Richard Errett Smalley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Richard Smalley»)
Infotaula de personaFrank Sherwood Rowland

Richard Errett Smalley
Nome orixinal(en) Richard Smalley Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Richard Errett Smalley Editar o valor em Wikidata
6 de xuño de 1943
Akron, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte28 de outubro de 2005
Houston
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Leucemia linfoide crônica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeestadounidense
Educación
  • Universidade de Míchigan
  • Coñecido por
  • descubrimento dos fulerenos
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Química
  • Ocupaciónquímico , catedrático , científico Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade Rice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Familia
    Cónxuxe
  • Judith Grace Sampieri
  • JoNell Chauvin
  • Deborah Lynn Sheffield Smalley
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1996)

  • IMDB: nm2218951 Find a Grave: 12254050 Editar o valor em Wikidata


    Richard Errett Smalley, nado o 6 de xuño de 1943 en Akron, Ohio (Estados Unidos) e finado o 28 de outubro de 2005 en Houston, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Estudou química no Hope College e na Universidade de Míchigan, onde se graduó en 1965. En 1973 conseguiu o doutoramento na Universidade de Princeton, realizando posteriormente estudos postdoctorales na Universidade de Chicago, e converténdose en profesor de química na Universidade de Rice en Houston.

    Morreu o 28 de outubro de 2005 no hospital M.D. Anderson Cancer Center de Houston, situada no estado de Texas, a consecuencia dunha leucemia.

    Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

    O descubrimento por parte de Harold Walter Kroto dunha nova forma de cristalización xeométrica do carbono, constituída por dous átomos deste material, permitiu a Smalley, e ao seu colaborador da Universidade de Rice Robert Curl, a síntese química desta nova forma denominada fulereno, a cal converteuse na terceira forma máis estable do carbono tras o diamante e o grafito.

    En 1996 foi galardoado, xunto con Curl e Kroto, co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos fulerenos.

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Predecesor:
    Paul J. Crutzen,
    Mario J. Molina
    e
    Frank Sherwood Rowland
    Premio Nobel de Química

    1996
    con
    Robert Curl
    e Harold Walter Kroto
    Sucesor:
    Paul D. Boyer,
    John E. Walker
    e
    Jens Christian Skou