O Scandinavian Raceway é un circuíto de carreiras de 4,03km en Anderstorp (Gislaved), Suecia. A pista construíuse nas marismas en 1968 e converteuse nun lugar moi popular na década de 1970, cando o piloto sueco Ronnie Peterson, estaba no momento máis álxido da súa carreira. Tiña unha longa recta (chamada voo rasante, que tamén foi utilizada como pista de aterraxe de avións). Acolleu seis grandes premios de Fórmula 1 na dévaca de 1970. Cando Peterson e Gunnar Nilsson morreron durante a tempada de 1978, Suecia decidiu vetar a Fórmula 1 do seu territorio nacional e tamén perdeu o apoio público co que o Grand Prix sueco chegou á súa fin.