María Canosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Canosa
María Canosa (vertical).jpg
Nome completoMaría Canosa Blanco
Nacemento20 de agosto de 1978
Lugar de nacementoCee
Nacionalidadeespañola
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónenxeñeira civil, escritora de literatura infantil e xuvenil
PaiManuel Canosa Santamaría
NaiConcha Blanco
Fillosdúas fillas
Linguagalego
Coñecida pora súa participación como xurado en programas concurso da TVG
EstudosLicenciada en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
Profesiónenxeñeira civil, escritora
PremiosVéxase o texto
Na rede
AELG: 315 Dialnet: 2614813
editar datos en Wikidata ]

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de Camiños, Canais e Portos galega,[1] coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla da escritora Concha Blanco Blanco e do profesor e escultor Manuel Canosa Santamaría[4], trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios, titulándose como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.[5]

Traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.

María Canosa e Jorge
María Canosa e Jorge Mira son os expertos do concurso Coma un allo da TVG
Presentadores de Coma un allo da TVG

Colabora como articulista en La Voz de Galicia,[6] e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011,[7] ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.

Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obra Muriel.[8][9]

Obra[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Dezaseis relatos, 1995, Concello de Pontedeume.
  • Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte.
  • Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
  • O trasno rebuldeiro (Antoloxía de literatura infantil da Costa da Morte), 1997, Asociación Neria.
  • Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón.
  • Narradoras, 2000, Xerais.
  • Achegamento ao libro, 2001.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Tres blues e un rap, 2008, Galix-Xunta de Galicia.
  • Ditos sobre o libro e a lectura, 2009. Concello da Coruña.
  • Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, 2012, Endymion Poesía.
  • O libro dos Reis Magos, 2012, Xunta de Galicia.
  • Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Será correcto?, con Concha Blanco, 2016, Hércules de Edicións.
  • Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.
  • Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[16]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Canosa". Edicións Xerais de Galicia. 
  2. "Canosa , María". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-03-07. 
  3. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-07. 
  4. "Una boda muy literaria". La Voz de Galicia. 4 de xuño de 2010. 
  5. "María Canosa Blanco Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-03-07. 
  6. "María Canosa". La Voz de Galicia. 
  7. "María Canosa, nova colaboradora de "Cifras e Letras": «Gústanme tanto as ciencias coma as letras, a técnica aliméntame a cabeza e a literatura, o corazón»". CRTVG. 20 de setembro de 2011. 
  8. "María Canosa: «’Muriel’ naceu da necesidade de espir os sentimentos, ao calado, en voz baixa»". Edicións Xerais de Galicia. 3 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 01 de febreiro de 2019. 
  9. Patricia Blanco (31 de outubro de 2017). "«Muriel», o premio Merlín de María Canosa, xa na rúa". La Voz de Galicia. 
  10. "Emilia Pardo Bazán. Una mente poderosa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12. 
  11. Nicolás, Ramón (2022-11-30). "Saínza, a punkiereteira, de Cristian F. Caruncho e María Canosa". Caderno da crítica. Consultado o 2022-12-30. 
  12. Acosta, Susan (2022-12-30). "«Saínza, a punkiereteira» e o espírito tanxugueiro". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-12-30. 
  13. "“Non é París”, a nova novela de María Canosa". bolanda.es. Consultado o 2023-03-07. 
  14. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11. 
  15. "La Peregrina Gastrónoma". Somos Libros (en castelán). Consultado o 2023-03-07. 
  16. "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10. 
  17. "María Canosa, Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña". La Voz de Galicia. 2022-05-31. Consultado o 2022-06-01. 
  18. culturagalega.org (2022-12-30). "A obra gañadora aborda a problemática dos nenos con Asperger". culturagalega.org. Consultado o 2022-12-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]