Premios Follas Novas do Libro Galego
Instancia de
Epónimo
País
Wikidata
Os Premios Follas Novas do Libro Galego [ 1] , coñecidos nas cinco primeiras edicións, entre 2016 e 2020, como Premios da Gala do Libro Galego , son uns galardóns que se entregan como parte dun evento cultural de carácter anual que ten por finalidade distiguir as mellores obras e iniciativas literarias a ano vencido[ 2] . Os convocadores son a Asociación Galega de Editoras , a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega [ 3] .
A primeira edición tivo lugar en 2016 e supuxo a conxunción de tres premios nun só[ 4] . Co xurdimento desta gala unificada, a AELG puxo termo á Gala das Letras ; a Asociación Galega de Editores deu por pechada a Noite da edición en Galicia e a Federación de Librarías de Galicia fixo o propio cos Premios Irmandade do Libro .[ 5] O deseño gráfico destes premios foi feito polo estudio creativo "Distrito Xermar".
O acto de entrega tivo lugar o 14 de maio de 2016 no Teatro Principal de Santiago [ 6] .
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Premio honorífico á libraría, pola FLG
Libraría Pedreira, de Santiago
Premio honorífico á editoria, pola AEG
Editorial Laiovento
Escritor galego universal, pola AELG
Pere Gimferrer
O acto de entrega tivo lugar o 20 de maio de 2017 no Teatro Principal de Santiago[ 7] .
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Premio honorífico á libraría, pola FLG
Libraría Platero, de Ourense
Premio honorífico ao editor, pola AEG
Ánxel Casal
Escritora galega universal, pola AELG
Hélia Correia
O acto de entrega tivo lugar o 19 de maio de 2018 no Teatro Principal de Santiago[ 8] .
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Autor
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Viñetas desde o Atlántico
-
Proxecto literario na rede
Caderno da crítica
Ramón Nicolás
Xornalismo cultural
Ana Romaní
-
Premio honorífico á libraría
Xurxo Patiño, da Libraría Librouro, de Vigo
-
Premio honorífico ao editor
Xavier Senín
-
Escritora galega universal
Isabel-Clara Simó
-
O acto de entrega celebrouse o 11 de maio de 2019, no Teatro Principal de Santiago[ 9] .
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Autor
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Asesoría de Bibliotecas Escolares
-
Proxecto literario na rede
Brétemas
Manuel Bragado
Xornalismo cultural
Revista Luzes
-
Premio honorífico á editoria
María Xosé Queizán
-
Premio honorífico á libraría
Antonio Fernández Maira
-
Escritora galega universal
Maria Teresa Horta
-
O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras da convocatoria o 9 de maio de 2020. Atendendo á situación causada pola pandemia do COVID19 , a organización do evento decidiu comunicar as deliberacións do xurado na data prevista e adiar a gala para o outono vindeiro en canto as condicións o permitisen. Os premios de honra que anualmente se conceden tamén na Gala do Libro Galego adiáronse ata a celebración deste acto.[ 10] Finalmente celebrouse o acto en Santiago de Compostela, o sábado 21 de novembro de 2020, en formato dixital desde a canle de YouTube .[ 11]
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Libraría Chan da Pólvora
Proxecto literario na rede
Kalandraka TV
Xornalismo cultural
María Yáñez
Premio honorífico á edición
Basilio Losada
Premio honorífico á libraría
Brañas Vedes, de Carballo
Escritora galega universal
Mariasun Landa
A gala dos premios celebrouse en Santiago de Compostela o 15 de maio de 2021, conducida por Quico Cadaval coa participación do cuarteto de saxofóns da Banda Municipal de Música de Santiago. Esta edición estivo patrocinada polo Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Cultura da Deputación da Coruña e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).[ 12]
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Autor
Editorial
Ensaio e investigación
Irmandiñas
Aurora Marco
Laiovento
Divulgación
Unha mente que voa
Xurxo Mariño
Edicións Xerais de Galicia
Narrativa
Un señor elegante
Suso de Toro
Edicións Xerais de Galicia
Infantil
Mar de mazá
Elvira Ribeiro
Editorial Galaxia
Xuvenil
O mal querer
Natalia Carou
Baía Edicións
Libro ilustrado
Contrahistorias de Galicia
Rita Gutiérrez (ilustr.)
Edicións Embora
Libro de banda deseñada
O derradeiro libro de Emma Olsen
Pablo Prado
Editorial Galaxia
Iniciativa bibliográfica
A lavandeira de San Simón
Eva Mejuto /Bea Gregores (ilustr.)
Edicións Xerais de Galicia
Tradución
A nosa Negra
Harriet E. Wilson , tradución de María Reimóndez
Hugin e Munin
Poesía
A Desvértebra
Ana Romaní
Chan da Pólvora
Teatro
Só un home bo
Raúl Dans
Edicións Positivas
Libro mellor editado
Nós outras
Marica Campo e Menchu Lamas
Chan da Pólvora
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Proxecto literario na rede
Galicia encantada, coordinada por Antonio Reigosa
Xornalismo cultural
Montse Dopico
Premio da Asociación Galega de Editoras
Xulio Amigo
Premio honorífico á libraría
Manuel Arenas
Escritor galego universal
José Luandino Vieira
A gala dos premios celebrouse no Teatro Principal de Santiago Santiago de Compostela o 7 de maio de 2022.[ 13]
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Autor
Editorial
Ensaio e investigación
Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista
Beatriz Busto Miramontes
Através Editora
Divulgación
H2… Oh!!! Pingas científicas
María Canosa
Editorial Galaxia
Narrativa
O cervo e a sombra
Diego Ameixeiras
Edicións Xerais de Galicia
Infantil
Neko
Eva Mejuto
Oqueleo
Xuvenil
santoamaro
Antonio Manuel Fraga
Edicións Xerais de Galicia
Libro ilustrado
A Coruña
David Pintor (ilustr.)
Kalandraka Editora
Libro de banda deseñada
Aldara. A lenda do cervo branco
Inés Vázquez
Demo Editorial
Iniciativa bibliográfica
Colección Chave Mestra
aCentral Folque
Tradución
Canto eu e a montaña baila
Irene Solá , tradución de María Alonso Seisdedos
Kalandraka Editora
Poesía
O que fica fóra
Manuel Rivas
Apiario
Teatro
As desterradas
Carme Varela
Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia
Libro mellor editado
O que fica fóra
Manuel Rivas
Apiario
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
Proxecto literario na rede
O Arquivo das Trasnas (Instagram)
Xornalismo cultural
Belén Regueira
Premio da Asociación Galega de Editoras
Xesús Alonso Montero
Premio honorífico á libraría
Mercedes Corbillón
Escritor galego universal
Ana Luísa Amaral
A gala dos premios celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 23 de abril de 2023 .[ 14] Os premios foron organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e Xunta de Galicia.
A gala foi conducida por Patricia de Lorenzo e a música púxoa o grupo Noar.[ 14]
Xurado: Cristina Barbeito Vázquez, David Cortizo Conde, Antonio M. Fraga Allegue , Tensi Gesteira , Lucía Novas Garrido , Monserrat Pena Presas , Nuria Vilán Prado .
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Autor
Editorial
Ensaio e investigación
A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea
Daniela Fernández Pérez
Edicións Xerais de Galicia
Divulgación
Memoria diversa [ 15]
Eva Mejuto
Deputación da Coruña
Narrativa
Os seres queridos
Berta Dávila
Edicións Xerais de Galicia
Infantil
O neno de lume
Ledicia Costas (autora) e Iván R. (ilustrador)
Edicións Xerais de Galicia
Xuvenil
A ladroa da biblioteca de Meirás
Eva Mejuto
Edicións Xerais de Galicia
Libro ilustrado
Verme
Federico Fernández e Germán González
Kalandraka Editora
Libro de banda deseñada, gráfico e humor
Roxín Roxal. A daga do conde
Manel Cráneo e Brais Fierro
Demo Editorial
Iniciativa bibliográfica
Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural
Chévere
Kalandraka Editora
Tradución
Léxico familiar
Natalia Ginzburg , tradución de María Alonso Seisdedos
Editorial Laiovento
Poesía
Barroco
Antía Otero
Apiario
Teatro
As alumnas
Paula Carballeira
Editorial Galaxia
Libro mellor editado
Barroco
Antía Otero
Apiario
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Premio Promoción da lectura
Traballadoras das Bibliotecas municipais da Coruña
Premio da Asociación Galega de Editoras
Ediciós do Castro
Premio honorífico á libraría
Libraría Numax, de Santiago de Compostela
Escritor galego universal
Lydia Cacho
A gala dos premios celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 11 de maio de 2024 .[ 16] Os premios foron organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. E co apoio da Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e Xunta de Galicia.
A gala foi conducida por Diego Barato e a música puxérona Diego Salgado e Pablo Pazo.[ 16]
Xurado: Andrea Barreira , David Cortizo , Beatriz Fariñas, Lorena Gómez, Carlos Negro , Arancha Nogueira e María Villaverde.
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Autor
Editorial
Ensaio e investigación
Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo
Francisco Xosé Fernández Naval
Editorial Bululú
Divulgación
O cento voando. Amores, alianzas emonogamias
Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París (coord.)
Edicións Xerais de Galicia
Narrativa
Cinco corujas
Susana Sanches Arins
Através Editora
Infantil
A botella de lentellas
Leticia Barbadillo
Edicións Xerais de Galicia
Xuvenil
Burbullas de calma serena
Andrea Maceiras
Cuarto de Inverno
Libro ilustrado
Maruja Mallo. Enigmaticamente única
Bea Gregores (i) María Canosa
Editorial Bululú
Libro de banda deseñada, gráfico e humor[ 17]
Fago o que podo
Afra Torrado
Rodolfo e Priscila
Iniciativa bibliográfica
Colección Candemaia
Edicións Laiovento
Tradución
Deiche os ollos e miraches as tebras
De Irene Solá . María Alonso Seisdedos
Ed. Kalandraka
Poesía
Retratos de vodas, partos e funerais
Silvia Penas
Editorial Galaxia
Teatro
Festas de gardar. Díptico para a resistencia
Lorena Conde
Cuarto de Inverno
Libro mellor editado
O gran libro dos nosos montes
Blanca Millán
Cumio Ed.
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Premio Promoción da Lectura
Espazo Lectura de Gondomar
Premio da Asociación Galega de Editoras
Francisco Porrúa
Premio honorífico á libraría
Libraría Eixo, de Ourense
Escritor galego universal
Joseba Sarrionandía
A gala dos premios celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 26 de abril de 2025 . Os premios foron organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. E co apoio da Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos).[ 18] [ 19]
A gala foi conducida polo actor Xosé Barato , acompañado pola música en directo do dúo Mr Cool & Rubén Servide, cun formato de guitarra e saxofón.[ 20]
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Autor
Editorial
Ensaio e investigación
Abril é un país
Tereixa Constenla
Editorial Kalandraka
Divulgación
Rotas (As mulleres que o franquismo agochou en Compostela)
Montse Fajardo
Edicións Positivas
Narrativa
A noite das cebolas
Rosa Aneiros
Edicións Xerais de Galicia
Infantil
Como escorrentar un lobo,
Antonio Manuel Fraga
Cuarto de Inverno
Xuvenil
Cartas na escuridade
Lois Pérez
Cuarto de Inverno
Libro ilustrado
Papóns
Sandra Lodi
Editorial Galaxia
Libro de banda deseñada, gráfico e humor
Presas fáciles. Voitres
Miguel Anxo Prado
Retranca Editora
Iniciativa bibliográfica
Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina
Tempo Galiza Editora
Tradución
Os caravanistas de Elizabeth von Arnim
Celia Recarey
Irmás Cartoné
Poesía
Os pozos elegantes das clavículas
María Álvarez Landesa
Alvarellos Editora
Teatro
Ubasute
Paula Carballeira
Editorial Galaxia
Libro mellor editado
O libro das abellas
Autoría coral
Apiario
Modalidade
Obra, personalidade ou proxecto premiado
Premio Promoción da Lectura
Feira Culturgal (Pontevedra ).
Premio da Asociación Galega de Editoras
Manuel Bragado
Premio honorífico á libraría
Rafael Silva de Follas Novas (Santiago)
Escritora galega universal
Shahd Wadi
↑ Chío da organización no que anuncia o cambio de nome. 30 de xaneiro de 2021
↑ Gala do Libro Galego 2017 , na páxina da AELG.
↑ A Gala do Libro Galego xa ten finalistas , nova en Praza Pública o 10 de abril de 2017.
↑ "Nace la Gala do Libro Galego tras un acuerdo histórico del sector" . Faro de Vigo (en castelán ) . 21-11-2015. Consultado o 2-7-2019 .
↑ I Gala do Libro Galego , na páxina da AELG.
↑ Gañadores da I Gala do Libro Galego Arquivado 11-04-2017 en Wayback Machine . na páxina da Asociación Galega de Editoras.
↑ Gañadores da II Gala do Libro Galego na páxina da Asociación Galega de Editoras.
↑ "Obras gañadoras dos Premios da III Gala do Libro Galego" . www.aelg.gal . Consultado o 19-5-2018 .
↑ "Gala do Libro Galego 2019" . www.aelg.gal . 11-5-2019. Consultado o 2-7-2019 .
↑ "Obras gañadoras dos Premios da V Gala do Libro Galego" . AELG. Arquivado dende o orixinal o 27/01/2021. Consultado o 13/5/2020 .
↑ "A GALA DO LIBRO GALEGO 2020 CELEBROU, EN FORMATO VIRTUAL, A SÚA QUINTA EDICIÓN" . Asociación Galega de EDITORES . 2020-11-25. Consultado o 2020-12-08 .
↑ "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021" . Asociación Galega de EDITORAS . 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16 .
↑ "Os Follas Novas premian a Diego Ameixeiras, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e David Pintor" . Asociación Galega de EDITORAS . 2022-05-07. Consultado o 2022-05-07 .
↑ 14,0 14,1 "Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2023" . www.aelg.gal . Consultado o 2023-04-23 .
↑ culturagalega.org (2023-04-24). "Os nomes femininos predominan no palmarés dos galardóns do sector do libro" . culturagalega.org (en castelán ) . Consultado o 2025-05-15 .
↑ 16,0 16,1 Diario, Nós (2024-05-11). "Premios Follas Novas do Libro Galego: olla aquí todos os galardóns da novena edición" . Nós Diario . Consultado o 2024-05-12 .
↑ "Gañadoras dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024" . editorasgalegas.gal . 11 de maio de 2025. Consultado o 16 de xuño de 2025 .
↑ Redacción (2025-04-27). "Aplausos al premiado librero compostelano Rafael Silva" . El Correo Gallego (en castelán ) . Consultado o 2025-04-27 .
↑ "Rosa Aneiros, María Álvarez Landesa e Paula Carballeira acadan os premios Follas Novas" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 2025-04-27. Consultado o 2025-04-27 .
↑ asociacionescritoras-es (2025-04-23). "Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025 Axenda cultural AELG" . Consultado o 2025-04-27 .