Saltar ao contido

Circuíto do Jarama

Circuíto do Jarama
San Sebastián de los Reyes Editar o valor en Wikidata
Imaxe da planta
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Circuito de Madrid Jarama - RACE (es) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Deporte
Datas
 Inauguración
1967 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Gran Premio de España Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF807154622425344710003 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04xwb2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Circuíto do Jarama é un autódromo de 3.404 km de lonxitude situado en San Sebastián de los Reyes, nos arredores de Madrid, España.

Deseñado por John Hugenholtz (que tamén deseñou os circuítos de Zandvoort e Suzuka), o circuíto foi construído por Alessandro Rocci en 1967 ao norte de Madrid nunha zona árida de matogueiras.

En 1967 empeza a albergar o Gran Premio de España de Fórmula 1, aínda que nesta ocasión o GP non foi puntuable para o Campionato do Mundo, se o foi o GP de España do ano seguinte (1968). Esta sede alternouse co Circuíto de Montjuïc ata que logo dunha accidentadísima carreira en Montjuïc, o Jarama quedou como sede única do GP de España de Fórmula 1.

Jarama acolleu a súa última carreira de fórmula 1 en 1981, dirixida por Alessandro Rocci cando se considerou demasiado limitada para as carreiras modernas.

Aínda se celebran algunhas carreiras de automóbiles e motocicletas neste circuíto. Dispón dalgunhas pistas auxiliares que o RACE utiliza para realizar cursos de condución.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto do Jarama

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1968 Graham Hill Lotus-Ford 2:15:02.1 3´404 km 90 135´823 km/h 12. Maio España España
1970 Jackie Stewart March-Ford 2:10:58.2 3´404 km 90 140´350 km/h 19. Abril
1972 Emerson Fittipaldi Lotus-Ford 2:03:41.2 3´404 km 90 148´614 km/h 1. Maio
1974 Austria Niki Lauda Ferrari 2:00:29.56 3´404 km 84 142´383 km/h 28. Abril
1976 James Hunt McLaren-Ford 1:42:20.43 3´404 km 75 149´677 km/h 2. Maio
1977 Mario Andretti Lotus-Ford 1:42:.52.22 3´404 km 75 148´906 km/h 8. Maio
1978 Mario Andretti Lotus-Ford 1:41:47.0 3´404 km 75 150´495 km/h 4. Xuño
1979 Francia Patrick Depailler Ligier-Ford 1:39:12.1 3´404 km 75 154´419 km/h 29. Abril
1981 Gilles Villeneuve Ferrari 1:46:35.0 3´312 km 80 149´156 km/h 21. Xuño

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]