Antía Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antía Otero
Ficheiro-Fátima Antía Otero e María Neves Soutelo. 27-03-2009. Recortada 1.jpg
Nome completoAntía Otero Rodríguez
Nacemento1982 (37 anos)
LugarEstrada Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Santiago de Compostela
Profesiónactriz e escritora
editar datos en Wikidata ]

Antía Otero Rodríguez, nada na Estrada o 14 de setembro de 1982, é unha poeta e actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Historia da Arte na especialidade de arte contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Práctica Escénica e Cultura Visual de Arte-a, Reina Sofía e Universidad de Alcalá e máster en Historia e Estética do Cinema pola Universidade de Valladolid. Formada na Escola de teatro e danza Espazoaberto,[1] na Escola de Teatro e Danza Espacio Aberto da man de Carlos Neira; na técnica vocal por Cristina Domínguez e Nuria Gullón; na Historia do Teatro con Deborah Pérez; en Claqué e Body Percusión por Rubén Sánchez; en cabaret e espectáculo por Ángel Burgos.[2]

a súa traxectoria é interdisciplinar, pois vén conxugando a escrita coa arte e a interpretación, entendida a maior parte das veces dende a investigación da imaxe, a palabra e a práctica escénica.

Dende 2003 formou parte do Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Impartiu o obradoiro de nova creación “O ollo da arte” en NORMAL (A Coruña). Deu recitais e sesións poéticas en moitos centros de ensino e bibliotecas. Creou con Isaac Garabatos o traballo de perfopoesía (Retro)Visor [3] con Antonio Rodríguez forma parte do colectivo Derodríguez.[4] Valéndose dun exercicio de metateatro e metacine e do espazo -TRANS- que ambas disciplinas deixan entre elas, creou con Carlos Neira Operatorio en 2011.[5]

Dende 2014 codirixiu Apiario.[6]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Rolos: Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa: [exposición] (2005). Dirección Xeral de Promoción Cultural. 32 páxs. ISBN 978-8494321085.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Gañou VII Certame Francisco Añón co poemario De porta un Horizonte en 2003.[12]
  • Premio á mellor obra poética da II Gala do Libro Galego no 2017, por O cuarto das abellas.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Fábula. A Terra Meiga (Alén da maxia). 2003. Curtametraxe dirixida por Tomás Piard. Intérprete. [13]
  • MM con M de Metáfora. 2007. Documental sobre Maruxa Mallo. Dirección.[14]
  • Historia da arte. 2007. Curtametraxe dirixida por Javier Batanero. Intérprete. [15]
  • Os Atlánticos. 2008. Serie de TV para TVG. Intérprete: Silvia.[16]
  • Reliquias. 2009. Longametraxe para TV dirixida por Toño López. Intérprete.[17]
  • 24. 2010. Curtametraxe dirixida por Senem Outeiro. Intérprete.[18]
  • Ínsula. 2011. Curtametraxe dirixida por Senem Outeiro. Intérprete.[19]
  • Tamén colaborou no Luar da TVG en 2008; en O país dos ananos, TVG, 2008; en Criaturas, TVG, 2008-2010. [20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. asescollaselectivas (2013-02-16). "Antía Otero". As Escollas Electivas. Consultado o 2019-01-04. 
  2. "Antía Otero. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  3. "(retro)visor". (retro)visor. Consultado o 2019-01-04. 
  4. Coruña, Ayuntamiento de A. Coruña / Concello da. "Poetas di(n) versos : SERGEJ TIMOFEJEV y ANTÍA OTERO". Ágora (en castelán). Consultado o 2019-01-04. 
  5. "Creación. Antía Otero". www.antiaotero.com (en castelán). Consultado o 2019-01-04. 
  6. "Antía Otero". www.aelg.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  7. "O son da xordeira.Espiral Maior. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-01-04. 
  8. "Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «(Retro)visor», de Antía Otero. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  9. Nicolás, Ramón (2016-12-05). "O cuarto das abellas, de Antía Otero". Caderno da crítica. Consultado o 2019-01-04. 
  10. "O branco non pinta! - Apiario". apiario.eu. Consultado o 2019-01-04. 
  11. "Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas"
  12. "Ficha de Antía Otero". www.xerais.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  13. "Fábula. A Terra Meiga (Alé da maxia). AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  14. "MM con M de Metáfora. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  15. "Historia del arte. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  16. "Os Atlánticos. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  17. "Reliquias. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  18. "24. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  19. "Ínsula. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  20. "Antía Otero". IMDb. Consultado o 2019-01-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]