Saltar ao contido

Andrea Nunes Brións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrea Nunes Brións

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1984 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Marín, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX4681131 BUSC: nunez-briones-andrea-1984 Dialnet: 2130896
Andrea Nunes Brións no II Congreso LGBTIQ+, 2023.

Andrea Núñez Briones, coñecida tamén como Andrea Nunes Brións,[1] nada en Marín o 13 de abril de 1984,[2] é unha escritora galega.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no ensaio e no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero, diversidade e lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo e a Plataforma de Crítica Literaria A Sega.

Os seus versos foron publicados en numerosas revistas, xornais e libros colectivos. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais). En 2011 publicou Todas as mulleres que fun, foi finalista nos premios AELG, é un poemario ilustrado por Annet Borrás onde fai unha crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica. No 2018 escribe conxuntamente con María Rosendo Diáspora do amor balea, co que gañou o XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas en 2017. O seu último poemario, Esta disidencia que habitamos, é unha antoloxía bilingüe en español e galego editada por Librefeminista (Madrid), libro no que coexiste cos textos da autora clásica Renée Vivien.

Foi profesora durante seis anos en diferentes partes da China: Universidade de Nanjing, Universidade Normal de Changchun e en Xi´an Jiaotong Liverpool University. En Italia traballou na Università de Ca´Foscari en Venecia e ao seu regreso a Galicia no Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Na actualidade é profesora de ensino secundario en Santiago de Compostela e imparte diferentes obradoiros sobre escrita creativa e diversidade.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

En colaboración coas Candongas do Quirombo

[editar | editar a fonte]
  1. "Hemeroteca de Galicia Hoxe". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de abril de 2011. 
  2. "Núñez Briones, Andrea (1984-)". Biblioteca nacional de España. 
  3. Diario, Nós (2025-07-04). "Andrea Nunes: "A poesía é unha linguaxe moi eficaz para nomear as disidencias porque é quen de escapar dos marcos normativos"". Nós Diario. Consultado o 2025-07-06. 
  4. "Andrea Nunes Brión percorre o «Mapa da estría»". La Voz de Galicia. 2025-06-29. Consultado o 2025-07-06. 
  5. "Andrea Nunes e María Rosendo gañan o Illas Sisargas de poesía erótica". Sermos Galiza. 4 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 05 de novembro de 2017. 
  6. "Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024". Axenda cultural Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. 7 de maio de 2024. Consultado o 15 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]