Autódromo Internacional Nelson Piquet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autódromo Internacional Nelson Piquet
Plano do Circuíto
Jacarepaguá.svg
Datos
Carreiras
Localización Flag of Brazil.svg Río de Xaneiro, Brasil
Lonxitude 5´031 km.
Curvas 11
Volta rápida (1989) 1:32.507
Piloto Record Riccardo Patrese
Escudería Record Williams
Coordenadas 22°58′32″S 43°23′42″W / 22.97556°S 43.39500°W / -22.97556; -43.39500
Vista do Circuíto
Vista

O Autódromo Internacional Nelson Piquet é un autódromo localizado no barrio Jacarepaguá de Río de Janeiro, Brasil, que albergou o Gran Premio de Brasil de Fórmula 1 en dez ocasións.

Historia[editar | editar a fonte]

O circuíto construido en 1978 en terreos pantanosos que foran acondicionados, o cal explica o feito de que non teña elevacións importantes. O trazado presenta varias características que o distinguen, como as súas dúas rectas principais e as súas numerosas curvas lentas. A paisaxe que brindan os morros de Río proporciona a todos os que visitan o lugar un espectáculo único.

Desde 1996, a serie CART levou a cabo algunhas competicións en Jacarepaguá, nun trazado auxiliar oval do autódromo.

A principios de 2005, transcendeu que había un proxecto para demoler parcialmente o circuíto, para aproveitar o lugar liberado cun complexo deportivo que sería usado nos Xogos Panamericanos de 2007. A extensión da nova pista sería duns 2,7 km, facéndoa desa forma demasiado curta para a maioría das competicións internacionais. No entanto, as normativas da FIA con respecto á extensión mínima dos trazados é ambigua. De todos os xeitos, o futuro do circuíto aínda non foi definido.

Gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Jacarepaguá[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1978 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Ferrari 1:49:59,860 h 5,031 km 63 172,887 km/h 29. Xaneiro Flag of Brazil.svg Brasil
1981 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Williams-Ford 2:00:23,660 h 5,031 km 62 155,450 km/h 29. Marzo
1982 Francia Alain Prost Renault 1:44:33,134 h 5,031 km 63 181,892 km/h 21. Marzo
1983 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 1:48:27,731 h 5,031 km 63 175,335 km/h 13. Marzo
1984 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:42:34,492 h 5,031 km 61 179,512 km/h 25. Marzo
1985 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:41:26,115 h 5,031 km 61 181,529 km/h 7. Abril
1986 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Williams-Honda 1:39:32,583 h 5,031 km 61 184,980 km/h 23. Marzo
1987 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:39:45,141 h 5,031 km 61 184,592 km/h 12. Abril
1988 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:36:06,857 h 5,031 km 60 188,438 km/h 3. Abril
1989 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Ferrari 1:38:58,744 h 5,031 km 61 186,034 km/h 26. Marzo

Record: A.Prost (5 Veces)