Chévere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Chévere presentando o Music.gal en 2008.

O Grupo Chévere (Chévere Producciones S.L.U.) é unha compañía de teatro independente e produtora audiovisual galega, con sede en Teo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presentación das actividades do 30 aniversario de Chévere en 2017.

Foi creada en Santiago de Compostela ao redor de 1987 por Miguel de Lira, John Eastham, Vicente Mohedano Mira e Xesús Ron e en 1988 Blanca Cendán, grupo que en 1992 impulsou a apertura da Sala Nasa (Nave de Servizos Artísticos), converténdose nunha das denominadas compañías residentes de teatro. Nela ficaron ata o 30 de setembro de 2011[1], ano en que a abandonaron pola falta de apoio do Concello de Santiago[2]. O 9 de marzo do ano seguinte, comezaron cunha nova residencia estable no veciño concello de Teo[3][4]. Alí continuaron desenvolvendo a súa actividade habitual e foi onde crearon A Berberecheira, un espazo de creación e experimentación teatral cuxos primeiros resultados foron as pezas Goldi Libre e As fillas bravas[5].

Como produtores teatrais destacaron pola posta en marcha das denominadas Ultranoites, espectáculos teatrais de variedades e cabaret con grande importancia da participación do público, onde se deron a coñecer moitos artistas noveis como Luís Tosar ou Fran Narf[6], motivo polo que terminaron sendo "un catálogo vivo das xentes do teatro galego"[7]. A primeira Ultranoite tivo lugar o 30 de xaneiro de 1993, contando cunha actuación dos actores Miguel de Lira e Manuel Cortés cunha "homenaxe ás traballadoras do sexo" do compostelán barrio do Pombal[8]. Co tempo foron incorporándose ao grupo novos artistas multidisciplinares como Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar ou César Goldi, actuais integrantes e protagonistas das últimas producións. Tras a mudanza a Teo, as Ultranoites celebradas neste concello cambiaron o nome para Ultranoiteo durante o ano 2012, recuperando posteriormente a denominación orixinal[9].

O 12 de novembro de 2014 estreouse no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu documental A viaxe dos Chévere do director compostelán Alfonso Zarauza, que narra e analiza o nacemento e percorrido da compañía nesta cidade e o seu éxodo cara Teo[10]. A finais do mesmo ano editouse o disco-libro-DVD Máis alá da Ultranoite, onde se recolle a historia das dúas décadas de Ultranoites na Sala Nasa[11]. Outra das súas obras audiovisuais foi a curtametraxe En Plan Galicia (2005), incluída no filme-documental colectivo Hai que botalos[12].

En 2016 dirixiu o espectáculo da edición dos Premios María Casares, mentres que en 2017 celebrou o seu 30 aniversario recuperando as súas obras mestras Río Bravo, Annus Horríbilis e Ultranoite no País dos Ananos, esta última representada nunha ateigada Praza da Quintana de Santiago de Compostela[13][14]. Tamén nese ano publicou xunto coa editora Kalandraka a colección Biblioteca de Teatro, cos textos das obras máis representativas da compañía[15]. En 2018 estrea a súa primeira coprodución co CDG Divinas Palabras Revolution, unha adaptación da obra de Valle-Inclán[16].

Montaxes[editar | editar a fonte]

Chévere presentando o Music.gal en 2008.
  • Servicio discrecional (sketches) (1987)
  • Supersónic, o mal non acouga (1988)
  • Salomé (1989)
  • Río Bravo (1990)
  • Big Bang (1992)[17]
  • Máquina total (1994)
  • Cabaret tan tan (1994)
  • Annus Horríbilis (Pícola Ópera Portábile) (outubro de 1994)[18]
  • Órbita Mutante (pachanga teatral) (maio de 1997)[19]
  • A rutina é o deber de todas as criaturas (xaneiro de 1999)[20]
  • Show sincero de Ana Pudor (1999)
  • Hero.es (marzo de 2000)[21]
  • Clownfútbol (xullo de 2000)[21]
  • O Navegante (outubro de 2001)[22]
  • Humana (xullo de 2002)[23]
  • Río Bravo 02 (outubro de 2002)[24]
  • Escapárate (teatro en escaparates comerciais) (2003, 2010 e 2012)
  • Radio Universo (abril de 2004)[25]
  • Tentacular (2006)
  • Alá no fondo hai sitio abondo (espectáculo sobre nanotecnoloxía) (2007)
  • S.O.S. planeta terra (espectáculo sobre as ciencias da Terra) (2008)
  • Unha noite chévere na casa das campás (2008)
  • Testosterona (febreiro de 2009)[26]
  • Citizen 1 (outubro de 2010)[27][28]
  • Citizen 2 (novembro de 2010)[28][29]
  • Citizen 3 (febreiro de 2011)[30]
  • I'll be watching you (espectáculo xuvenil para a prevención da violencia machista) (2011)
  • Citizen. Edición completa (marzo de 2011)[31]
  • Eurozone (febreiro de 2013)[32][33]
  • As fillas bravas (2014)[34]
  • Ultranoite no País dos Ananos (2014)
  • Eroski Paraíso (2016)
  • Goldi Libre (2016)[35]
  • Divinas Palabras Revolution (2018), coprodución co CDG[36]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu, entre outros, o Premio da Crítica de Barcelona ao mellor musical (decembro de 1996)[37], o Premio de Honra da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o Premio Nacional de Teatro (2014)[38][39]. Tanto a compañía coma os seus integrantes foron galardoados con numerosos Premios María Casares ao longo da súa traxectoria, destacando os tres premios a mellor espectáculo por Citizen Total (2012), Eurozone (2014) e Eroski paraíso (2017). En 2018 recibiu o Premio Gala do Libro Galego na modalidade de Teatro polo texto de Rio Bravo, editado por Kalandraka[40].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Máis alá da Ultranoite, p. 84.
  2. El País, 27-1-2012.
  3. El Correo Gallego, 10-3-2012.
  4. Máis alá da Ultranoite, p. 88.
  5. "Sobre A Berberecheira". Rede Nasa. Consultado o 2018-03-20. 
  6. Alfonso Zarauza (2014). Documental A Viaxe dos Chévere. 
  7. Máis alá da Ultranoite, p. 2.
  8. Máis alá da Ultranoite, p. 5.
  9. Máis alá da Ultranoite, pp. 88-90.
  10. Ficha técnica.
  11. "Chévere presenta o seu libro-disco «Máis alá dá Ultranoite»", artigo en La Voz de Galicia, 23-12-2014. A presentación tivo lugar no pub compostelán Hervor Fervor o 23-12-2014.
  12. Chévere (2005). Chévere - En Plan Galicia (vídeo). 
  13. "Chévere, 30 anos na memoria e na voz do público". Rede Nasa. Consultado o 18/03/2018. 
  14. CRTVG. "O grupo de teatro Chévere festexa os seus 30 anos con tres semanas de teatro en Compostela". Consultado o 18/03/2018. 
  15. "Chévere: trinta anos de teatro e contrarrelato no país dos ananos". Consultado o 18/03/2018. Chévere publicará da man de Kalandraka ao longo deste 2017 unha serie de volumes nos que se recollen os textos máis destacados da formación ao longo destes 30 anos de traxectoria 
  16. Centro Dramático Galego. "Avanza a produción de 'Divinas Palabras Revolution' como adaptación desinhibida da obra de Valle-Inclán". Consultado o 18/03/2018. 
  17. Imaxes do espectáculo.
  18. Máis alá da Ultranoite, p. 13.
  19. Máis alá da Ultranoite, p. 26.
  20. Máis alá da Ultranoite, p. 33.
  21. 21,0 21,1 Máis alá da Ultranoite, p. 41.
  22. Máis alá da Ultranoite, p. 46.
  23. Máis alá da Ultranoite, p. 50. Espectáculo de Ana Pudor.
  24. Máis alá da Ultranoite, p. 51.
  25. Máis alá da Ultranoite, p. 56.
  26. Máis alá da Ultranoite, p. 74.
  27. Santiago Turismo. Estreouse o 13-10-2010.
  28. 28,0 28,1 Máis alá da Ultranoite, p. 80.
  29. [1]La Voz de Galicia, 23-11-2010. Estreouse o 23-11-2010.
  30. Máis alá da Ultranoite, p. 82.
  31. Máis alá da Ultanoite, p. 82.
  32. Eurozone. Dosier de la obra (en castelán). Foi estreada o 23 de febreiro de 2013 no Teatro Municipal de Teo (A Ramallosa).
  33. O "primeiro espectáculo galego que se programará no Centro Dramático Nacional" (Faro de Vigo, 28-6-2013.
  34. "Residencias - As fillas bravas". Rede Nasa. Consultado o 2018-03-20. 
  35. "Residencias - Goldi Libre". Rede Nasa. Consultado o 2018-03-20. 
  36. Confidencial, Galicia. "A adaptación de 'Divinas Palabras' de Xesús Ron e membros de 'Chévere' marca o programa do Centro Dramático Galego". Galicia Confidencial. Consultado o 2018-03-18. 
  37. Máis alá da Ultranoite, p. 23.
  38. "Chévere ve o Premio Nacional como un recoñecemento ao "teatro máis anónimo e combativo" feito en galego" Galicia Hoxe, 26/11/2014.
  39. Orde ECD/2387/2014, de 4 de decembro, "pola que se conceden os Premios Nacionais convocados polo Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, correspondentes ao ano 2014".
  40. "'Río Bravo' de Chévere, gañadora dos Premios Gala do Libro Galego na categoría de Teatro - Erregueté". Erregueté. 2018-05-19. Consultado o 2018-05-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]