Xosé Cobas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Negreira, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e ilustración |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | pintor, ilustrador |
Xosé Cobas Gómez, nado en Logrosa en 1953, é un ilustrador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Expuxo por vez primeira en 1977, na cidade da Coruña. A partir de 1980 compaxinou a pintura co deseño gráfico e maila ilustración, e dende 1988 centra a súa actividade de ilustrador na literatura infantil e xuvenil. Ten traballado canda autores de prestixio tal que os galegos Juan Farias, Xabier P. DoCampo ou Fina Casalderrey (todos tres contan co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Estado español). Así mesmo, os seus traballos están espallados por diversas editoriais: Grupo Anaya, Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Edelvives etc.
Ten impulsado tamén a revista de banda deseñada Golfiño, canda o chairego Xabier P. DoCampo, e é un claro defensor e promotor da lingua galega, do cal da boa proba a súa pertenza á plataforma cívica ProLingua. Ilustra periodicamente dende 1981 para o xornal La Voz de Galicia.[1]
Dende 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.[2]
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]Foi galardoado co premio Lecturas ao ilustrador máis votado polos lectores das bibliotecas de Galicia entre toda a produción editorial do ano 2003. Posúe tamén o premio FETEN ao mellor libro de teatro xuvenil ilustrado en España (ano 2002) e o premio Gourmand World Cookbook Awards (2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en castelán.
2022: Homenaxeado no Salón do Libro de Pontevedra.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xosé Cobas". filix.org. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2012.
- ↑ "Xosé Cobas Gómez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-03-17.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2022-01-27). "O Salón do Libro homenaxeará a Marica Campos e a Xosé Cobas". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-03-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha. Arquivado dende o orixinal.Arquivado 05 de xaneiro de 2009 en Archive.is, Prazadasletras, 5 de xaneiro de 2009.
- Sitio web dedicado a Xosé Cobas
- Entrevista ao persoeiro.Arquivado 01 de outubro de 2018 en Wayback Machine., Kalandraka TV, 27 de setembro de 2018.