclesiástica, baseándose na denominación oficial no nomenclátor dos concellos sempre que fosen epónimos. Con todo, marcáronse en cursiva tales modificacións.
|
|
|
|
| arcebispado ou arquidiocese | arciprestado | bispado ou diocese | prelatura | provincia eclesiástica | vicaría ou vicariato |