José Antonio Abad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

José Antonio Abad Varela, nado na Coruña en 1940, é un psicólogo infantil, divulgador da música clásica e escritor de literatura infantil galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou psicoloxía na Universidade de Sevilla e pedagoxía en Italia. Traballou como psicólogo infantil en Andalucía e foi presidente da Asociación de Escolas Infantís de Andalucía, e logo de volver a Galicia desenvolveu o seu labor profesional nos servizos sociais do concello da Coruña, dirixindo o Departamento de Programas de Divulgación da Música entre 1992 e 2005[1]. É autor dos libros infantís dedicados á divulgación da música clásica O oso fabuloso (2004), Hércules e Crunia (2005), As catro estacións. Vivaldi (2012) e O carnaval dos animais (2013), que foi finalista do Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Breve biografía en Kalandraka" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  2. "Coñécense os finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición de 2013". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015.