Saltar ao contido

Paula Carballeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaula Carballeira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Maniños Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 94799 BNE: XX940597 Bitraga: 2798 AELG: 547 BUSC: carballeira-cabana-paula-1972

Paula Carballeira Cabana, nada en Maniños (Fene) o 7 de setembro de 1972, é unha escritora, intérprete, realizadora de contacontos e actriz galega.

En 2023, foi Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte, pola obra As alumnas[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Desde moi nova mostrou interese pola literatura e o teatro. Estudou Filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, cidade a onde se trasladou no ano 1989.

Comezou a traballar como narradora oral nos anos 90. Participou en festivais de narración oral tanto a nivel nacional como internacional como Portugal, Polonia, Francia, Colombia, Brasil, Perú, Cabo Verde, entre outros.[4] Realiza tamén a súa actividade en bibliotecas e centros de ensino e formación.[5]

A meirande parte dos contos proveñen da tradición oral galega, engade a súa experiencia ou opinión persoal. Ás veces adapta relatos de Maupassant a Mia Couto, escritores que para ela teñen amplo coñecemento da transmisión oral.[6]

Escribe relatos infantís e xuvenís, ademais de poesía, ensaio e teatro. Moitos dos seus libros están traducidos a varias linguas. A temáticasque trata abrangue o misterio, a relación entre a vida e a morte e os medos, onde as mulleres teñen un papel protagonista e sempre con sentido de humor e tenrura.[6] Reivindica a palabra como algo terapéutico e necesario para saír do fastío e a soidade.[4]

Pertence á compañía de teatro Berrobambán dende 1996.Como actriz participou en varias series e programas na Televisión de Galicia. Para Carballeira a dramaturxia e a tradición oral "comparten a intención de poñer diante dos nosos ollos unha ficción, unha verdade sobre a existencia, sobre os seres humanos", salientando a importancia do uso das dúas linguaxes para comunicarnos, comprendernos e acompañarnos.[6]

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Boas noites (2007). Vigo: Xerais/Xunta de Galicia. 80 páxs. ISBN 978-8497825771.
  • Alicia & Alicia (2010). Cangas: Edicións Morgante. 86 páxs. ISBN 9788493781699.
  • Pressing catch (2010). Santiago: Ed. Positivas. 32 páxs. ISBN 978-84-87783-78-4.
  • A folla máis alta (Versión dramática do poemario Contatrás, 2012)
  • O refugallo (2013). Vigo: Xerais-Xunta de Galicia, Biblioteca Dramática Galega. Premio Manuel María 2011. Ilustracións de Dani Padrón. 80 páxs. ISBN 9788499145730.
  • Doppelgänger (2018). Santiago: Ed. Positivas. 180 páxs. ISBN 978-84-87783-75-9.
  • Dentes de coello (2022). Santiago: Positivas. ISBN 9788412475425. 50 páxs.
  • As alumnas (2022). Vigo: Galaxia. 100 páxs. ISBN 978-84-9151-798-6. Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte.[34]
  • Ubasute (2024). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-1176-194-9.
  • O transgredir das ondas (2026). Vigo: Galaxia. 78 páxs. ISBN 978-84-1176-559-6. Percorre a vida e obra de Begoña Caamaño a partir dun podcast titulado “O transgredir das ondas”, onde a xornalista Xoana Barreiro recolle diferentes testemuñas e voces para reconstruír a faceta máis insubmisa e desobediente de Begoña Caamaño.[35]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Ninguén está só (Tris Tram, 2001)
  • Longa lingua (Xerais, 2002)
  • Postais do Camiño (Galaxia, 2004)
  • O libro dos Reis Magos (Xunta de Galicia, 2012)
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón, 2013)
  • Xabarín 18 (EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia, 2013)
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (libro electrónico, 2015)
  • Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019)
  • Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio (Hércules ediciones, 2019)
  • Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[38]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  1. EFE (1 de setembro de 2023). "La dramaturga gallega Paula Carballeira Cabana gana el Premio Nacional de Literatura Dramática". elpais.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023.
  2. "Paula Carballeira Cabana, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 1 de setembro de 2023. Consultado o 24 de outubro de 2023.
  3. Redacción (1 de setembro de 2023). "Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023". nosdiario.gal. Consultado o 24 de outubro de 2023.
  4. 1 2 "Paula Carballeira: “La palabra es fundamental para compartir los miedos”". bibliotecainsular.grancanaria.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2024. Consultado o 2024-04-01.
  5. "Paula Carballeira - Maratón de los Cuentos". www.maratondeloscuentos.org. Consultado o 2024-04-01.
  6. 1 2 3 Zanetti, Francesc (2024-02-22). "Paula Carballeira: «Nos perfeccionamos a medida que contamos, al experimentar éxitos y fracasos»". Canarias7 (en castelán). Consultado o 2024-04-01.
  7. "Robin y la buena gente". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  8. "Historia de amores y de viajes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  9. "Mateo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  10. "El Mateu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  11. "Matteo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  12. "Paco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  13. "En Cesc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  14. "Patxiku". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  15. "Xico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  16. "Paco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  17. "Beppe". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  18. "Correo urgente". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  19. "Correo urgente (edición en braille)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  20. "El ganso pardo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  21. "Smara". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  22. "Smara". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  23. "Smara". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  24. "El principio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  25. "Començar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  26. "Hasiera". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  27. "O princípio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  28. "The Beginning". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  29. "L'inizio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  30. "¡Lánzate, Pepa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-29.
  31. "Jump, Pepa, Jump!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30.
  32. "13 avisos. Cuentos para leer por la noche". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-24.
  33. "Wombo Combo - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-11.
  34. Fernández Rial, Rosalía (Xullo, agosto, setembro). "Agasallar a palabra, resucitar a memoria". Grial LXII (243): 78, 79. ISSN 0017-4181.
  35. "O TRANSGREDIR DAS ONDAS". Editorial Galaxia. Consultado o 2026-03-12.
  36. Taquelim, Cristina; Cusati, Paula. "Há quem escolha os caminhos mais longos". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-10-24.
  37. Piccardi, Alice; Formoso, Tono. "C´e chi preferisce i sentieri più lunghi". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-24.
  38. "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10.
  39. "Concello de Brión". Concello de Brión ::: A Coruña. 2022-05-18. Consultado o 2026-03-12.
  40. Diario, Nós (2023-09-01). "Paula Carballeira trae á Galiza o terceiro Premio Nacional de Literatura Dramática". Nós Diario. Consultado o 2023-09-01.
  41. "“Berenguela na gaiola” conquista o Certame Manuel María de Proxectos Teatrais". Diario Compostela. Consultado o 2024-12-12.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]