Saltar ao contido

Nuria Vilán Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNuria Vilán Prado

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1993 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Santo André de Comesaña Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioNuria Vil Editar o valor en Wikidata

Instagram: vil.nuria BNE: XX6321756 Editar o valor en Wikidata

Nuria Vilán Prado, coñecida como Nuria Vil, nada en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1993, é unha poeta galega. Creadora e performer interdisciplinar, cun traballo que transita entre a palabra, o corpo e o espazo sonoro. As súas propostas exploran as emocións colectivas e a memoria compartida desde unha linguaxe poética e visual.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Resitadora. Máis coñecida como Nuria Vil nos circuítos escénicos. O seu traballo artístico, eminentemente oral, céntrase en levar a poesía máis aló da escrita, busca hibridar a palabra con formas de arte experimental e performática a través dun discurso marcado pola vindicación social. Activista política e transfeminista.

Formouse no Grao en Estudos de Galego e Español na Universidade de Vigo e despois no Máster en Estudos da Literatura e da Cultura na Universidade de Compostela. Traballa como correctora editorial, no eido da revisión ortotipográfica e de estilo. Imparte obradoiros de creación literaria e tamén desenvolve labores de comunicación. Cocreou o proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Vanessa Glemsel en 2016.

En 2021, a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral de Vigo, APAMP, dedícalle un mural en barro na Rúa Miguel Hernández de Vigo cos versos da autora: «Deséxovos fillas poetas». Outras poetas homenaxeadas neste proxecto foron Miriam Ferradáns, Pilar Álvarez e Laura Sam. En 2025 completaron a instalación cunhas placas de cerámica cos retratos das autoras.

En 2025, tamén, presentou o reality Nail Clue na Plataforma de A Galega.[1]

Forma parte da Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega.

  • Delincuente. Curtametraxe.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Insubmisión ambigua (Xerais, 2025)
  • Poetízate: poesía e rebelión (Ed. Xerais, 2024)
  • Pictura Fulgens (Ed. Continta me tienes, 2023)
  • Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Xerais, 2023).[4]
  • Antoloxía biosbarda para parche (Ruin Alter Edicións, 2023)
  • Así fala Penélope [unha antoloxía de xénero] (Ed. Chan da Pólvora, 2022)
  • Poesía Galega Novísima (Ed. Urutau, 2020), Trobeir*s do século XXI
  • Trobeir*s do século XXI (Ed. Chan da Pólvora, 2019)
  • Dentes para a mazá (Ed. Chan da Pólvora, 2018)
  • Pluma, tinta y papel II (Ed. Diversidad literaria, 2013)

Performance

[editar | editar a fonte]
  • Declaro deserto. Estrea absoluta no Festival Performa 2024. Saxofón e palabra falada.
  • Abride sinal. Instalación na Fundación Granell. Palabra falada, collage, Super-8. 2024.
  • Espazo a vulnerar. Estrea absoluta no Festival Escenas do Cambio 2023. Creación de visuais en directo de Iria Silvosa e música de MorlitaM.

Espectáculos

[editar | editar a fonte]
  • Indóciles.(2024) Espectáculo homenaxe a Luísa Villalta con Mónica de Nut e Vero Rilo.
  • Por Xela! A Banda da Loba, Helena Salgueiro, Estíbaliz Espinosa, Vanessa Glemsel.
  • Dúas Gamberras e un Micro. Espectáculo de poesía escénica con Vanessa Glemsel (2016 - 2019)
  • Sésega. Música experimental, palabra falada. Con Charles Rapante.
  • Grupo F con Marcia Vázquez, Eva Comesaña, Vanessa Glemsel.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
  • 2022: Receptora Bolsa Ensaia 2022

Audiovisual

[editar | editar a fonte]
  • 2025: Premio Xurado Senior Mellor Curtametraxe Zinegoak por Delincuente.
  • 2025: Mención Especial Mellor Curtametraxe en Muestra Internacional de Cine y Diversidad Cinhomo Valladolid por Delincuente.
  • 2024: Premio Xurado Novo Mellor Curtametraxe Festival Intersección por Delincuente.
  • 2024: Premio Mulleres no Audiovisual Festival Intersección por Delincuente.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • 2025: Gañadora XVIII Premio Narración Curta de Marín polo relato «Unha vida tranquila» 2025.
  • 2022: Finalista Premio Mellor Poemario Gala do Libro Galego por Simún.
  • 2022: Finalista Premio Nacional Poesía Joven Miguel Hernández por Simún.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]