Diego Ameixeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diego Ameixeiras
Diego Ameixeiras.jpg
Datos persoais
Nacemento 5 de novembro de 1976 (40 anos)
Lugar Lausana, Suíza Suíza
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Narrativa

Diego Ameixeiras Novelle, nado en Lausana o 5 de novembro de 1976, pero criado en Ourense, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como guionista para varias series emitidas pola TVG (Terra de Miranda, Os Atlánticos, Matalobos) e como colaborador nos xornais Diario de Pontevedra e El Mundo. Foi coguionista das longametraxes 18 comidas (Jorge Coira, 2010), pola que recibiu un Premio Mestre Mateo ao mellor guión, e La mujer del Eternauta (Adán Aliaga, 2011).

Publicou dúas novelas de serie negra ambientadas en Ourense: Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), protagonizadas polo detective Horacio Dopico. O estilo destas dúas obras, parodia do hard-boiled enchido de dialectalismos correspondentes ás falas de Ourense, aproxímano á produción narrativa de Bieito Iglesias.

En 2006 gañou o Premio Xerais de Novela con Tres segundos de memoria, obra catalogada como "xeracional" pola crítica e cuxo argumento narra o día a día dun personaxe anónimo atrapado na precariedade económica e sentimental. Escrita con humor, a novela está chea de referencias literarias e musicais; así, por exemplo, nun dos seus capítulos o autor homenaxea o autor Nick Hornby de High Fidelity. En 2009 publicou a súa cuarta novela, Dime algo sucio, que foi, xunto con Sete palabras de Suso de Toro, o primeiro libro electrónico publicado pola editorial Xerais. Traducida ao castelán por Pulp Books, esta novela significou un cambio de rumbo na traxectoria do autor, centrado agora en problemas espiñentos como a pederastia. Dime algo sucio recibiu o Premio Especial do Director da Semana Negra de Xixón na súa edición de 2011, ex aequo con Las niñas perdidas, de Cristina Fallarás[1].

En setembro de 2010 editouse a novela Asasinato no Consello Nacional, que se converteu nun éxito de vendas. En 2011 gañou o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia con Historias de Oregón, publicado no xornal durante o mes de agosto[2].

Colaborou no monográfico A falacia da sustentabilidade, editado por Renderén.

Na actualidade escribe en La Voz de Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

Ameixeiras (no centro da imaxe) na Semana Negra de 2017 celebrada en Xixón, canda a Álvaro Aguilera (drta.).

Narrativa[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Curriculum vitae (2012; xunto con Álex Sampayo, Borja F. Caamaño, Avelino González, Araceli Gonda, José Prieto e Manuel Cortés)
  • O aniversario (2015)
  • Get Back[3] (2016)

Tradución[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Premios Mestre Mateo: gañador nos Premios Mestre Mateo 2010 na categoría de mellor guión xunto con Jorge Coira e Araceli Gonda por 18 comidas.
  • Premios María Casares: nomeado nos Premios María Casares 2013 na categoría de mellor texto orixinal por Curriculum vitae.
  • Premio Xerais en 2006, por Tres segundos de memoria.
  • Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano 2010 por Asasinato no Consello Nacional.
  • Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2011 por Historias de Oregón.
  • Premio do director da Semana Negra de Xixón de 2011 por Dime algo sucio.
  • Premio Losada Diéguez de creación literaria en 2015, por Conduce rápido.
  • Premios Mestre Mateo: gañador nos Premios Mestre Mateo 2017 na categoría de mellor guión xunto con Nely Reguera, Eduard Sola, Valentina Viso y Roger Sogues por María y los demás.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]