María Alonso Seisdedos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Alonso Seisdedos
Nacemento1961
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutora
editar datos en Wikidata ]

María del Carmen Alonso Seisdedos, nada o 7 de decembro de 1961, é unha tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Barcelona e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traduce desde o inglés, francés, portugués, italiano, alemán, catalán e castelán, principalmente ó galego.[1]

Desde o ano 1986, traduciu para dobraxe e subtitulación multitude de produtos audiovisuais ó galego.[2] Realizou correccións ortotipográficas e de estilo para editoras galegas[1].

No ano 2009 iniciouse na tradución literaria e verteu ó galego autores como Orhan Pamuk, Kazuo Ishiguro e Herman Koch, así como obras de literatura infantil e xuvenil.[1]

Distincións[editar | editar a fonte]

Foi galardoada co Premio á Mellor Tradución de 2009 da Asociación de Escritores en Lingua Galega por O museo da inocencia[3] e co Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Adultos Traducido en 2011 por O libro negro[4], ambas de Orhan Pamuk e co-traducidas con Bartug Aykan.

Tamén foi distinguida co Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido en 2013, por Ulises de James Joyce (obra cotraducida con máis autores), libro polo que tamén recibiu o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido en 2013, o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia ao mellor libro do 2013, o Premio da AELG á mellor tradución do 2013 e o Premio Nacional de Tradución de España en 2014[5].

En 2018 foi distinguida co primeiro Premio Xela Arias, organizado pola AGPTI[6].

Obras traducidas[editar | editar a fonte]

Traduciu unha gran cantidade de obras desde diversas linguas[7][8][9]:

Obras literarias[editar | editar a fonte]

  • O museo da inocencia, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan
  • Neve, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan
  • Nocturnos, de Kazuo Ishiguro (Editorial Galaxia, 2010)
  • O libro negro, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2011) con Bartug Aykan
  • Chámome vermello, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2012) con Bartug Aykan
  • A cea, de Herman Koch (Editorial Galaxia, 2012) con Antón Vialle
  • Ulises, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2013) con Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle
  • As lentes de ver de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • Carliños Súper M de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • O rabaño de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • Os camiños das árbores de Pep Bruno (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • Grazas! de Charo Pita (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • Kiwi: un paxaro máis ben raro de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2014)
  • O rei dos animais de Miguel Tanco (Ediciones La Fragantina, 2015)
  • Osiño, a vella xirafa e o valado de pedra de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2015)
  • Só un reloxo de Roberto Aliaga (Ediciones La Fragantina, 2015)
  • Un día no mar de Paula Carbonell (Ediciones La Fragantina, 2015)
  • O enigma de Qaf de Alberto Mussa (NovoVinilo Edicións, 2015)
  • Nemo, o rapaz sen nome, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2016)
  • O momento perfecto de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2016)
  • Reckless. O fío de ouro, de Cornelia Funke (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
  • Nemo, o xigante de pedra, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
  • O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai (Edicións Xerais de Galicia, 2017)
  • A concesión do teléfono, de Andrea Camilleri (NovoVinilo Edicións, 2017)
  • Sombras de reis barbudos, de José J. Veiga (NovoVinilo Edicións, 2017)
  • A casa do sono, de Jonathan Coe (NovoVinilo Edicións, 2017)
  • O año que é un porquiño, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
  • Porque te quero moito, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
  • O granxeiro e o veterinario, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle
  • O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris (Edicións Xerais de Galicia, 2019)
  • Mulleres e poder, de Mary Beard (Hércules de Ediciones, 2019)
  • O chuvasqueiro de Aurora, de María Márquez (Bellaterra Edicions, 2020)
  • A muller do porvir, de Concepción Arenal (Consello da Cultura Galega, 2020)
  • Na néboa, de Richard Harding Davis (Hugin e Munin, 2020)
  • A contrapelo. Ou por que rachar co círculo da depilación, submisión e autoodio, de Bel Olid (Embora, 2020)
  • Fodemos? De que non falamos cando falamos de sexualidades, de Bel Olid (Embora, 2021)
  • Unha educación, de Tara Westover (Hércules de Ediciones, 2021)
  • Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà (Kalandraka, 2021)

Obras audiovisuais[editar | editar a fonte]

Entre outras obras, traduciu ó galego para a súa posterior emisión en Televisión de Galicia[10]:

Notas[editar | editar a fonte]