David Álvarez Martínez
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
David Álvarez Martínez | |
---|---|
Nacemento | 1972 |
A Estrada | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | tradutor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
David A. Álvarez Martínez, nado na Estrada en 1972, é un xermanista e tradutor galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Filoloxía inglesa e alemá pola Universidade de Santiago de Compostela. Por outra banda, formouse en lingua sueca durante a súa etapa en Madrid (na Escola de Idiomas Jesús Maestro) e máis tarde durante a súa estadía entre 2013 e 2015 en Estocolmo.
É membro e secretario da Asociación Galega de Xermanistas.
Exerce a docencia no departamento de alemán da EOI de Santiago de Compostela, en paralelo ao labor como tradutor dende o sueco.
Traducións[editar | editar a fonte]
- A Terra de Anna, de Jostein Gaarder (Kalandraka, 2017)
- Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren (Kalandraka, 2017)
- Pippi Mediaslongas embarca, de Astrid Lindgren (Kalandraka, 2018)
- Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur, de Astrid Lindgren (Kalandraka, 2019)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia, 21 de setembro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Pippi Långstrump xa é parte da alma sueca", Palabradegatsby.com, 14 de novembro de 2017.