Gran Premio de Mónaco de 1988

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Monaco.svg Gran Premio de Mónaco de 1988
Detalles da carreira
Carreira 3 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 15 de maio de 1988
Nome oficial XLVI Gran Premio de Mónaco
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Circuíto urbano
3´328 km
Distancia 78 voltas, 259´584 km
Clima Seco e cálido
Pole position
Piloto Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda
Tempo 1:23.998
Volta rápida
Piloto Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda
Tempo 1:26.321 na volta 59
Podio
Primeiro Francia Alain Prost McLaren-Honda
Segundo Austria Gerhard Berger Ferrari
Terceiro Italia Michele Alboreto Ferrari

O Gran Premio de Mónaco de 1988 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 15 de maio de 1988 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1988.

Cualificación[editar | editar a fonte]

O dominio que McLaren - Honda mostrou na cualificación de Imola continuou en Mónaco. Ayrton Senna foi o único piloto en cualificarse por debaixo de 1:24.0 e acabou nun asombroso 1´4 segundos máis rápido que o seu compañeiro de equipo e especialista en Mónaco, Alain Prost e 2´7 segundos máis rápido que o terceiro clasificado, Gerhard Berger no seu Ferrari. O coche atmosferico máis rápido foi o Williams de Nigel Mansell en 5º lugar, 3´7 segundos por debaixo do ritmo marcado por Senna. O piloto de Lotus - Honda Satoru Nakajima non puido clasificarse na grella de 26 vehículos (en anos anteriores, Mónaco, só tiña unha grella de 20 coches debido á natureza limitada do circuíto de Mónaco), o que confirmou que só estaba na Fórmula Un por mor da súa nacionalidade e a relación con Honda. Ademais tampouco puideron cualificar no estreito circuíto o Zakspeed de Bernd Schneider, o Minardi de Adrián Campos e o Tyrrell de Julian Bailey.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Senna liderou desde o principio, Prost superou a Berger cando o francés fallou nun cambio de marchas. A primeira curva en Santa Devota viu unha gran variedade de accidentes: Alex Caffi no seu novo Dallara batiu contra o muro, o AGS de Philippe Streiff retirouse logo dun impresionante 12º lugar na grella cando o cable do acelerador rompeu, e Nelson Piquet retirouse logo de chocar con Eddie Cheever.

A orde de marcha de Senna-Prost-Berger-Mansell- Alboreto - Nannini mantívose ata a volta 33, cando Alboreto adiantou a Mansell na piscina, cunha tardía manobra de adiantamento. Na volta 51, houbo algúns momentos dramáticos cando, en Mirabeau, Philippe Alliot no Lola tivo unha violenta colisión con Riccardo Patrese no Williams. Na volta 54 Prost conseguiu por fin pasar a Berger na primeira curva e quedou en segundo lugar. Entón, comezaron as voltas rápidas con Senna. Pero na volta 65, logo de que Prost rebaixara 6 segundos nunha volta a Senna, esto ía ser a perdición de Senna, que entrou en pánico, perdeu a súa concentración e deuse contra barreira en Portier, e a carreira foi gañada, por 4ª vez en 5 anos, por Prost. Senna desapareceu e McLaren non soubo nada del ata o día seguinte da carreira. Como vivía en Mónaco especulouse que o brasileiro simplemente foise á súa casa para contemplar a carreira que dominara desde a primeira vez que saíron á pista para os adestramentos libres do xoves pola mañá.

Os Ferraris quedaron 2º e 3º con Derek Warwick no Arrows - Megatron terminou cuarto logo dunha longa batalla co Tyrrell - Ford de Jonathan Palmer. Patrese recuperouse da súa colisión para gañar o punto final ao pasar o Lola de Yannick Dalmas na última volta. O punto de Patrese foi tamén o primeiro e único punto no campionato do mundo logrado por un motor Judd.

Anos máis tarde, o ex piloto e coordinador do equipo McLaren Jo Ramírez revelou que o accidente de Senna fora causado porque o volante quedoulle nas súas mans cando pilotabaóo límite absoluto para vencer a Prost.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferencia
1 12 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda 1:26.464 1:23.998
2 11 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:28.375 1:25.425 +1.427
3 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:29.001 1:26.685 +2.687
4 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 1:29.931 1:27.297 +3.299
5 5 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Judd 1:28.475 1:27.665 +3.667
6 19 Italia Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:29.093 1:27.869 +3.871
7 17 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Arrows-Megatron 1:29.928 1:27.872 +3.874
8 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Judd 1:29.130 1:28.016 +4.018
9 18 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Arrows-Megatron 1:32.889 1:28.227 +4.229
10 3 Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:30.679 1:28.358 +4.360
11 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Lotus-Honda 1:30.924 1:28.403 +4.405
12 14 Francia Philippe Streiff AGS-Ford 1:29.597 1:28.527 +4.529
13 30 Francia Philippe Alliot Lola-Ford 1:31.375 1:28.536 +4.538
14 15 Flag of Brazil.svg Mauricio Gugelmin March-Judd 1:32.148 1:28.610 +4.612
15 24 España Luis Perez-Sala Minardi-Ford 1:31.662 1:28.625 +4.627
16 20 Bélxica Thierry Boutsen Benetton-Ford 1:29.539 1:28.640 +4.642
17 36 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 1:33.691 1:29.075 +5.077
18 32 Flag of Argentina.svg Oscar Larrauri EuroBrun-Ford 1:31.861 1:29.093 +5.095
19 22 Italia Andrea de Cesaris Rial-Ford 1:33.183 1:29.298 +5.300
20 25 Francia René Arnoux Ligier-Judd 1:31.964 1:29.480 +5.482
21 29 Francia Yannick Dalmas Lola-Ford 1:33.158 1:29.601 +5.603
22 16 Italia Ivan Capelli March-Judd 1:35.216 1:29.603 +5.605
23 9 Italia Piercarlo Ghinzani Zakspeed 1:33.005 1:30.121 +6.213
24 31 Italia Gabriele Tarquini Coloni-Ford 1:32.792 1:30.252 +6.254
25 21 Italia Nicola Larini Osella 1:36.705 1:30.335 +6.337
26 26 Flag of Sweden.svg Stefan Johansson Ligier-Judd 1:36.036 1:30.505 +6.507
NSC 2 Flag of Japan.svg Satoru Nakajima Lotus-Honda 1:30.611 1:31.573 +6.613
NSC 10 Alemaña Bernd Schneider Zakspeed 1:33.585 1:30.613 +6.615
NSC 23 España Adrián Campos Minardi-Ford 1:32.627 1:30.793 +6.795
NSC 4 Flag of the United Kingdom.svg Julian Bailey Tyrrell-Ford 1:34.192 1:30.816 +6.818

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11 Francia Alain Prost McLaren-Honda 78 1:57:17.077 2 9
2 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 78 + 20.453 3 6
3 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 78 + 41.229 4 4
4 17 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Arrows-Megatron 77 + 1 volta 7 3
5 3 Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 77 + 1 volta 10 2
6 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Judd 77 + 1 volta 8 1
7 29 Francia Yannick Dalmas Lola-Ford 77 + 1 volta 21
8 20 Bélxica Thierry Boutsen Benetton-Ford 76 + 2 voltas 16
9 21 Italia Nicola Larini Osella 75 + 3 voltas 25
10 16 Italia Ivan Capelli March-Judd 72 + 6 voltas 22
Ret 12 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda 66 Colisión 1
Ret 30 Francia Philippe Alliot Lola-Ford 50 Colisión 13
Ret 15 Flag of Brazil.svg Maurício Gugelmin March-Judd 45 Sistema combustible 14
Ret 9 Italia Piercarlo Ghinzani Zakspeed 43 Caixa cambios 23
Ret 19 Italia Alessandro Nannini Benetton-Ford 38 Caixa cambios 6
Ret 24 España Luis Perez-Sala Minardi-Ford 36 Semieixo 15
Ret 5 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Judd 32 Colisión 5
Ret 22 Italia Andrea de Cesaris Rial-Ford 28 Motor 19
Ret 25 Francia René Arnoux Ligier-Judd 17 Motor 20
Ret 32 Flag of Argentina.svg Oscar Larrauri EuroBrun-Ford 14 Freos 18
Ret 18 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Arrows-Megatron 8 Motor 9
Ret 26 Flag of Sweden.svg Stefan Johansson Ligier-Judd 6 Motor 26
Ret 31 Italia Gabriele Tarquini Coloni-Ford 5 Suspensión 24
Ret 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Lotus-Honda 1 Colisión 11
Ret 36 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 0 Trompo 17
Ret 14 Francia Philippe Streiff AGS-Ford 0 Acelerador 12
NSC 2 Flag of Japan.svg Satoru Nakajima Lotus-Honda
NSC 10 Alemaña Bernd Schneider Zakspeed
NSC 23 España Adrián Campos Minardi-Ford
NSC 4 Flag of the United Kingdom.svg Julian Bailey Tyrrell-Ford
DSC 33 Italia Stefano Modena EuroBrun-Ford Excluido

Notas[editar | editar a fonte]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Clasificación no campionato de pilotos
Pos Piloto Puntos
1 Francia Alain Prost 24
2 Austria Gerhard Berger 14
3 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna 9
4 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet 8
5 Italia Michele Alboreto 6
Clasificación do campionato de construtores
Pos Construtor Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Honda 33
2 Italia Ferrari 20
3 Flag of the United Kingdom.svg Lotus-Honda 9
4 Flag of the United Kingdom.svg Arrows-Megatron 6
5 Flag of the United Kingdom.svg Benetton-Ford 4
  • Notas: Só están incluidos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de San Mariño de 1988
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1988
Carreira seguinte:
Gran Premio de México de 1988
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1987
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1989

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1988

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]