Samuel Solleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel Solleiro
Samuel Solleiro 2017.jpg
Nacemento7 de xuño de 1982
 Tui
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa e poesía
Na rede
Bitraga: 1924 Dialnet: 2288526
editar datos en Wikidata ]
Samuel Solleiro na foto promocional de O mundo dos vivos (2019)
Samuel Solleiro en 2019, foto promocional d'O mundo dos vivos.

Samuel Solleiro González, nado en Tui o 7 de xuño de 1982, é un escritor, tradutor e músico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Samuel Solleiro en 2012 na presentación de Gran tiburón branco.

Escritor desde moi novo, ten publicados varios libros de narrativa breve e poesía, ademais de textos dispersos en diferentes publicacións (entre elas, Grial, Boletín Galego de Literatura ou El País Galicia, así como unha escolma traducida do poeta catalán Enric Casasses na revista Dorna). Publicou traballos de crítica literaria no extinto Cartafol de libros de Vieiros entre 2005 e 2007 e no suplemento ProTexta da revista Tempos Novos a partir de 2008.

Solleiro é licenciado en Antropoloxía e Filoloxía. É guitarrista e banxista do grupo musical Ataque Escampe e socio fundador da desaparecida Estaleiro editora. Actualmente dedícase profesionalmente á tradución. Viviu en Tui, Santiago de Compostela, Barcelona, Sainte-Anne (Guadalupe, Antillas francesas), Valença do Minho (Portugal) e Le Mans (Francia). Desde 2015 vive na Coruña.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Punk, 2013, Corsárias.
  • O mundo dos vivos, 2019, Chan da Pólvora.[2]

Tradución[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Elegías a Dios y al Diablo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  2. Valverde, Alberte (outubro, novembro, decembro 2019). "Colonoscopia poética dun poeta con almanaque". Grial LVII (224): 106–107. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]