Circuíto urbano de Adelaida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto urbano de Adelaida
Plano do circuíto
Adelaide (short route).svg
Datos
Carreiras
Localización Adelaida Australia Australia
Lonxitude 3´780 km.
Curvas 16
Volta rápida (1993) 1:15.381
Piloto Record Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Escudería Record Williams Renault FW15C
Coordenadas 34°55′38″S 138°37′2″E / 34.92722°S 138.61722°E / -34.92722; 138.61722
Vista do Circuíto
Vista

No parque East Parklands, adxacente ao centro financeiro da cidade de Adelaida, no sur de Australia, sitúase o circuíto de carreiras urbano (34°55′45″S 138°37′15″E / 34.92917°S 138.62083°E / -34.92917; 138.62083) que albergou once veces o Gran Premio de Australia de Fórmula 1, entre 1985 e 1995, unha proba da American Le Mans Series a fins de 2000 (A carreira do milenio), e a carreira de V8 Supercars denominada 500 km de Adelaida desde 1999.

O circuíto transcorre por avenidas públicas da cidade de Adelaida, así como parte do hipódromo Vitoria Park, pasando polo mercado. É un circuíto que para ser urbano, alcánzanse velocidades medias realmente altas. A variante de 3,78 km de extensión foi utilizada nas carreiras de Fórmula 1 e American Le Mans Series, e a de 3,22 km nas do V8 Supercars.

Fórmula 1 en Adelaida[editar | editar a fonte]

Como o circuíto albergaba o final de cada tempada de Fórmula 1, nalgúns casos os campionatos decidíronse neste circuíto. O máis claro exemplo disto é o Gran Premio de Australia de 1994, cando Michael Schumacher e Damon Hill disputábanse o mundial de pilotos. Logo dun incidente moi polémico que tiveron ambos en carreira, non acabou ningún deles a proba, co que o título ía caer en mans do alemán. En 1986 tamén houbo unha disputa entre Alain Prost e Nigel Mansell, levándose o título o francés debido a un problema nun dos pneumáticos do automóbil do británico.

Durante os adestramentos libres do Gran Premio de Australia de 1995, Mika Häkkinen sufriu un aparatoso accidente que case lle custa a vida. A partir do seguinte ano, o Gran Premio de Australia de Fórmula 1 pasou a disputarse no Melbourne Grand Prix Circuit.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Adelaida[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1985 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 2:00:40,473 h 3,778 km 82 154,032 km/h 3. Novembro Flag of Australia.svg Australia
1986 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:54:20,388 h 3,779 km 82 162,609 km/h 26. Outubro
1987 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:52:56,144 h 3,779 km 82 164,631 km/h 15. Novembro
1988 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:53:14,676 h 3,780 km 82 164,225 km/h 13. Novembro
1989 Bélxica Thierry Boutsen Williams-Renault 2:00:17,421 h 3,780 km 70 131,981 km/h 5. Novembro
1990 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Benetton-Ford 1:49:44,570 h 3,780 km 81 167,399 km/h 4. Novembro
1991 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Honda 0:24:34,899 h 3,780 km 14 129,170 km/h 3. Novembro
1992 Austria Gerhard Berger McLaren-Honda 1:46:54,786 h 3,780 km 81 171,829 km/h 8. Novembro
1993 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Ford 1:43:27,476 h 3,780 km 79 173,183 km/h 7. Novembro
1994 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Williams-Renault 1:47:51,480 h 3,780 km 81 170,324 km/h 13. Novembro
1995 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault 1:49:15,946 h 3,780 km 81 168,130 km/h 12. Novembro

Record: G.Berger / A.Prost / A.Senna (2 Veces)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]