Natalia Carou
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Natalia Carou | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1974 |
Lugar de nacemento | Bealo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade da Coruña |
Ocupación | escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Natalia Carou Figueira, nada en San Ramón de Bealo (Boiro) o 14 de outubro 1974, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cursou estudos de Graduado Social na Universidade da Coruña exercendo como asesora empresarial fiscal.[1]
O alento nas costas, ao igual que A cova da Moura, conta duras historias de adolescentes que se combinan con lendas da Galicia medieval, alternando liñas temporais. O mal querer relata o caso dun rapaz maltratado que comete un delito e debe ingresar nun centro de menores.[2]
Obra[editar | editar a fonte]
- Mariposas tristes (2017). Harlequin, de HarperCollins Ibérica. Versión Kindle.[3] (Castelán)
- O alento nas costas (2012). Baía, Colección Meiga Moira. Ilustracións de Carlos Silvar. 334 páxs. ISBN 978-84-9995-079-2. Xuvenil.
- A cova da Moura (2017). Baía, Colección Meiga Moira. Ilustracións de Gimeno. 280 páxs. ISBN 978-84-9995-215-4. Xuvenil.
- O mal querer (2020). Baía. Colección Baía Narrativa. 244 páxs. ISBN 9788499953366.
Premios[editar | editar a fonte]
- 2019: Premio Vilar Ponte por O mal querer[2].
- 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego[4] por O mal querer.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Autores - Carou Figueira, Natalia". baiaedicions.gal. Consultado o 2020-03-23.
- ↑ 2,0 2,1 Parada, Antón (2019-12-29). "Natalia Carou: A pluma que transforma a dor en literatura". La Voz de Galicia. Consultado o 2020-03-23.
- ↑ "Mariposas tristes, de Natalia Carou. Libros en mi biblioteca". millibrosenmibiblioteca.blogspot.com. Consultado o 2020-03-23.
- ↑ "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16.