Tyrrell 007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tyrrell 007
Tyrrell
Información
País Reino Unido Reino Unido
Fabricante Tyrrell Racing Organisation
Deseñador Derek Gardner
Produción
Predecesor 006
Sucesor P34
Longo mm
Largo mm
Alto mm
Peso 625 kg mínimo (con auga, lubricante e piloto)
Chasis Monocasco de aluminio
Suspensión Frontal, dobre triángulo, resortes helicoidais sobre amortecedores, barra antienvorco

Traseira, brazo dobre, brazos de radio, resortes helicoidais sobre amortecedores, barra antienvorco

Motor Ford-Cosworth DFV, 90° V8, motor central, montado lonxitudinalmente
Potencia 2.993 cm³
Transmisión Hewland FG400, manual, 5 velocidades
Tracción Posterior
Freos
Prestacións
Pneumáticos 1974-1976: Goodyear
1976: Bridgestone
1977: Dunlop
Debut Gran Premio de España de 1974
Pilotos
Carreiras 37
Gañadas 3
Poles 1
Voltas rápidas 1
Camp. Cons. 0
Camp. Pilt. 0

O Tyrrell 007 é un coche de Fórmula 1, deseñado polo xefe de deseñadores de Tyrrell, Derek Gardner, e usouse nas tempadas de Fórmula Un de 1974, 1975, 1976 e 1977.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Ken Tyrrell, propietario de Tyrrell Racing necesitou contratar dous novos pilotos para 1974 porque Jackie Stewart retirouse da competición a finais de 1973 e François Cevert morreu ao final da tempada de 1973 nos Estados Unidos. O equipo fichou a Jody Scheckter e Patrick Depailler. Nas tres primeiras carreiras de 1974, (Arxentina, Brasil e Suráfrica), Tyrrell Racing utilizou os anteriores chasis dos 005 e 006.

Historia nas carreiras[editar | editar a fonte]

Elf Team Tyrrell[editar | editar a fonte]

1974[editar | editar a fonte]

O Tyrrell 007 debutou no Gran Premio de España de 1974. Scheckter pilotou o 007 e terminou quinto, Depailler pilotou o 006 e o chasis do 005 xa non se utilizou.[1] No Gran Premio de Bélxica de 1974 xa correron os dous chasis 007. Ao comezo da carreira, Clay Regazzoni de Ferrari tomou o liderado por diante de Scheckter e o McLaren de Emerson Fittipaldi. Ao final da primeira volta Fittipaldi pasou a Scheckter para tomar o segundo lugar.[2] No Gran Premio de Suecia de 1974, Scheckter gañou a carreira e Depailler terminou segundo.[3] No Gran Premio dos Países Baixos de 1974 Scheckter terminou quinto e Depailler sexto.[4] No Gran Premio de Francia de 1974, Scheckter tomou o cuarto posto e Depailler terminou oitavo co chasis 006.[5] No Gran Premio do Reino Unido de 1974 Scheckter tomou a dianteira e gañou a carreira, un fallo no motor deixou a Depailler fóra da carreira.[6] No Gran Premio de Alemaña de 1974, Depailler tivo un accidente causado pola rotura da suspensión.[7] No Gran Premio de Austria de 1974 Depailler retirouse logo dun accidente.[8] Peterson cruzou a liña menos dun segundo por diante de Fittipaldi logo de 12 voltas batallando en Italia. Scheckter terminou terceiro e Depailler terminou undécimo.[9]

O equipo de Tyrrell anotou 52 puntos no Campionato Mundial, catro puntos foron anotados polo 005 e o 007 anotou 48 puntos, logrando o terceiro lugar no campionato do mundo de construtores de Fórmula 1.

1975[editar | editar a fonte]

O equipo de Tyrrell anotou vinte e cinco puntos no Campionato Mundial, obtendo o quinto lugar na clasificación do Campionato de Construtores.

1976[editar | editar a fonte]

O equipo de Tyrrell anotou 71 puntos do Campionato Mundial, 13 puntos foron anotados polo 007 e o Tyrrell P34 anotou 58 puntos, acadando o terceiro lugar na clasificación do Campionato de Construtores.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipos Motores Pneum. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos.
1974 Elf Team Tyrrell Ford Cosworth DFV 3.0 V8 G ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA 52[10] 1
Jody Scheckter 5 3 2 1 5 4 1 2 Ret 3 Ret Ret
Patrick Depailler Ret 2 6 Ret Ret Ret 11 5 6
1975 Elf Team Tyrrell Ford Cosworth DFV 3.0 V8 G ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA 25
Jody Scheckter 11 Ret 1 Ret 7 2 7 16 9 3 Ret 8 8 6
Patrick Depailler 5 Ret 3 Ret 5 4 12 9 6 9 9 11 7 Ret
Jean-Pierre Jabouille 12
Michel Leclère Ret
Lexington Racing Ian Scheckter Ret
1976 Elf Team Tyrrell Ford Cosworth DFV 3.0 V8 G BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN 71[11] 2
Jody Scheckter 5 4 Ret Ret
Patrick Depailler 2 9 3
Lexington Racing Ian Scheckter Ret
Scuderia Gulf Rondini Alessandro Pesenti-Rossi 14 11 NSC 18
ÖASC Racing Team Otto Stuppacher NTS NSC NSC
Heros Racing B Kazuyoshi Hoshino Ret
1977 Meiritsu Racing Team Ford Cosworth DFV 3.0 V8 D ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN 27[12] 3
Kunimitsu Takahashi 9
Fonte:[13]

Resultados fóra do campionato[editar | editar a fonte]

(clave) (resultados en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipos Motores Pneum. Pilotos 1 2 3
1975 Elf Team Tyrrell Ford Cosworth DFV 3.0 V8 G ROC INT SUI
Jody Scheckter Ret
Patrick Depailler 5 2
1976 Elf Team Tyrrell Ford Cosworth DFV 3.0 V8 G ROC INT
Jody Scheckter 3 Ret

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grand Prix results, Spanish GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  2. "Grand Prix results, Belgian GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  3. "Grand Prix results, Swedish GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  4. "Grand Prix results, Dutch GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  5. "Grand Prix results, French GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  6. "Grand Prix results, French GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  7. "Grand Prix results, German GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  8. "Grand Prix results, Austrian GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  9. "Grand Prix results, Italian GP 1974". grandprix.com. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  10. En 1974 lograron 4 puntos usando o Tyrrell 005.
  11. En 1976 lograron 58 puntos usando o Tyrrell P34.
  12. En 1977 lograron todos puntos usando o Tyrrell P34.
  13. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. pp. 121, 190, 201, 225, 287, 334, 337, 374 and 414. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]