Xurxo Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xurxo Mariño
Xurxo Mariño 2.jpg
Datos persoais
Xurxo Mariño Alfonso
Nacemento21 de abril de 1969
LugarLugo
NacionalidadeEspaña
Actividade
CampoProfesor-doutor, biólogo, divulgador científico e escritor.
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Contribucións e premios
PremiosPremio Especial do Xurado do I Certame FECYT de Comunicación Científica, Premio Tesla de Divulgación, Premio Lois Peña Novo.
editar datos en Wikidata ]

Xurxo Mariño Alfonso, nado en Lugo en 1969, é biólogo, doutor en Ciencias Biolóxicas con especialización en neurofisioloxía pola Universidade de Santiago, profesor na Universidade da Coruña, escritor e divulgador científico en España.[1]

Formación académica[editar | editar a fonte]

Xurxo Mariño desenvolveu o seu posdoutorado no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), en onde foi colaborador. Realizou traballos de investigación en entomoloxía, pero ao final decantouse por especializarse en neurofisioloxía, a cal lle levou a facer o doutoramento. Despois da realización de dito posdoutorado, é profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, especializado na área de fisioloxía humana.

No que atinxe á súa investigación en neurobioloxía, centrou os seus estudos na análise de distintas  propiedades biofísicas  e dos circuítos neuronais e mecanismos sinápticos e vías sensoriais na zona do tálamo, así como distintos tipos de neuronas que poidan implicarse no control motor da percepción visual e somatosensorial e a regulación nos niveis de actividade durante o sono - vixilia [1] .

Dedícase á investigación de distintos aspectos do cerebro e do sistema nervioso.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Ademais de ser investigador e docente, é autor dun blogue denominado Culturacientífica.org [2] e realiza a labor de divulgación científica a través de café-teatro- científicos (actividades de carácter divulgativo que leva á ciencia ser aplicada nos bares) que se vinculan co grupo Neurocom, diversos discurshows (actividades que mesturan a charla e o teatro), conferencias [3] e deu diversas entrevistas reflectidas en páxinas web e xornais de tanto de carácter científico como non-científico, como por exemplo en GCiencia, xornal Público e na Asociación Española de Comunicación Científica, entre outros, onde relaciona cuestións científicas e mais as súas obras con diversas temáticas e as súas experiencias coa pretensión de fomentar a divulgación científica.

É membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, do grupo de investigación Neurocom [4] e doutras sociedades de corte científica tanto a nivel de España como internacional.

Cabe constatar que creou un software que trata sobre a estimulación, rexistro e análise electrofisiolóxicas [1].

A súa pretensión na divulgación de coñecemento científico, pretende ademais de aplicar a ciencia a diversos temas, a interacción co campo das humanidades.

Colabora co portal de Culturagalega.org na sección de ADN e co portal Naukas.com.

Premios[editar | editar a fonte]

  • En 2011, obtivo o Premio Especial do Xurado do Primeiro Certame FECYT de Comunicación Científica [2].
  • En 2014, recibiu o Premio Tesla de Divulgación [4].
  • En 2017, o Premio Lois Peñanovo .[4]
  • En 2018, recibiu, co seu libro Terra, o Premio Gala do Libro Galego-Mención Honorífica do XXIX Premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación [5].

Relevancia e presenza nos medios[editar | editar a fonte]

Organiza monólogos a modo de reflexión no espazo de ciencia e tecnoloxía no canal da TVG, no programa “Conexións”.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

  • Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas (2005). Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade
  • Po de estrellas, Novas receitas científicas de os dados do reloxeiro (2008). Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade.
  • Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo ( 2017). Xerais. Traducido ao castelán polo propio autor.[6]
  • Neurociencia para Julia (2013). Laetoli

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Xurxo Mariño Alfonso". biometria.sgapeio.es. Consultado o 2019-04-07. 
  2. 2,0 2,1 "Xurxo Mariño". www.nextdoorpublishers.com (en castelán). Consultado o 2019-04-07. 
  3. Mariño, Xurxo. "Xurxo Mariño". Naukas (en castelán). Consultado o 2019-04-07. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Xurxo Mariño, uno de los divulgadores científicos más prestigiosos de España, presenta su libro Tierra este viernes a las 19 horas en el Paraninfo". www.unizar.es. Consultado o 2019-04-07. 
  5. "Ficha de libro | Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-04-07. 
  6. "Tierra". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]