Silvia Penas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silvia Penas
Silvia Penas.jpg
Nacemento6 de outubro de 1980
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpoeta
PremiosPremio de poesía Victoriano Taibo, Premio Lueiro Rey de poesía e Premio de poesía Avelina Valladares
editar datos en Wikidata ]

Silvia Penas Estévez, nada en Vigo o 6 de outubro de 1980, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Realizou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e exerceu como profesora de lingua e literatura galega.

Ten participado en recitais do colectivo das Redes Escarlata, ao que pertence.

Participou na creación da peza teatral Sofía e as postsocráticas da Compañía Inversa teatro, na que actuou e achegou textos. Creou co músico Jesús Andrés Tejada do grupo de poesía escénica Cintaadhesiva[1], encargándose do texto e da voz.[2]

Entre o 2014 e o 2016 encargouse da organización e impartición dos cursos de Slam (spoken word) do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do Concello de Vigo.[3] Imparte obradoiros de poesía en Vigo e contorna.

En febreiro de 2019 o concello de Vigo grava en bronce os seguintes versos na rúa peonil do Príncipe xunto con algúns de María Reimóndez e María Xosé Queizán.[4][5][6]

"A elas
que nos edificaron
polas marxes do Lagares..."

Nunha cita sobre a arte poética afirma: "A poesía é unha clase de perseveranza sobre o terreo queimado, a confianza en que, en lugar de que volva arder, alume".[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Con Tamara Andrés e Marcus Daniel Cabada en Pontevedra en 2019
  • As uñas crecen (2014). Sotelo Blanco. 44 páxs. ISBN 978-84-7824-633-5.[8]
  • Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores (2016). Fervenza. 54 páxs. ISBN 978-84-944750-1-6 .[9]
  • Fronteira paraíso (2019). Fotografías de Andrés Tejada. Editorial Urutau. Brasil. 64 páxs. Area Erina di do libro: "A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín…Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar".[10]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2005: Premio de poesía da Universidade de Vigo por Neste bosque, poema en cinco partes.
  • 2007: Premio do Certame Galego de Creadores GZ Crea por A tiranía do des.
  • 2012 Premio de poesía Victoriano Taibo por Biografía da Multitude, libro escrito xunto a Elvira Riveiro. Gañou o premio ex aequo con Cuarto Minguante, de María Carmen Caramés Gorgal.
  • 2012: Premio Lueiro Rey de poesía por As uñas crecen.[13]
  • 2013: Foi gañadora do Slam Arousa e do I Slam Vigo e seleccionada para participar no Slam estatal en Madrid e no Slam Internacional de Barcelona durante o ano 2013.
  • 2015: Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada no 2015, por Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores.[14]
  • 2018: Residencia artística internacional para creación de performance poética. Poetri Slam Lisboa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cinta Adhesiva ofrece poesía, música, vídeo y teatro". La Voz de Galicia (en castelán). 14/9/2018. Consultado o 24/6/2019. 
  2. "Silvia Penas Estévez". Editora Urutau. Consultado o 3/2/2019. 
  3. "Silvia Penas". orquestaclasica.com. Arquivado dende o orixinal o 04/02/2019. Consultado o 3/2/2019. 
  4. "La calle Príncipe respira poesía con nombre de mujer". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 26/6/2019. 
  5. "Los nuevos poemas que te encontrarás cuando camines por Príncipe - Vigoe.es". www.vigoe.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26/06/2019. Consultado o 26/6/2019. 
  6. "Más nombres de la poesía en Príncipe". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 26/6/2019. 
  7. "Silvia Penas". As Escollas Electivas. asescollaselectivas. 19/9/2012. Consultado o 3/2/2019. 
  8. "As uñas crecen, de Silvia Penas e Río Alzheimer, de Carlos Pereira Martínez". Caderno da crítica. 4/10/2013. Consultado o 3/2/2019. 
  9. "Silvia Penas: “a poesía ofrece a posibilidade de que o terreo queimado alume”". Noticias de Galicia. Consultado o 2019-02-03. 
  10. "fronteira paraíso". Editora Urutau. Consultado o 3/2/2019. 
  11. "Biografía da multitude. Instituto de Estudios Miñoranos. LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 3/2/2019. 
  12. "150 Cantares para Rosalía" (PDF). rosalia.gal. Consultado o 3/2/2019. 
  13. "Silvia Penas gaña a primeira edición do Lueiro Rey de poesía". Nós Diario. Consultado o 2020-04-17. 
  14. C, R (18 de setembro de 2015). "Silvia Penas gaña tamén o Avelina Valladares de poesía". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 18 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]