Tamara Andrés
Tamara Andrés | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de agosto de 1992 |
Lugar de nacemento | Poio |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo |
Ocupación | escritora, tradutora e mestra |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e titulada no mestrado en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Tras estudar o Mestrado para o Profesorado, na especialidade de linguas estranxeiras, dedicouse ao ensino de idiomas.
No 2015 publicou Amentalista, unha particular homenaxe ao pintor René Magritte, pintor que mereceu a súa atención en diversas investigacións e artigos. Nese mesmo ano gañou o Concurso de Poesía O Facho con Nenæspiraes, poemario publicado na editorial Medulia. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia na colección Dombate da Editorial Galaxia[2], poemario autotraducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018.
Comezou a súa tese sobre poesía e tradución dentro do programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. Dirixiu e colaborou en diversos proxectos literarios, audiovisuais e escénicos. En 2018 comezou a dirixir con Marcus Daniel Cabada a revista Ligeia.

Obras[3][editar | editar a fonte]
Obras individuais[editar | editar a fonte]

- Amentalista (2015). Diversidad literaria SL. 72 páxs. ISBN 978-8494356230. Unha particular homenaxe a René Magritte[4] (en español).[5]
- Nenæspiraes (2016). Medulia. ISBN 978-8494378317.[6]
- Corpo de Antiochia (2017). Ed. Galaxia. 84 páxs. ISBN 978-84-9151-076-5[7][8]. Limiar de Héctor Acebo.
- Irmá paxaro (2019). Cuarto de inverno. Ilustracións de María Montes. 75 páxs. ISBN 978-84-09-15875-1.[9]
- Bosque vermello (2019). Positivas. 50 páxs. ISBN 978-84-120184-5-5.
- Distancias (2020). Con Marcos Viso. Galaxia. 64 páxs. ISBN 978-84-9151-441-1.[10]
- Peixiño desnortado (2022). En Historias para coñecermos Pontevedra. Diario de Pontevedra. ISBN 978-84-12633-40-5. 63 páxs.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Wine&Roses, LeTour1987, 2016
- Contos de Nadal, Revista Criaturas, 2016
- No seu despregar, Apiario, 2016
- Xohana Torres, natureza de illa, Real Academia Galega, 2018
Traducións literarias[editar | editar a fonte]
- Bruxas a Morta, de Georges Rodenbach (BIVIR, 2014)
- Ernesto e Celestina, músicos da rúa, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2016)
- Agni e a chuvia, de Dora Sales (Kalandraka, 2016)
- París en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2016)
- Museo en pijamarama, de Michaël Leblond e Frédérique Bertrand (Kalandraka, 2017)
- Ernesto e Celestina perderon a Simeón, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2017)
- O Nadal de Ernesto e Celestina, de Gabrielle Vincent (Kalandraka, 2018)
- A túa historia, de Kathryn Strobel, ilustrado por Vanesa Álvarez (Galaxia, 2019)
Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]
- 2000: Gañadora da modalidade poética do Concurso Literario Xaime Illa Couto.
- 2014: Accésit dos Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo polo poemario Xogos surrealistas.
- 2015: Gañadora do Premio de Poesía O Facho polo poemario Nenæspiraes.
- 2016: Segundo premio do XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores do Concello de Mondoñedo polo poemario O suicidio da camelia.
- 2017: 2º premio dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo polo poemario Recuperar as mans.
- 2017: 3º premio da modalidade poética do certame Xuventude Crea polo poemario A lingua secreta dos nenos franceses.
- 2018: Finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por irmá paxaro.
- 2018: Finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por Corpo de Antiochia.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- 2015: 2º premio do II Concurso de relato breve convocado pola Biblioteca Pública de Pontevedra por «A purificación de Vedra».
- 2016: Gañadora do IV Certame de Relato Curto organizado pola FANPA de Pontevedra por «A eterna bailarina».
- 2017: 3º premio na modalidade de traballo literario breve dos I Premios Provinciais da Xuventude convocados pola Deputación de Pontevedra con «Os amantes tráxicos».
Notas[editar | editar a fonte]

- ↑ "Tamara Andréx". lapiedradesisifo. Consultado o 03/02/2018.
- ↑ "Tamara Andrés: “La poesía es el fantasma de lo que has sido”". mundiario.com. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ "Tamara Andrés". catalogo.bne.es. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ "Tamara Andrés". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Entrevistamos a Tamara Andrés Padín". universodelibros.com. Arquivado dende o orixinal o 18/09/2019. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ "Nenæspiraes, de Tamara Andrés Padín". Caderno da crítica. 2016-01-09. Consultado o 2019-02-03.
- ↑ "Ficha do libro na Ed. Galaxia". editorialgalaxia.gal. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Corpo de Antiochia, de Tamara Andrés". cadernodacritica. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón (2019-12-19). "Irmá paxaro, de Tamara Andrés". Caderno da crítica. Consultado o 2020-03-05.
- ↑ "Distancias". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-03-05.