Lorena Conde
Lorena Conde | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de febreiro de 1980 |
Lugar | Ponte Sampaio |
Nacionalidade | España |
Educada en | Universidade de Santiago de Compostela |
Profesión | escritora e actriz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lorena Conde Martínez, nada en Ponte Sampaio o 22 de febreiro de 1980, é unha actriz, dramaturga[1] e poeta galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciada en Filoloxía Hispánica e posgraduada en Arte Dramática pola USC. Así mesmo, é graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo[2].
Comezou no teatro universitario, primeiro como actriz e máis tarde como directora. Dende 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas. A partir do ano ano 2000 comezou a traballar como directoras de compañías teatrais como Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, ou Farrapo Teatro. En 2013 foi cofundadora de Matrioshka Teatro -coa que gañou varios premios María Casares.
Na súa faceta de poeta, gañou a XVIII edición do premio Miguel González Garcés [3](2016) co libro Entullo[4].
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Entullo (2017). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-299-2.Con Baldo Ramos en Pontevedra, 31/05/2018
- O perfil da boca (2020). Urutau.[5]
Teatro[editar | editar a fonte]
Premios[editar | editar a fonte]
- 2016: XVIII edición do premio Miguel González Garcés [3] co libro de poesía Entullo[4].
- 2020: III Premio María Victoria Moreno por Velloucas e minchas.[7]
- 2020: XXXVI premio Cidade de Ourense de poesía por As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor.[8]
- 2020: Premio Filomena Dato por Ave do Paraíso.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Dos escenarios á primeira liña poética: Lorena Conde, Premio González Garcés, nova en Letraenobras.com.
- ↑ Ficha da actriz Arquivado 25 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en Culturactiva.org.
- ↑ 3,0 3,1 Lorena Conde gaña con “Entullo” o XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña, na páxina web da Deputación da Coruña o 23 de novembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Lorena Conde presenta «Entullo», poemario ganador del González Garcés". Numax.org. Consultado o 31/05/2018.
- ↑ "O perfil da boca - Editora Urutau". editoraurutau.com.br. Consultado o 2020-09-11.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2020-09-11). "Lorena Conde: "A muller galega do rural está como esvaída cando é unha figura clave"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2020-09-11.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2020-09-15). "Lorena Conde gaña o III Premio María Victoria Moreno". Diario de Pontevedra. Consultado o 2020-09-16.
- ↑ "La Región". laregion.es. Consultado o 2020-10-05.
- ↑ "Apiario". apiario.eu. Consultado o 2020-10-04.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha de Conde Arquivado 25 de novembro de 2016 en Wayback Machine. no sitio web de Matrioshka Teatro.
Preséntase en Compostela o libro "Entullo" , de Lorena Conde (2017)