Tina Turner
| Tina Turner | |
|---|---|
Tina Turner en 1985. |
|
| Nome completo | Anna Mae Bullock |
| Alias | Raiña do Rock |
| Naceu | 26 de novembro de 1939 (73 anos) |
| Orixe | Nutbush, Tennessee |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Cantante, bailarina, escritora, actriz. |
| Xénero | Rock, R&B, soul, pop. |
| Instrumento(s) | Voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | EMI, United Artists, Capitol, Parlophone, Virgin. |
| Relacionado con | Ike Turner, Cher, Janis Joplin, The Rolling Stones, Mick Jagger, Al Green, The Who, David Bowie, Elton John, Rod Stewart, Eric Clapton, Brian Adams, Beyoncé, Chuck Berry, Eros Ramazzotti. |
| Tempo en activo | 1958 - presente |
| Web | www.bestoftinaturner.com |
Anne Mae Bullock nada o 26 de novembro de 1939 en Nutbush, Tennessee, Estados Unidos de América), máis coñecida como Tina Turner, é unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, cunha carreira que se alonga durante mais de cincuenta anos. É unha dos principais expoñentes do rock, e considerada como a "Raíña do Rock".[1]
A artista fíxose famosa a finais dos anos 1950, formando parte do dúo Ike & Tina Turner Revue, xunto o que se convertería no seu marido Ike Turner.[2] Ela destacou pola acción das súas actuacións ao vivo e pola súa carga sexual.[3] Trala súa separación de Ike, nos anos 1970, estableceuse como solista.
Tras varios anos afastada da escena musical, en 1984, foi protagonista un dos regresos de máis éxito da historia co seu album Private Dancer no que orientou a súa música mais cara o Rock que a faría mundialmente famosa, fronte o R&B e Soul que caracterizaron as gravacións da Revue. Do mesmo xeito, actuou en diversas películas, como Tommy, Mad Max Beyond Thunderdome e Last Action Hero, entre outras.
As súas composicións, gravacións e interpretacións fixérona acredora de diversos galardóns e recoñecementos, entre eles oito premios Grammy. O seu nome forma parte do Paseo da Fama de Hollywood. Foi nomeada pola revista Rolling Stone como "unha das mais grandes intérpretes de todo-los tempos", con posición no posto número 17, superando a músicos como Michael Jackson e Prince, entre moitos outros.[4]
Tina Turner é coñecida polas súas enerxéticas actuacións ao vivo, a súa poderosa voz e a súa lonxeva traxectoria.[5]Tamén por posuír as mellores pernas sobre un escenario, que aínda hoxe ós 70 anos, son quen de rivalizar coas dunha xove de 20 anos. Ten vendido mais de 180 millóns de álbums en todo o mundo.[6][7] Tina posúe o Record Guiness como a artista en solitario que máis entradas de concertos ten vendido na historia da música. [5][8] En 2008 abandonou o seu medio-retiro para percorrer o mundo coa súa xira Tina!: 50th Anniversary Tour, que se prolongou o longo tamén de 2009, sendo un dos tours máis rendibles dese ano. [9]
Índice |
Discografía[editar]
- Artigo principal: Discografía de Tina Turner.
Álbums de estudio[editar]
- Tina Turns the Country On! (1974)
- Acid Queen (1975)
- Rough (1978)
- Love Explosion (1979)
- Private Dancer (1984)
- Break Every Rule (1986)
- Foreign Affair (1989)
- Wildest Dreams (1996)
- Twenty Four Seven (1999)
Álbums recopilatorios[editar]
- Simply the Best (1991)
- The Collected Recordings - Sixties to Nineties (1994)
- All the Best (2004)
- Tina!: Her Greatest Hits (2008)
- The Platinum Collection (2009)
Álbums ao vivo[editar]
- Tina Live in Europe (1988)
- VH1 Divas Live '99 (1999)
- Tina Live (2009)
Tours[editar]
- 1978–1979: Wild Lady of Rock Tour
- 1982–1984: Nice 'n' Rough Tour
- 1985: Private Dancer Tour
- 1987–1988: Break Every Rule Tour
- 1990: Foreign Affair Tour
- 1993: What's Love? Tour
- 1996–1997: Wildest Dreams Tour
- 2000: Twenty Four Seven Tour
- 2008–2009: Tina!: 50th Anniversary Tour
Notas[editar]
- ↑ New York Times. "Tina Turner: Queen of Rock 'n' Roll". http://movies.nytimes.com/movie/50095/Tina-Turner-Queen-of-Rock-n-Roll/overview. Consultado o 15 de xullo 2009.
- ↑ Bego, Mark (23-09-2005). Tina Turner: Break Every Rule. Editorial Taylor Trade. ISBN 1589792531.
- ↑ Tomfraley.com. "Tina Turner 'One More Time: Live in Concert'". http://tomfraley.com/tina-turner-one-last-time/. Consultado o 15 de xullo de 2009.
- ↑ Biography.com. "Biography on Tina Turner". http://www.biography.com/search/article.do?id=9512276. Consultado o 15 de xullo de 2009.
- ↑ 5,0 5,1 Reuters.com. "Amway Global to be Presenting Sponsor of 'Tina Turner Live in Concert' 2008". http://www.reuters.com/article/pressRelease/idUS169798+10-Jul-2008+PRN20080710. Consultado o 15 de xullo de 2009.
- ↑ "Tina Turner heads for Brum city limits". Express & Star. 2008-09-23. http://www.expressandstar.com/2008/09/23/tina-turner-heads-for-brum-city-limits/.
- ↑ Terry, Al (2008-09-21). "Tina Turner Live Tickets – One Of The Biggest Selling Concert Tickets Ever". Pressemeldungen.at. http://www.pressemeldungen.at/45469/tina-turner-live-tickets-%E2%80%93-one-of-the-biggest-selling-concert-tickets-ever/.
- ↑ Busnar, Gene (abril 1987 1987). The Picture Life of Tina Turner (Library Binding ed.). F. Watts Publishers. ISBN 0531102971.
- ↑ USA Today. "Tina Turner is back by popular demand". http://www.usatoday.com/life/music/news/2008-09-30-turner-main_N.htm. Consultado o 15 de xullo de 2009.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- The Tina Turner Blog
- Tina Turner en IMDb. en idioma inglés