Ana Luísa Amaral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Luísa Amaral

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Ana Luísa Ribeiro Barata do Amaral Editar o valor em Wikidata
5 de abril de 1956 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 2022 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Leça da Palmeira, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora , escritora , poeta , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFacultade de Letras da Universidade do Porto (2002–)
Facultade de Letras da Universidade do Porto (1996–2002)
Facultade de Letras da Universidade do Porto (1985–1996)
Facultade de Letras da Universidade do Porto (1981–1985) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, novela, teatro, Literatura infantil e Estudos de xénero Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: analuisaamaralEscritora Twitter: analuisaamaral4 Instagram: ana_luisa_amaral_1956 Dialnet: 2955644 Editar o valor em Wikidata

Ana Luísa Amaral, nada en Lisboa o 5 de abril de 1956 e finada no Porto o 5 de agosto de 2022,[1] foi unha poetisa portuguesa, tradutora e profesora de Literatura e Cultura Inglesa e Americana na Facultade de Letras da Universidade do Porto.[2][3][4]

Biografía[editar | editar a fonte]

Ana Luísa Amaral naceu en Lisboa o día 5 de abril de 1956 e viviu, desde os nove anos, en Leça da Palmeira. Recibiu un doutoramento sobre a poesía de Emily Dickinson e as súas áreas de investigación eran Poéticas Comparadas, Estudos Feministas e Estudos Queer. Foi Profesora Asociada da Facultade de Letras da Universidade do Porto, onde integrou tamén a dirección do Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa. Tivo publicacións académicas varias en Portugal e no estranxeiro.[5]

Foi autora, con Ana Gabriela Macedo, do Dicionario de Crítica Feminista (Porto: Afrontamento, 2005) e preparou a edición anotada de Novas Cartas Portuguesas (1972), de Maria Isabel Barreno, Maria Teresa Horta e Maria Velho da Costa (Lisboa: Don Quixote, 2010). Organizou, con Marinela Freitas, os libros Novas Cartas Portuguesas 40 Anos Despois (Don Quixote, 2014) e New Portuguese Letters cho the World (Peter Lang, 2015). Coordinou o proxecto internacional financiado pola FCT Novas Cartas Portuguesas 40 anos despois, que envolveu 13 equipos internacionais e máis de 15 países.[6]

Durante a década de 80 mudouse puntualmente a Inglaterra. Viviu nos Estados Unidos de América entre 1991 e 1993[7], foi investigadora Convidada do Departamento de Inglés na Universidade Brown.[8]

Estivo representada en moitas antoloxías portuguesas e estranxeiras e fixo lecturas dos seus poemas en varios países, como o Brasil, Francia, os Estados Unidos de América, Alemaña, Irlanda, España, Rusia, Romanía, Polonia, Suecia, os Países Baixos, a China, México, Italia, Colombia e a Arxentina.[6]

Arredor dos seus libros de poesía e infantís foron levados á escena espectáculos de teatro e lecturas escenificadas (como O olhar diagonal das coisas, A história da Aranha Leopoldina, Próspero morreu ou Amor aos Pedaços).  

En Galicia, en febreiro de 2015 no auditorio do centro Ágora participou nunha sesión do ciclo Poetas Di(n)versos con Marta Dacosta.[9] Foi finalista do Premio aRi[t]mar 2020 con Babel.[10] En 2022 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Ana Luísa Amaral como Escritora Galega Universal.[11]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Minha senhora de quê,(1990). Fora do Texto. Quetzal, 1999.
  • Coisas de partir (1993). Fora do Texto. Gótica, 2001.
  • Epopeias (1994). Fora do Texto.
  • E muitos os caminhos (1995). Poetas de Letras.
  • Às vezes o paraíso (1998). Quetzal.
  • Imagens (2000). Campo das Letras
  • Imagias (2002). Gótica.
  • A arte de ser tigre (2003). Gótica.
  • Poesia Reunida 1990-2005 (2005). Quasi.
  • A génese do amor (2005). Campo das Letras.
  • Entre dois rios e outras noites (2008). Campo das Letras.
  • Se fosse um intervalo (2009). Dom Quixote.
  • Inversos, Poesia 1990-2010 (2010). Dom Quixote.
  • Vozes, (2011). Dom Quixote.
  • Escuro (2014). Assírio & Alvim.
  • E Todavia (2015). Assírio & Alvim.
  • What's in a name (2017). Assírio & Alvim.
  • E Contudo, Elas Movem-se! Mulheres e Ciência. Com poemas (2019). Con Marinela Freitas. U.Porto Editorial. .
  • Ágora (2020). Assírio & Alvim.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Arder a Palavra e outros incêndios, (2018). Relógio D'Água.
  • Um Agora, Sempre: Ensaios (2019). Edições Afrontamento.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Próspero Morreu (poema em acto) (2011). Caminho.

Ficción[editar | editar a fonte]

  • Ara (2013). Sextante.

Literatura infantil[editar | editar a fonte]

  • Gaspar, o Dedo Diferente e Outras Histórias (1999). Ilust. Elsa Navarro. Campo das Letras. En 2011, Civilização. Ilust. Abigail Ascenso. En 2019, Zero a Oito.
  • A História da Aranha Leopoldina (2000). Ilust. Elsa Navarro. Campo das Letras. En 2010, Civilização. Ilust. Raquel Pinheiro. Ed. revisada e aumentada, con CD. Música de Clara Ghimel, arranxos de Nuno Aragão, Cantado por Rosa Quiroga, Nuno Aragão e Sissa Afonso. En 2019, Zero a Oito.
  • A Relíquia (2008). Quasi. Sobre a novela de Eça de Queiroz.
  • Auto de Mofina Mendes (2008). Quasi. A partir da peza de Gil Vicente. Ilust. de Helena Simas
  • A Tempestade (2011), Quidnovi. Plano Nacional de Leitura. Ilust. de Marta Madureira.
  • Como Tu (2012). Quidnovi. Ilust. de Elsa Navarro. Música de Antonio Pinho Vargas, piano por Álvaro Teixeira Lopes, voces de Pedro Lamares, Rute Pimenta e Ana Luísa Amaral - Plano Nacional de Leitura.
  • Lengalenga de Lena, a Hiena (2019), Zero a Oito. Ilust. de Jaime Ferraz.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Xanana Gusmão (1998). Mar Meu/My Sea of Timor. Co-trad. Kristy Sword. Granito.
  • Eunice de Souza (2001). Poemas Escolhidos. Cotovia.
  • John Updike (2009). Ponto Último e Outros Poemas. Civilização.
  • Emily Dickinson (2010). Cem Poemas. Relógio D'Água.
  • Emily Dickinson (2015). Duzentos Poemas. Relógio d’Água.
  • Patricia Highsmith (2015). Carol. Relógio d'Água.
  • William Shakespeare (2015). 31 Sonetos. Relógio d'Água.

Libros de Ana Luísa Amaral traducidos no estranxeiro[editar | editar a fonte]

Alemaña
  • Stimmen, trad. Susanne Munz (no prelo)
Brasil
  • A gênese do amor, Gryphus, Río de Xaneiro, 2008
  • Voces, Iluminuras, São Paulo, 2013
  • Escuro, Iluminuras, São Paulo, 2015
  • Ara, Iluminuras, São Paulo, 2016
Colombia
  • Entre otras noches, Antología Poética, trad. Lauren Mendinueta, Taller de Edición-Rocca, Bogotá, 2013
  • Como tu, trad. Lauren Mendinueta, Taller de Edición-Rocca, Bogotá,  2014
España
  • Oscuro, trad. Luis Maria Marino, Olifante, Aragon, 2015[12]
Estados Unidos de América
  • The Art of Being a Tiger. Selected Poems, trad. Margaret Jull Costa, Tagus Press, 2018
  • What's in a name?, trad. Margaret Jull Costa, New Directions, 2019
Francia
  • Images, trad. Catherine Dunhas, Vallongues Éditions, 2000
  • Comme Toi, trad. Catherine Dunhas, Editions Theatrales, París, 2013
  • L’Art d’être tigre, trad. Catherine Dunhas, Phare du Cousseixo, París, 2015
Holanda
  • Wachten op Odysseus: Gedichten 1990-2011, trad. Arie Pos, uitgeverij IJZER, Utrecht, 2011
Italia
  • Poesie, trad. Livia Apa, Poesie, XVª Edizione – Portogallo, Lisbona, Instituto Camões, 2008
  • La Genesi dell’Amore, trad. Piero Ceccucci, Fiorenza mia…!:, Florença, Firenze University Press, 2009
  • La Scala di Giacobbe: Poesia di Ana Luísa Amaral, trad. Livia Apa, Manni Editori, Milán, 2010
  • Voci, Kolibris Edizioni, Ferrara, trad. Chiara diLucca, 2018
México
  • Oscuro, Universidad Autónoma de Nuevo Léon, Monterrey, trad. Blanca Luz Pulido, 2017
Reino Unido
  • The Art of Being a Tiger, Oxbow Press, Oxford, trad. Margaret Jull Costa, intr. Paulo de Medeiros, 2016
Suecia
  • Mellan tva floder och andra natter, trad. Ulla Gabrielson, Diadorim, Gotemburgo, 2009
  • Ana Luisa Amaral, Antología Poética, trad. Nidia Hernández, Monte Ávila Editores, Caracas, 2012

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2007: Premio Literario Casino da Póvoa/Correntes d’Escritas, co libro A génese do amor.[13]
  • 2008: Premio de Poesía Giuseppe Acerbi, Mantua, Italia, co libro A génese do amor.
  • 2008: Gran Premio de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores, co libro Entre Dois Rios e Outras Noites.
  • 2012: Premio Rómulo de Carvalho/António Gedeão, 1ª edición, co libro Vozes.
  • 2014: Premio PEN de Narrativa da Asociación Portuguesa de Escritores, coa novela Ara.
  • 2015: Medalla de Ouro de Mérito do Concello de Matosinhos.
  • 2016: Medalla de Mérito - Grao Ouro do Concello do Porto.
  • 2018: Premio Internazionale Fondazione Roma: Ritratti di Poesía.
  • 2018: Premio de Ensaio Jacinto do Prado Coello co libro Arder a palavra e outros incêndios.[14]
  • 2021: XXX Premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana.[15]
  • 2021: Prémio Virgílio Ferreira, atribuído pola Universidade de Évora.[16]
  • 2022: Escritora Galega Universal da AELG

Nota[editar | editar a fonte]

  1. PÚBLICO. "Morreu a poeta Ana Luísa Amaral". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2022-08-06. 
  2. "Poetry International Web Ana Luisa Amaral". archive.vn (en inglés). 2007-04-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2007. Consultado o 2020-06-17. 
  3. "CCWW_Portuguese_Amaral_bio". web.archive.org (en inglés). 2011-07-17. Archived from the original on 17 de xullo de 2011. Consultado o 2020-06-17. 
  4. "Ana Luísa Amaral. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  5. Fidelizarte. "Ana Luísa Amaral". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  6. 6,0 6,1 "Ana Luísa Amaral (1956). Correio do Porto". www.correiodoporto.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  7. "U. Porto - Antigos Estudantes Ilustres - Ana Luísa Amaral". sigarra.up.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  8. "Biografia - Ana Luísa Amaral". escritas.org (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  9. "Marta Acosta y Ana Luisa Amaral, en el ciclo Poetas Di(n)versos". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-02-07. Consultado o 2020-06-17. 
  10. "Ana Luísa Amaral. Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-06-17. 
  11. Diario, Nós. "A AELG nomea a portuguesa Ana Luísa Amaral como Escritora Galega Universal 2022". Nós Diario. Consultado o 2022-04-05. 
  12. Delgado, Antonio Sáez (2016-09-30). "Misterios que no sabemos nombrar". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-06-17. 
  13. "Ana Luísa Amaral". C.M. da Póvoa de Varzim (en portugués). Consultado o 2020-06-17. 
  14. "Ana Luísa Amaral vence prémio de Ensaio Jacinto do Prado Coelho". Notícias U.Porto (en portugués). 2018-10-04. Consultado o 2020-06-17. 
  15. Cultural, El (2021-05-31). "La portuguesa Ana Luísa Amaral gana el XXX Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana El Cultural" (en castelán). Consultado o 2021-05-31. 
  16. "Poetisa Ana Luísa Amaral vence Prémio Literário Vergílio Ferreira 2021". Notícias ao Minuto (en portugués). 2020-12-17. Consultado o 2021-05-31.