Apiario Editora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apiario Editora
Logo
Tipoeditorial
Data de fundación2014
Fundador(es)Dores Tembrás e Antía Otero
SedeA Coruña
EnderezoRúa Eduardo Pondal 4, entrechán esquerda. 15004
PaísGalicia
Na rede
http://apiario.eu/
Facebook: APIARIO Twitter: apiario_ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Apiario Editora é unha editorial galega fundada en 2014 e radicada na Coruña. Está dirixida por Antía Otero e Dores Tembrás.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Antía Otero (no medio) presentando a Editora na Libraría Paz de Pontevedra, con Miriam Ferradáns (esquerda) e Elvira Ribeiro (dereita). Xaneiro 2020.

O seu catálogo contén literatura actual. Publica exclusivamente libros en galego, ademais dunha colección de obxectos. O fondo editorial en 2018 era de 11 títulos. A editorial tamén imparte cursos (presenciais na súa sede ou ben en liña) para centros de ensino e institucións públicas e privadas.

O primeiro libro publicado por Apiario foi Celebración, de Gonzalo Hermo, que saíu do prelo en 2014. A obra foi traducida ao catalán, e recibiu o Premio da Crítica de poesía galega no 2014 e o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no 2015.

O nome da editorial, Apiario, está tomado do ámbito da apicultura, como forma de representación da creación en comunidade, o traballo artesán e a comunicación para a creación do libro. Deste modo, as distintas coleccións tamén teñen nomes relacionado co mesmo ámbito.

Obras[editar | editar a fonte]

A editorial traballa con diferentes xéneros: ensaio e divulgación, poesía e literatura infantil.

As coleccións son:

As obras publicadas foron:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]