Lucía Novas
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Lucía Novas | |
---|---|
![]() Lucía Novas recitando na praza do Teucro de Pontevedra. | |
Nacemento | 1 de outubro de 1979 |
Bueu | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Ocupación | profesora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lucía Novas Garrido, nada en Bueu o 1 de outubro de 1979, é unha escritora e docente galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Recitando no Pazo da Cultura de Pontevedra o 8/11/2018
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Exerce como profesora no ensino secundario de Lingua e Literatura Galega. Escritora xa na adolescencia, gañou diversos premios de poesía, e ten participado en diversos volumes colectivos. Colabora con poemas seus en revistas como Grial, PolpA, Casa da Gramática, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, O Ollo Público, Escrita Contemporánea e en 2018 Ligeia[1]. Participou como relatora no curso Demasiados zapatos para unha cincenta (Universidade de Salamanca), nas xornadas de Poesía da Fundación Alberti e no V Ecnontro de Novos/as Escritores da AELG.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Epiderme de estío (Espiral Maior, 2001)
- Neve (Espiral Maior, 2010)
- Cervatos (Kalandraka, 2017)
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Premio 1998 de relato e poesía da Universidade de Vigo, 1998, Xerais.
- Premio 1999 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo, 1999, Xerais.
- Premio 2000 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo, 2000, Xerais.
- Premio 2001 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo, 2001, Xerais.
- XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado.
- O trazo aberto. Poesías e debuxos, 2002, Deputación de Pontevedra.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Das sonorosas cordas, 2005, Eneida.
- Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Xerais.
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
- Letras novas, 2008, AELG.
- Erato. Bajo la piel del deseo, 2010, Sial (edición bilingüe galego-castelán).
- Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
- Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
Edicións[editar | editar a fonte]
- Antoloxía poética, de Ramón Cabanillas, 2009, Galaxia.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Minerva de poesía en 1996 e 1997.
- Premio da Universidade de Vigo de poesía no 2000.
- Faustino Rey Romero no 2000, por A flor do lirolai.
- Premio de poesía Concello de Carral no 2000, por Epiderme de estío.
- Premio Johán Carballeira no 2009, por Neve.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lucía Novas na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Lucía Novas na Biblioteca Virtual Galega.
- Perfil en As escollas electivas
- Cervatos na web de AELG.