Hélia Correia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHélia Correia
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculdade de Letras da Universidade de Lisboa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , dramaturga , tradutora , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm5571806 Bitraga: 472 Musicbrainz: 82abd689-3584-4dfc-a84e-d4b80b1f5a90 Editar o valor em Wikidata

Hélia Correia, nada en Lisboa en febreiro de 1949, é unha escritora e tradutora portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hélia Correia naceu en Lisboa en febreiro de 1949, e creceu en Mafra, terra da familia materna, na cal frecuentou o ensino primario e secundario.[1][2] Finalizou os estudos secundariosen Lisboa, cidade onde tamén estudou na Facultade de Letras.[3] Licenciouse en Filoloxía Románica, concluíndo, máis tarde, unha posgraduación en Teatro da Antigüidade Clásica. Foi profesora de Lingua Portuguesa do ensino secundario.[3] Foi tamén responsábel de diversas traducións.[4]

Comezou a publicar poesía en páxinas literarias de xornais (Diário de Lisboa, República e A Capital), revistas (Vértice) e antoloxías en 1968.

En 1981, estreouse na novelística con O Separar das Águas. En 1982, foi a vez de O Número dos Vivos. A novela Montedermo, escenificada polo grupo O Bando, acabou por dar á autora un certo renome. Enfoque ese que reflicte, desde moi cedo, o gusto da autora polo teatro e pola Grecia Clásica.[5] Destacan tamén, na súa produción literaria, as novelas Casa Eterna e Soma. Xa en poesía, hai que salientar A Pequena Morte/Esse Eterno Canto.[5] En 2010, Hélia Correia publicou a novela biográfica Adoecer, na que aborda a historia de amor entre Elisabeth Siddal e o poeta e pintor prerafaelista Dante Gabriel Rossetti. En 2012 publica a obra A Terceira Miséria, que foi dobremente premiado na modalidade de Poesía.

En 2015 foi galardoada co Premio Camões.En 2017 foi distinguida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como Escritora Galega Universal.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O Separar das Águas (1981).
  • O Número dos Vivos (1982). Ed. de 1997. Relógio D'Água. 135 páxs.
  • Montedemo (1983). Ed. de 1987 Relógio D'Água. 56 páxs.
  • Villa Celeste - Novela ingénua (1985). Ulmeiro. Coisas.
  • Soma (1987). Ed. de 2006 en Relógio D'Água. 110 páxs.
  • A Fenda Erótica (1988). O Jornal. 159 páxs.
  • A luz de Newton (1988). Relógio D'Água. 62 páxs.
  • A Casa Eterna (1991). Dom Quixote. 242 páxs. Ed. de 2005 en Relógio D'Água.
  • Insânia (1996). Ed. de 2007 en Relógio D'Água. 225 páxs.
  • Lillias Fraser (2001). Relógio D'Água. 292 páxs. É uunha novela histórica, que decorre entre 1746 e 1762, na Escocia e en Portugal.
  • Antartida de mil folhas (2001).
  • Fascinação Seguido de A Dama Pé-de-Cabra de Alexandre Herculano (2004). Relógio D'Água. 70 páxs.
  • Bastardia (2005). Relógio D'Água. 82 páxs.
  • Contos de Hélia Correia (2008). Relógio D'Água. 116 páxs. Son seis: : Eirene, Capadores, Nessa Noite, Sul, Doroteia e A Compaixão.
  • Adoecer (2010). Relógio D'Água. 304 páxs.
  • Vinte degraus e outros contos (2014). Relógio D'Água. 128 páxs.
  • O Separar das Águas e Outras Novelas (2015). Relógio D'Água. 224 páxs. O Separar das Águas, Villa Celeste, Soma.
  • Um Bailarino na Batalha (20018). Relógio D'Água. 120 páxs. Hélia Correia evoca a crise actual dos refuxiados en busca dunha esperanza de vida na Europa, o continente como terra de salvación. Tamén o papel das mulleres, que gañam voz e importancia no grupo fraonte ao dominio do home, recibe a atención da autora.[7]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A Pequena Morte (Hélia Correia) / Ese Eterno Canto (Jaime Rocha) (1986). Black Sun Editores.[8]
  • Apodera-te de Mim/Tene Me (2002). Black Sun.[9]
  • A Terceira Miséria (2012). Relógio D'Água. 56 páx. Longo poema dividido en 32 seccións: «A terceira miséria é esta, a de hoje. / A de quem já não ouve nem pergunta. / A de quem não recorda».

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Perdição, Exercício sobre Antígona (1991). Ed. de 2007 en Relógio D'Água. 64 páxs.
  • Florbela (1991). No Teatro Maizum.[10]
  • O Rancor, Exercício sobre Helena (2000). Relógio D'Água. 112 páxs.
  • O Segredo de Chantel (2005).[11]
  • Desmesura – exercício com Medeia (2007). Relógio D'Água. 60 páxs. Estreada en 2019 por Escola da Noite.[12]
  • A teia (2008). Imprensa Nacional Casa da Moeda. 24 páx.
  • A Ilha Encantada (2008). Relógio D'Água. 144 páxs. Versión xuvenil de William Shakespeare.

Para a Infancia[editar | editar a fonte]

  • A Luz de Newton (1998). Ed. de 2005 en Relógio D'Água. 72 páxs. 7 Historias de Cores
  • Mopsos - O Pequeno Grego. O ouro de Delfos (2004). Relógio D'Água. 136 páx.
  • Mopsos - O Pequeno Grego. A coroa de Olímpia (2008). Relógio D'Água. 138 páx.
  • A Chegada de Twainy (2011). Relógio D'Água. 112 páxs.

Colectivos[editar | editar a fonte]

  • Contos Policiais (2008). Dulce Maria Cardoso, Francisco José Viegas, Gonçalo M. Tavares, Hélia Correia, Mafalda Ivo Cruz, Mário Cláudio, Ricardo Miguel Gomes, Rui Zink e Valter Hugo Mãe. Porto Editora. 160 páxs.
  • Contos de Vampiros (2009). Ana Paula Tavares, Gonçalo M. Tavares, Hélia Correia, João Tordo, Jorge Reis-Sá, José Eduardo Agualusa, Miguel Esteves Cardoso, Rui Zink e Susana Caldeira Cabaço. Porto Editora. 144 páxs.
  • As troianas (2018). Con Jaime Rocha. Imprensa da Universidade de Coímbra. 113 páxs. Historia.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1991: Premio Máxima de Literatura.
  • 2001: Prémio de Ficção do Pen Club por Lillias Fraser.
  • 2001: Premio D. Denis.
  • 2003: Grande Prémio de Teatro Português SPA por A teia.
  • 2002: Premio PEN Clube Portugués de Novelística por Lillias Fraser.
  • 2005: Premio Camões.[3]
  • 2006: Premio Máxima de Literatura.
  • 2012: Premio literario Correntes d'Escritas/Casino da Póvoa por A Terceira Miséria.
  • 2013: Premio Vergílio Ferreira.
  • 2013: Premio PEN Clube Portugués de Poesía.
  • 2018: Grande Premio de Romance e Novela APE/DGLAB por Um Bailarino na Batalha.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. SAPO. "Pesquisa". SAPO (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  2. Lucas, Luís Miguel Queirós, Kathleen Gomes, Isabel Coutinho, Isabel. "Hélia Correia é a vencedora do Prémio Camões". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  3. 3,0 3,1 3,2 D'água, Relógio (2015-06-17). "Hélia Correia recebe Prémio Camões". Relógio D'Água Editores (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  4. Renascença. "Renascença - A par com o mundo.". Rádio Renascença (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  5. 5,0 5,1 Infopédia. "Hélia Correia - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  6. "Escritora Galega Universal 2017: H\u00E9lia Correia". www.aelg.gal. Consultado o 2020-04-10. 
  7. "Um Bailarino na Batalha - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  8. Santos, Hugo Pinto. "Troianas “redux”". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  9. Brás, António. "Fala de mulher". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  10. "Florbela: Flobela Espanca". purl.pt. 
  11. "Hélia Correia «" (en portugués). Consultado o 2020-04-10. 
  12. "A Escola da Noite estrea en Coimbra 'Desmesura', de Hélia Correia". Erregueté (en portugués). 2019-10-10. Consultado o 2020-04-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Conexións externas[editar | editar a fonte]