Saltar ao contido

A señora Dalloway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A señora Dalloway
Imaxe
 Instancia de
 Título
Mrs Dalloway (en)
Mrs. Dalloway (en)
Mistress Dalloway (en)
Eine Frau von 50 Jahren (de)
Eine Frau von fünfzig Jahren (de)
Pani Dalloway (pl) Editar o valor en Wikidata
 Representa a
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
 Medio usado
Obras e produtos
 Edicións
 Obra derivada
 Ambientado en
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
14 de maio de 1925 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF174245841 Editar o valor en Wikidata
OCLC20932825 Editar o valor en Wikidata
Goodreads841320 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL39349W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01g5nl Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A señora Dalloway[1] (título orixinal en inglés: Mrs Dalloway) é a cuarta novela de Virginia Woolf, publicada o 14 de maio de 1925. Detalla un día na vida de Clarissa Dalloway, na Inglaterra posterior á primeira guerra mundial. A revista Time incluíu a novela na súa lista de 100 mellores novelas en lingua inglesa entre 1923 e 2005.[2]

A novela segue a Clarissa Dalloway a través dun só día en Inglaterra despois da gran guerra nunha narrativa de estilo de fluxo de consciencia. Construída a través de dúas pequenas historias que Woolf escribira previamente («A señora Dalloway en Bond Street» e a súa inconclusa «O Primeiro Ministro») a historia da novela son os preparativos de Clarissa para unha festa que vai ofrecer esa noite. Usando a perspectiva interior da novela, Woolf móvese cara a atrás e adiante no tempo, e dentro e fóra da mente de varios personaxes para construír unha imaxe completa, non só da vida de Clarissa, senón da estrutura social de entreguerras. Debido a similitudes estruturais e estilísticas, comunmente crese que A señora Dalloway é unha resposta ó Ulises de James Joyce, un texto que é admirado como unha das grandes novelas do século XX, algo que Woolf anticipou, eloxiando a obra no seu ensaio "Modern Fiction".[3] Porén, a Hogarth Press, administrada por ela e o seu esposo Leonard, non puido publicar o Ulises en Inglaterra debido, entre outras causas, ás restricións de uso de linguaxe obscena que rexían na Inglaterra da época. Fundamentalmente, A señora Dalloway explora en novos terreos e busca presentar un aspecto diferente da experiencia humana.

Foi traducida ó galego por Celia Recarey[4] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2018.[1]

  1. 1,0 1,1 A señora Dalloway. Traducido por Celia Recarey (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2018. ISBN 978-84-948421-2-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "The Complete List | TIME Magazine - ALL-TIME 100 Novels". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2005. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  3. Rainey, Lawrence S. Modernism: an anthology Wiley-Blackwell, 2005 en Google Books. Consultado o 4 de agosto de 2010
  4. Irmás Cartoné (ed.). "A señora Dalloway, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019.