Saiar, Caldas de Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saiar
Agnus Dei no cumio do tellado da igrexa de Santo Estevo de Saiar
ConcelloCaldas de Reis[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°36′41″N 8°40′45″O / 42.61133169, -8.67928857Coordenadas: 42°36′41″N 8°40′45″O / 42.61133169, -8.67928857
Poboación872 hab. (2013)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo de Saiar é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Caldas de Reis. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 872 habitantes (440 mulleres e 432 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 990 habitantes.

Linda coas parroquias de Bemil en Caldas, Portas e Lantaño en Portas, Godos en Caldas de Reis e Cea en Vilagarcía.

Saiar na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Saariño ten a sona/ de viños e de augardentes/ 'y de las muchachas guapas/ y de los hombres valientes' [2].
  • Viva Saar, Saariño,/ viva Saar anque morra,/ que Saar é boa terra/ eu quero que corra a sona [3].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Saiar[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Saiar no concello de Caldas de Reis (Pontevedra)

Arretén | Calvelos | O Carballal | Cardín | Casal do Mato | A Gándara | Gundiñáns | A Igrexa | Paraimas | O Pazo | Saiar | Sequeiros | Soutelo de Abaixo | Soutelo de Arriba

Parroquias de Caldas de Reis[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Caldas de Reis

Arcos da Condesa (Santa Mariña) | Bemil (Santa María) | Caldas de Reis (San Tomé e Santa María) | Caldas de Reis (Santa María) | Carracedo (Santa Mariña) | Godos (Santa María) | Saiar (Santo Estevo) | San Clemente de Cesar (San Clemente) | Santo André de Cesar (Santo André)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 172.
  3. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.