Patrick Depailler
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (fr) Patrick André Eugène Joseph Depailler 9 de agosto de 1944 Clermont-Ferrand (Francia) | ||||||||||||||||
Morte | 1 de agosto de 1980 (35 anos) Hockenheim (Alemaña do Oeste) | ||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico | ||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Crevant-Laveine | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Campo de traballo | Carreira automobilística, Fórmula 1 e carreira de Fórmula 1 | ||||||||||||||||
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Período de actividade | - 1 de agosto de 1980 | ||||||||||||||||
Deporte | Motociclismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
Patrick André Eugène Joseph Depailler, nado en Clermont-Ferrand (Puy-de-Dôme) o 9 de agosto de 1944 e finado en Hockenheim (Alemaña) o 1 de agosto de 1980, foi un piloto de carreiras francés. Participou en 95 grandes premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 2 de xullo de 1972. Tamén participou en varias carreiras fóra do campionato de Fórmula Un.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde neno, inspirouse en Jean Behra. Talentoso e carismático, Depailler nunca pilotou o tipo de coche que o seu talento merecía, uniuse a un equipo Tyrrell que comezaba un longo e lento declive, logo pasou ao equipo Ligier antes de terminar finalmente co revivido equipo Alfa Romeo en 1980. Depailler estaba axudando a prosperar este equipo na grella cando morreu nun accidente en Hockenheim o 1 de agosto de 1980, durante unha sesión de probas privadas.
Gañou dúas carreiras , logrou unha pole position, 19 podios, e anotou un total de 141 puntos nos campionatos.
Automóbiles deportivos e Fórmula Dúas
[editar | editar a fonte]Depailler terminou 0´9 segundos detrás de Peter Gethin no Gran Premio de Pau de Fórmula 2 de 1972. Loitou con Gethin estreitamente cun March 922 ao longo de 70 voltas.[1] Depailler foi terceiro cun tempo de 1:31:40.5 na carreira de Fórmula 2 de abril de 1973 en Nürburgring. Pilotaba un Ford Alpine.[2] En maio de 1974 Depailler cualificou o seu March na primeira posición na cualificación para o Gran Premio de Pau de fórmula 2. Rexistrou un tempo de 1 minuto 16´17 segundos cunha velocidade media de 128´75 quilómetros por hora.[3] En xuño estrelou o seu March 742a contra a barreira de seguridade durante as probas para a carreira de Fórmula Dúas en Salzburgring. Depailler resultou ileso, pero a cualificación detívose para que os traballadores substituíran unha sección de barreira que foi arrincada no accidente.[4]
En abril de 1976, o equipo Renault de Depailler suspendeu a súa presenza durante tres carreiras despois de que estivera involucrado nun accidente que deixouno sen coche tanto a el como a seu compañeiro de equipo Jean-Pierre Jabouille. O incidente produciuse na segunda volta. Depailler perdeu o control e esnaquizou o coche, logo Jabouille estrelouse ao intentar evitar ao seu compañeiro de equipo. Os pilotos recibiran instrucións de non disputar o liderado entre si.[5] Depailler foi segundo no Gran Premio de 1976 de Fórmula Júnior. Quedou 19 segundos detrás do gañador Jody Scheckter.
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Tyrrell (1972 - 1978)
[editar | editar a fonte]En 1972 Tyrrell proporcionou un coche a Depailler en Francia e Watkins Glen. Utilizando un dos coches máis vellos, Depailler pilotou habilmente, e logrou un impresionante sétimo lugar na segunda carreira. Así que en decembro de 1973 Depailler foi elixido xunto a Scheckter como piloto oficial de Tyrrell, en substitución do falecido François Cevert e o retirado Jackie Stewart.[6] Depailler logrou a pole no Gran Premio de Suecia de 1974, a súa novena carreira como piloto de Fórmula Un. Fixo os 4´01 km. de Anderstorp nun tempo de 1 minuto, 24´758 segundos, cunha velocidade media de 169 km/h.[7] Depailler terminaría segundo na carreira por detrás do seu compañeiro Jody Scheckter, resultou ser o seu único podio do ano.
En xaneiro de 1975 Depailler tiña 25-1 probabilidades de converterse no campión do mundo de Fórmula Un de 1975.[8] Terminou quinto no Gran Premio da Arxentina de 1975 en Bos Aires.[9] Foi terceiro en Kyalami no Gran Premio de Suráfrica de 1975. Na primeira xornada de clasificación para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1975, Depailler estrelou o seu Tyrrell contra unha valla en Watkins Glen. Non houbo feridos.[10]
Depailler entrou segundo no Gran Premio do Brasil de 1976 en Interlagos .[11] Cunha velocidade de 139´5 km/h. na clasificación para o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976. O seu Tyrrell fixo un tempo no circuíto urbano de Long Beach (California) de 1:23.884.[12] Depailler obtivo a 3ª praza, pero provocou a ira do seu rival James Hunt, que abandonou na cuarta volta. Hunt afirmou que Depailler obrigouno a saír da pista e axitaba o puño cada volta que pasaba por diante del. Depailler, que loitaba con problemas de freos, afirmou que non vira ao piloto inglés nos seus espellos.[13] Depailler colocou o seu Tyrrell de seis rodas en 3ª posición na grella de saída do Gran Premio de Mónaco de 1976 cun tempo de 1:30.33.,[14] os Tyrrells de Scheckter e Depailler foron os únicos vehículos capaces de manterse na mesma volta que Lauda co Ferrari, que gañou desde a pole position.[15] Depailler foi segundo detrás de Hunt no Gran Premio de Francia de 1976 en Le Castellet. Fixo un tempo de 1:41:11.30 .[16] Hunt mantivo baixo control a Depailler en Mosport Park no Gran Premio do Canadá de 1976. Ambos pilotos estaban enfermos ao final do evento, Depailler por ter inhalado fume durante o último terzo da carreira. Perdeu o coñecemento logo de aparcar o seu auto na primeira curva logo da meta.[17] Depailler terminou segundo por diante de Hunt (quen con todo asegurou o campionato de pilotos de 1976 ao terminar terceiro) no Gran Premio do Xapón de 1976, malia que afrontaban problemas de pneumáticos na mollada pista do Fuji Speedway.[18] Este ano logrou o 4º posto no campionato do mundo de pilotos, a mellor posición da súa carreira.
Saíuse da pista de Interlagos en São Paulo no Gran Premio do Brasil de 1977. Foi hospitalizado cunha ferida na perna.[19] Depailler cualificou na sexta fila, posición 12 no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977. En decembro de 1977 Depailler foi ascendido a piloto número un de Tyrrell, cando Ronnie Peterson o deixou para pilotar con Lotus. Ao mesmo tempo Tyrrell anunciou a retirada do seu experimento con seis rodas nos coches de Fórmula Un.[20]
Depailler foi terceiro no Gran Premio da Arxentina de 1978 nun Elf-Tyrrell. Cubriu as 52 voltas en 1:37:18.11.[21] Peterson pasou a Depailler na última curva da última volta en Kyalami, para gañar o Gran Premio de Suráfrica de 1978. O coche de Depailler foi quedando sen combustible, o que permitiu a Peterson eliminar a brecha que os separaba para gañar.[22] Depailler fixo unha gran remontada para subir desde a 12ª posición de partida para terminar en terceira posición no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1978.[23] Depailler obtivo a súa primeira vitoria de Fórmula Un ao gañar o Gran Premio de Mónaco de 1978.
Pilotando un Tyrrell-Ford 008, Depailler asegurou o 36º Gran Premio de Mónaco, cun tempo de 1:55:14.66 nas 75 voltas, cunha velocidade media de 129´325 km/h. Foi a súa primeira vitoria logo de 69 carreiras no campionato, malia ser segundo en oito ocasións.[24]
Voltas rápidas - Mónaco 1979, Suecia 1974, Canadá 1976
Ligier 1979
[editar | editar a fonte]Depailler cambiou ao equipo Ligier en 1979. A marca comezou o campionato con motores Ford Cosworth V - 8,[25] en lugar dos motores de fabricación francesa Matra V-12 de 1978.[26] Depailler liderou as primeiras 10 voltas antes de que o seu motor experimentara problemas no Gran Premio da Arxentina de 1979. Viuse obrigado a facer unha parada en boxes, pero logrou o 4º posto.[27] Depailler chegou segundo detrás do seu compañeiro de equipo, Jacques Laffite, no Gran Premio do Brasil de 1979. Laffite sacoulle máis de 5 segundos de vantaxe ao final da carreira.[28] Depailler abandonou debido a un accidente no Gran Premio de Suráfrica de 1979.[29]
Depailler logrou o triunfo no Jarama no Gran Premio de España de 1979. A vitoria permitiulle empatar con Gilles Villeneuve na clasificación para o campionato do mundo de Fórmula Un a finais de abril, con 20 puntos cada un.[30] Depailler foi substituído por Ligier en xuño de 1979, logo de romper ambas pernas nun accidente de á delta. O equipo de carreiras estaba recibindo o apoio financeiro do goberno francés, que obrigou a que o novo piloto fora francés.[31] O 29 de agosto Depailler dixo que estaba "resignado a non volver a correr de novo ata o próximo ano". Esperba deixar pronto o hospital de París. Fora sometido a unha serie de operacións nas pernas, que rompera mentres voaba en á delta, o 3 de xuño de preto da súa cidade natal de Clermont-Ferrand.[32] O seu calcañar tamén resultou gravemente ferido. Tiña esperanzas de asistir tanto ao Gran Premio do Canadá de 1979 e ao Gran Premio dos Estados Unidos de 1979 como espectador.[33]
Alfa Romeo (1980)
[editar | editar a fonte]En 1980, Depailler uniuse ao recentemente formado equipo Alfa Romeo, que estaba de regreso na F1: Depailler traballara para o seu regreso logo dun accidente en á delta o ano anterior, e equipara o coche con freos especiais deseñados para endurecer os seus músculos das pernas, seguía tendo dores no momento do seu accidente mortal[32] o coche era rápido (clasificouse terceiro para o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980), pero non era o suficientemente fiable para terminar. Morreu nas probas para o Gran Premio de Alemaña de 1980 en Hockenheim, cando un fallo na suspensión lanzou o seu vehículo contra as barreiras Armco na curva "Ostkurve" de alta velocidade, o que infixiulle lesións fatais na cabeza cando o vehículo envorcou e saltou a barreira. O Alfa Romeo deslizouse ao longo da parte superior da barreira varios centos de metros antes de volver quedar de pé.
Legado
[editar | editar a fonte]Un circuíto de carreiras para coches de radio control chámase así en honor a el na súa cidade natal. Depailler foi interpretado por Daniel Christodolou, na película de 2013 Rush, dirixida por Ron Howard.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Article-No Title, New York Times, 8 de maio de 1972, Page 53.
- ↑ Wisell Wins Formula Two Race, New York Times, 30 de abril de 1973, Page 42.
- ↑ Wohlhuter's Team Victor At Quantico, New York Times, 4 de maio de 1974, Page 32.
- ↑ Depailler Car Crashes, New York Times, 1 de xuño de 1974, Page 23.
- ↑ People In Sports, New York Times, 8 de abril de 1976, Page 52.
- ↑ Ickx Joins Peterson At Lotus, New York Times, 2 de decembro de 1973, Page 296.
- ↑ Depailler Gains Pole In Sweden, New York Times, 9 de xuño de 1974, Page 214.
- ↑ Handicapping '75 Driver Title Race, New York Times, 5 de xaneiro de 1975, Page S15.
- ↑ E. Fittipaldi Victor In Grand Prix, New York Times, 13 de xaneiro de 1975, Page 53.
- ↑ Lauda, in 'Training Car', Paces Qualifying at Glen, New York Times, 4 de outubro de 1975, Page 22.
- ↑ Lauda Wins Brazil Grand Prix, New York Times, 26 de xaneiro de 1976, Page 34.
- ↑ Depailler's Car Is Speediest, New York Times, 27 de marzo de 1976, Page 46.
- ↑ Regazzoni Drives a Ferrari To Grand Prix West Victory, New York Times, 29 de marzo de 1976, Page 52.
- ↑ Lauda to Start on Pole Today, New York Times, 30 de maio de 1976, Page 129.
- ↑ Lauda Triumphs Again in Monaco Grand Prix, New York Times, 31 de maio de 1976, Page 24.
- ↑ Hunt Winner as Ferraris Fall Out, Los Angeles Times, 5 de xullo de 1976, Page D8.
- ↑ Canadian Race Taken By Hunt, Los Angeles Times, 4 de outubro de 1976, Page D7.
- ↑ Hunt, Andretti Both Win In Fog, Los Angeles Times, 25 de outubro de 1976, Page D7.
- ↑ Reutemann Ferrari Wins Brazil Race, Los Angeles Times, 24 January 1977, Page E7.
- ↑ Lauda's Switch Sparks Shuffle, Los Angeles Times, 9 de decembro de 1977, Page OC15.
- ↑ Andretti Wins Shortened Argentine Grand Prix, Los Angeles Times, 16 de xaneiro de 1978, Page D14.
- ↑ Peterson Wins South Africa Race on Last Turn of Last Lap, Los Angeles Times, 5 de marzo de 1978, Page C6.
- ↑ It's A Big Day for Reutemann and Long Beach, Los Angeles Times, 3 de abril de 1978, Page D1.
- ↑ Depailler Scores First Grand Prix Win, Los Angeles Times, 8 de maio de 1978, Page E5.
- ↑ Andretti Sets Some High Goals, Los Angeles Times, 18 de xaneiro de 1979, Page D11.
- ↑ Ligier setting GP world on its ear, Los Angeles Times, 2 de abril de 1979, Page H14.
- ↑ "Capsule look at Formula One series action so far this year", Los Angeles Times, 2 de abril de 1979, Page H27.
- ↑ Laffite Two for Two With Victory in Brazil, Los Angeles Times, 5 de febreiro de 1979, Page D5.
- ↑ A Tire Gamble Gives Canada's Villeneuve Win, Los Angeles Times, 4 de marzo de 1979, páxina E8.
- ↑ Depailler Wins Spanish Grand Prix, The Washington Post, 30 de abril de 1979, Page D6.
- ↑ Motor Sports, The Washington Post, 24 de xuño de 1979, páxina A1.
- ↑ 32,0 32,1 Depailler Dies In Accident, Washington Post, 2 August 1980, Page C4.
- ↑ Depailler Resigned To Sideline Status, The Washington Post, 30 de agosto de 1979, páxina C13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrick Depailler |