Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Publica poesía, narrativa e ensaio. No seu catálogo conta con catro coleccións: Narrativas, Plural, Di-versos, Anima+l. Amais de encargarse da edición de textos de autores galegos, tamén traballa coa tradución de libros estranxeiros e ten vertido á lingua galega obras de Quim Monzó, H.G. Wells, Antonio Tabucchi, Allen Ginsberg, Pier Paolo Pasolini ou Mark Twain.
Edicións Positivas é a empresa responsábel do premio Narrativas Quentes de literatura erótica, de frecuencia bianual.
Francisco Macías, director de Edicións Positivas (esquerda), e Xosé Manuel Fernández Castro, escritor e investigador (dereita), en 2013, na presentación das Obras completas de Roberto Vidal Bolaño.