Bemil, Caldas de Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bemil
Igrexa Santa María de Bemil, Caldas de Reis.jpg
Igrexa de Santa María de Bemil.
Concello Caldas de Reis
Área - km²
Poboación (Ano 2010) 842 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 6

Santa María de Bemil é unha parroquia do concello de Caldas de Reis. Segundo o INE en 2010 tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 944 habitantes. Conta con tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das Veigas de Almorzar.

Índice

[editar] Patrimonio

Conta cunha capela dedicada a San Lourenzo no lugar de Outeiro e outra no lugar de Paradela. A Igrexa de Santa María de Bemil foi construída a finais do século XII, aínda que do estilo románico só conserva a antiga fábrica medieval, a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur.

[editar] Festas e romarías

Na igrexa parroquial consérvanse as reliquias de San Xusto, na honra ao cal se celebra unha popular romaría o último domingo de agosto. Outra festa moi populosa é a dedicada á Virxe das Dores (fin de semana arredor do 15 de setembro) en Follente, que conta con dous días festivos: o primeiro coa tradicional verbena e o segundo cunha misa e procesión campestre e unha comida de confraternidade con varios centos de veciños.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Bemil

Lugares da parroquia de Bemil no concello de Caldas de Reis (Pontevedra)

A Canle | A Lavandeira | As Veigas de Almorzar | Follente | Outeiro | Paradela

[editar] Parroquias de Caldas de Reis

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Caldas de Reis

Arcos da Condesa (Santa Mariña) | Bemil (Santa María) | Caldas de Reis (San Tomé e Santa María) | Caldas de Reis (Santa María) | Carracedo (Santa Mariña) | Godos (Santa María) | Saiar (Santo Estevo) | San Clemente de Cesar (San Clemente) | Santo André de Cesar (Santo André)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas