Manel Cráneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManel Cráneo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesManel Cráneo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de banda deseñada , ilustrador , músico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: manelcraneo Instagram: manelcraneo LinkedIn: manel-cráneo-88a95141 Tebeosfera: craneo_manelEditar o valor em Wikidata

Manuel Ángel Pena Vilar, coñecido como Manel Cráneo,[1] nado na Coruña en 1973, e un debuxante, ilustrador e músico galego.[2][3]

É historietista, ilustrador, prologuista, humorista, gráfico, caricaturista, guionista, debuxante, articulista, tradutor, colorista, portadista, autor, asesor, técnico, editor e animador.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña.

Na década de 1990 promoveu fanzines. Participou nas dúas etapas da revista Golfiño coa serie "A fraga Milmañas" con guións de Carlos Amil. Colaborou con A torre dos mouros, Viralatas, Os áridos, 10 anos de BD galega, Caña, Ovo, BD Banda, Barsowia e Subterfuge.[2] Tamén en Dos Veces Breve, GPS, Costra de Postre, Bravú, Subterfuge Comics, Interea Visual, Boletín Galego de Literatura.[5]

Foi presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Foi promotor con Kike Benlloch do Colectivo Chapapote, nos tempos do Prestige. Traballou en cartelismo e publicidade, foi o responsable do storyboard de diversos filmes como O lapis do carpinteiro e curtametraxes como A ti como se che di adeus.[2]

A súa obra ten sido exposta en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba.[5]

Tamén foi Director de Demo Editorial, Coruña Gráfica e Encontro de Banda Deseñada Histórica en Galicia.[6]

Na súa faceta musical formou parte de bandas de punk-rock como Vampiraos, 13:31 ou Error![7]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Roxín Roxal. A daga do conde (2022). Demo Editorial. ISBN 9788412469530. Con Brais Fierro.

Serie Diario de Pichuk[editar | editar a fonte]

Álbum[editar | editar a fonte]

  • Dámsmitt (2006). Dibbuks. Guión de Kike Benlloch.[8]
  • Os lobos de Moeche (2009).[9] Demo Editorial. Reeditado en 2012.
  • Cousas de mortos (2012).[10] Demo Editorial.
  • A Fraga Milmañas (2013). Demo Editorial. Guión de Carlos Amil.
  • Destino Hërgüss (2015). Demo Editorial, dentro do universo do Planeta Mincha.

Fanzine[editar | editar a fonte]

  • Nicasso (1994).[11] Varios. Castelán
  • Macabro (1995).[12] Varios. Castelán
  • Craneografía (1995).[13] Castelán
  • Merienda de locos (1997).[14] Varios. Castelán
  • Os rústicos da guadaña (1997).[15]
  • Craneofília (1998).[16] Castelán.

Ilustración de libro infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1993: Accésit no III Certame Ourense de BD por "O párroco de Algures".
  • 1994: Accésit por "Rosario", no IV Certame Ourense de BD.
  • 1995: Accésit no XI Concurso Galego de BD por "Muller na estrada".
  • 1996: 4º premio no XII Concurso Galego de BD por "Centro Psiquiátrico Xudas Iscariote".
  • 1997: 3º premio no XIII Concurso Galego de BD.
  • 1998: Nacional de Cómic sobre Vida e Obra de García Lorca (Granada).
  • 1999: Sexto premio do XV concurso galego de banda deseñada Xuventude polo cómic "Tío Toné".
  • 2002: 4º premio do III Certame Galego de Imaxe Artística (categoría A, 23-30 anos), pola historia "Miña lúa".
  • 2003: 4º premio do IV Certame de Imaxe Artística 2003 (categoría A) por "Un branco moi negro".
  • 2023: Premio Follas Novas do Libro Galego por Roxín Roxal. A daga do conde, con Brais Fierro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: m". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-04-24. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Manel Cráneo, Debuxante BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  3. "Cráneo, Manel". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2023-04-23. 
  4. Pérez, Sara (2023-05-02). "Manel Cráneo, ilustrador, deseñador e editor: «A arte é a curación do ser humano»". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-05-02. 
  5. 5,0 5,1 "MANEL CRÁNEO - Demo Editorial". demoeditorial.com. Consultado o 2023-04-23. 
  6. Redacción (2018-03-23). "I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia". Historia de Galicia. Consultado o 2023-04-23. 
  7. "ilustrador/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-04-23. 
  8. "Dámsmitt (2006) Álbum BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  9. "Os lobos de Moeche (2009) Álbum BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  10. "Cousas de mortos (2012) Álbum BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  11. "Nicasso (1994) Fanzine BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  12. "Macabro (1995) Fanzine BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  13. "Craneografía (1995) Fanzine BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  14. "Merienda de locos (1997) Fanzine BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  15. "Os rústicos da guadaña (1997) Fanzine BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  16. "Craneofilia (1998) Fanzine BANDA DESEÑADA GALEGA". www.culturagalega.org. Consultado o 2023-04-23. 
  17. galaxiaW (2015-07-17). "Manel Cráneo prepara a BD de A nosa cinza, de Xavier Alcalá". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-04-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]