Astrid Lindgren
Astrid Lindgren | |
---|---|
![]() Astrid nos seus tempos mozos | |
Nome completo | Astrid Anna Emilia Ericsson |
Nacemento | 14 de novembro de 1907 |
Vimmerby | |
Falecemento | 28 de xaneiro de 2002 |
Estocolmo | |
Soterrada | Vimmerby |
Nacionalidade | Suecia |
Etnia | Suecos |
Ocupación | guionista, escritora de literatura infantil, novelista e escritora |
Cónxuxe | Sture Lindgren |
Fillos | Lars Lindgren e Karin Nyman |
Irmáns | Gunnar Ericsson, Stina Hergin e Ingegerd Lindström |
Coñecida por | Pippi Mediaslongas, Emil i Lönneberga, Karlsson-on-the-Roof, The Six Bullerby Children, Bill Bergson, Ronja, filha de ladrão, The Brothers Lionheart e Mio, My Son |
Premios | Litteris et Artibus, International Swede of the Year, Deutscher Jugendliteraturpreis, Nils Holgersson Plaque, Prémio Literário do Svenska Dagbladet, Expressens Heffaklump, Prémio Selma Lagerlöf, Premios Nobel Alternativos, Prêmio da Paz do Comércio Livreiro Alemão, Zilveren Griffel, Premio Hans Christian Andersen, Officier des Arts et des Lettres, Illis Quorum, Order of the Smile, Ordem Real de Vasa e Ordre des Arts et des Lettres |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Astrid Anna Emilia Ericsson, máis coñecida coma Astrid Lindgren, nada o 14 de novembro de 1907 nunha granxa de Nås en Småland[1] e finada o 28 de xaneiro de 2002, foi unha autora sueca de literatura infantil, que conta con libros traducidos a 85 linguas en máis de 100 países.
Obra[editar | editar a fonte]
A súa obra comprende máis de 60 libros pioneiros na defensa dos dereitos da infancia, das mulleres, dos animais e na defensa da non-violencia e da natureza.[1] É especialmente coñecida pola saga de Pipi Mediaslongas que escribiu na convalecencia da súa filla Karin[1]. Pippi Mediaslongas deuse ao prelo por primeira vez en 1945.[1]
Recoñecemento[editar | editar a fonte]
Foi galardoada co Premio Hans Christian Andersen, co Premio Nacional de Literatura de Suecia, coa Medalla de Ouro da Academia Sueca, co Premio da Paz dos libreiros alemáns e co Premio Internacional do Libro da Unesco.[1]
Leva o seu nome o Premio Memorial Astrid Lindgren, premio instaurado en 2003 e considerado o máis importante da literatura infantil e xuvenil.[1]
A súa vida está recollida na película Unga Astrid (Coñecendo a Astrid) da directora danesa Pernille Fischer Christensen.[2]
Obra traducida ao galego[editar | editar a fonte]
- Pippi Mediaslongas, Kalandraka (2017). Trad. David A. Álvarez Martínez. Ilustracións de Ingrid Vang Nyman.
- Pippi Mediaslongas embarca, Kalandraka (2018). Trad. David A. Álvarez Martínez. Ilustracións de Ingrid Vang Nyman.
- Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur, Kalandraka (2019). Trad. David A. Álvarez Martínez. Ilustracións de Ingrid Vang Nyman.
- Os irmáns Corazón de León, Edición Xerais (2003). Trad. Liliana Valado e Marta Dahlgren. Ilustrado por María Lires.[3]
- Os nenos de Bullerbyn (Alla vi barn i Bullerbyn), 1947. Sushi Books, 2014. Trad. Moisés Barcia (a partir dunha lingua ponte).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Pippi mediaslongas. Kalandraka. ISBN 978-84-8464-339-5.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda) - ↑ Dacosta, Marta (17 de abril de 2019). "Prezada Pippi". Sermos Galiza. Consultado o 17 de abril de 2019.
- ↑ Ficha da obra na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.