Andrea Maceiras
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Andrea Maceiras | |
---|---|
![]() Andrea Maceiras | |
Nome completo | Andrea Maceiras Lafuente |
Nacemento | 6 de novembro de 1987 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade da Coruña |
Ocupación | escritora |
Estudos | Licenciada en Filoloxía hispánica e en Filoloxía galega |
Profesión | escritora e profesora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andrea Maceiras Lafuente, nada na Coruña o 6 de novembro de 1987, é unha escritora e profesora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Filoloxía hispánica e en Filoloxía galega, doutorada na Universidade da Coruña. É profesora de Lingua Galega e Literatura en educación secundaria.[1]
En 2018 gañou o Premio Lazarillo á creación literaria por Conta nove estrelas, segundo o xurado: "unha obra ben xurdida e entramada cunha linguaxe poética con belísimas escenas que te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción”.[2]
Obras[editar | editar a fonte]
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- Proxecto Bolboreta, 2007, Xerais, ISBN 978-84-9782-824-6.[3]
- Violeta Tamurana, 2010, Baía Edicións, ISBN 978-84-92630-85-1.[4]
- O segredo do lagarto arnal, 2012, Baía, ISBN 978-8499950488.
- Nubes de evolución, 2013, Xerais, ISBN 978-84-9914-463-4.
- Miña querida Sherezade, 2014, Baía, ISBN 978-8499951447.[5]
- Volverás, golfiño, 2014, Xerais, ISBN 978-84-9914-579-2.[6]
- Europa Express, 2015, Xerais, ISBN 978-84-9914-949-3.[7][8] Foi traducida ao inglés.[9]
- O que sei do silencio, 2018, Xerais, ISBN 978-84-9121-402-1.[10][11]
- Conta nove estrelas (2019). Xerais, Merlín. Ilustracións de Paula Mayor. 168 páxs. ISBN 978-84-9121-527-1.[12]
Premios[editar | editar a fonte]
- Obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre.
- Gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior.
- Finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia no 2010.
- Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2010, por Violeta Tamurana.
- Finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, por Nubes de evolución.
- Terceiro premio do XIV Premio de poesía Díaz Jácome, por Auga lonxincua en 2013.
- Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade.
- Gañadora do Premio Jules Verne en 2015, por Europa Express.
- Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de literatura xuvenil en 2015, por Europa Express.
- Premio Lazarillo 2018 á creación literaria[13]
- Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación en 2020.[14]
- Gañadora do Premio Merlín en 2020, por A folla azul.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Andrea Maceiras: «Dar clases en secundaria é un pouco como volver ao instituto, e ese redescubrimento é moi inspirador á hora de escribir.»". blog.xerais.com. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Paloma Corral, Begoña Oro y Andrea Maceiras ganan los Premios Lazarillo 2018". revistababar.com. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Proxecto Bolboreta". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Violeta tamurana de Andrea Maciras". blogoteca.com. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras". cadernodacritica. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Vovlerás golfiño". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Europa Express". xerais.gal. Consultado o 03/11/2018.
- ↑ "Andrea Maceiras, Europa Express". palabradegatsby.com. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Europe Express". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "O que sei do silencio". trafegandoronseis. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "O que sei do silencio". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-07.
- ↑ L., R. (4 de decembro de 2018). "La escritora gallega Andrea Maceiras gana el premio Lazarillo de creación literaria". farodevigo.es. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ "Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras". edu.xunta.gal.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrea Maceiras ![]() |